28/12/07

O NOVO HOTEL "PALACIO DE SOBER" ¿SERÁ UNHA REALIDADE NO 2008?


No ano que xa chega, o novo Hotel de 5 estrelas Gran Luxo que se proxecta nas ruinas do antiguo Palacio de Sober será sen dubida un ano máis que importante. A empresa "Alvaher Promociones S.L." chegou a un acordo co departamento de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia no referente as obras a facer e estase somentes a espera do visto e prace correspondente por parte do departamento de Urbanismo da Consellería de Obras Públicas.

Nos últimos meses reparouse por completo o muro que cerra a finca, fixeronse traballos de limpeza nos restos da edificación e catas arqueoloxicas guiadas polo arqueólogo Iván Álvarez. Nas ultimas semanas os traballos centranse no axardinamento de todo o entorno do edificio. Proxectanse uns xardin impresionantes con lagos e fervenzas.

Para nos, do máis importante das obras e a recuperación da torre que foi derrubada no seu día perante a revolta irmandiña.

O foto de ordenador que figura nesta información mostranos como quedará a torre unha vez rematen as obras.

Na seguinte paxina podemos ver un interesante folleto publicado pola empresa e máis información detallada sobre as obras.

21/12/07

"PINGADOURO" EDITOU O ALMANAQUE DE SOBREMESA "SETAS E PRANTAS DAS TERRAS DO AMANDI"




A Agrupación Micoloxico-Naturalista "PINGADOURO", publicou o almanaque de sobremesa "Setas e Prantas das Terras do Amandi", un fermoso volume con fotos de Lois Dapena de "Os Lactouros" de Monforte que xa se habia sacado a luz en tres ocasións anteriores. A identificación de especies foi feita igualmente por Lois Dapena, un xenio no mundo da micoloxia e as prantas.


O calendario para 2008 conten fotos de seis setas e seis prantas recollidas todas elas en lugares do concello de Sober. Na portada aparece unha fotografía do espectacular Carballo de Penademiro en Vilaescura.


Cada seta ou pranta que figura, aparece co seu correspondente nome cientifico e nome en galego, de telo.


O calendario e un agasallo de nadal que fai a Agrupación Micoloxica de Sober. As persoas interesadas poden chamar o 610054013 ou pedirllo a Luis Guitian e faraselle entrega de forma gratuita.


As setas que aparecen nesta ocasión foron todas recollidas en Anllo Santo Estevo e son:


Liophyllum funosum


Lactarius hepáticus


Calocera viscosa


Tricholoma portentosum (Tortullo en galego)


Tricholoma saponaceum (Xabroneira)


Amanita singeri.




En canto ás prantas, apublicación recolle:


Quercus robur (Carballo), nestecaso como disemos o de Penademiro.


Dipsacum fullonum (Cardencha)


Dactylorhiza maculata (Sóo)


Digitalis purpurea (Estralotes , Estalos ou Campaniñas)


Verbascum pulverulentum (Sabane)


Ruscus aculeatus (Xilbarbeira)


Crucus serotinus (Tollemenrendas)




A publicación contou coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
Nota.- Nas fotos podemos ver os Estalotes e o Tortullo; duas das especies que se recollen na publicación.


12/12/07

INTERESANTE XORNADA SOBRE MICOLOXICA EN EXPO-LEMOS




Organizada pola Consellería do Medio Rual a traves da SOCIEDADE COMARCAL está previsto facer unha “XORNADA SOBRE MICOLOXÍA” no Centro Comarcal de Lemos o sábado 15 de Decembro.
Trataranse diversos aspectos para un mellor aproveitamento dos cogumelos como recurso para o desenvolvemento rural.
Os cogumelos son en Galiza moito máis ca un froito da terra, e aínda así precisan dun mellor coñecemento para unha mellor valorización deste produto, finalidade que se pretende acadar coa celebración desta xornada.
Ben é certo que noutras partes da península, os cogumelos gozan dunha mellor posición, polo que é necesario afondar nos motivos que provocan esta situación para dar os pasos necesarios e que en Galiza se leva a cabo o mesmo proceso.
Entre os ponentes están Xosé Posada, Fernando de la Peña, Marisa Castro, Francisco de ana Magán, Xesús Quintas ou Antonio David García entre outros.
Esta xornada pretende ser un punto de encontro para entender a micoloxía como un recurso máis do monte, dentro da súa multifuncionalidade, e unha posible aposta de futuro de determinandas zonas como unha das ferramentas de desenvolvemento no mundo rural
Ao longo da xornada intentarase dar unha visión global do mundo micolóxico dende distintos achegamentos, tratando entre outros contidos a situación dos cogumelos en Galiza, a súa relación ca sociedade, proxectos vinculados ao desenvolvemento rural, a micorrización, o turismo micolóxico, a comercialización, a industrialización a súa divulgación e o mundo asociativo.
Esta xornada será nas dependencias do Centro Comarcal Terra de Lemos, N120, Km 519, (dirección ponferrada) en Monforte.
A inscripción e totalmente gratuita.


Varios membros da Asociación Micoloxica "PINGADOURO" de Sober confirmaron a sua asistencia as xornadas.


Todos aqueles interesados poden poñerse en contacto co persoal do centro no 982 416 046 ou ben no correo cctlemos@comarcasdegalicia.com.


información detallada no seguinte enlace:

11/12/07

UNHA ARBORE DE NADAL CON MAIS DE MIL BOTELLAS ADORNA A PRAZA DO CONCELLO DE SOBER


O Nadal deu comenzo en Sober coa instalación dunha árbore de Nadal colocada na Praza do Concello e formada por máis de 1.000 botellas de viño -vacias- de tódalas adegas do Concello de Sober pertenecentes a subzona de Amandi dentro da D.O. Ribeira Sacra. Sen dubida a arbore está a chamar moito a atención dos viandantes e será un elemento decorativo destacado da comarca de Lemos nestas datas de Nadal.

En canto as actividades previstas para as datas de Nadal son as seguintes:

Concerto da Escola Municipal de Música e da Banda de Música de Sober o sábado 15 as 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura.

Concursos de postais, belens, poesía e decoración de balcons; información na Casa do Concello (Paula Abelleira).

Excursión para os rapaces ao centro de ocio Xovelugo.

Torneo de fútbol sete alevín Terras de Amandi -o sábado 29- .

Xornadas de tenis de mesa e voleibol dende o día 2 ao 4 de Xaneiro.

Haberá tamen unha visita de Papá Noel, o 15 de dicembro aproveirando o concerto da Escola e Banda de Música.
Nota.- Na foto de Ana Rodriguez de La Voz de Galica en Monforte, vemos un momento da colocación de botellas na arbore da Praza do Concello de Sober.

BO NADAL DENDE O BALCON DO SIL



Fai xa uns anos que acostumo felicitar o Nadal cun poemiña de "colleita propia", tal e como facian en tempos grandes poetas e escritores; o último deles o benquerido e sempre recordado Manuel Maria.

Sabendo das miñas limitacións poéticas -creo que como moito son un escribidor de versos-, fixen para éste ano o seguinte:




DOCE BADALADAS


Ó ALUMEAMENTO DA VIRXE




O frío e a neve non nos fan tremar.


Os días agora xa están a medrar.


Unha boa nova veñen de anunciar.


No ceo unha estrela anda a escintilar.


Tres Magos cabalgan con firme trotar.


Xosé, o carpinteiro, parou de serrar.


María, súa dona, a luz vai a dar.


Éste alumeamento dará que falar.


O neno que naza, ven pra nos salvar.


Cantigas galegas debemos cantar.


Con viño de Amandi temos que brindar.


É festa no mundo. ¡Hai que a celebrar!.


Luis F. Guitian.

5/12/07

O CONSERVATORIO DE OURENSE LEMBRA AO COMPOSITOR ANGEL BARJA NO 20 CABODANO DO SEU PASAMENTO


O Departamento de Normalización Linguistica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, fara o próximo Mártes 18 de decembro ás 8 da tarde na sala de Organo, un sinxelo acto de lembranza do compositor ourensano Angel Barja ao cumplirse este ano o 20 cabodano da sua prematura morte. Barja está considerado un dos mellores compositores do estado español no seculo XX cunha more de premios de caracter internacional e máis de 500 obras escritas. Sen dúbida, e Barja un compositor admirado internacionalmente e caseque esquecido en Galicia, polo tanto tamen en Ourense, a sua terra natal. Pensamos que éste é un acto de xustiza. Ao tempo é unha actividade humilde - igual ca vida do propio compositor-.


O acto que terá lugar no Conservatorio de Ourense constará dunha pequena actuación da profesora de Organo Marisol Mendive e do coro Capela Madrigalista de Ourense en ambos casos con obras de Angel Barja e unha conferencia a cargo do musicologo Luis Costa.
Ao acto espera a asistencia de familiares de Barja, o Alcalde de Vilardevós, o Delegado de Cultura en Ourense e outras autoridades locais.

LUIS COSTA
Luís Costa é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999) e acadou o doutoramento na área de Música (USC, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director dende 2006. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado máis de unha trintena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colecticvas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea. É membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, e do Consello da Cultura Galega, desde 2000.

ANGEL BARJA IGLESIAS
Naceu en Santa Cruz de Terroso-Vilardevós o 5 de Outubro de 1938. Ós 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). No 1951 ingresou na Congregación dos PP. Redentoristas, dando comezo a súa actividade como compositor de música coral, xenero que chegou a abarcar máis da metade da sua extensa obra, que chega os 500 títulos. No 1967 trasladouse a Italia para ampliar a sua formación musical. Coa mesma finalidade viaxou por Austria e Suiza. A sua volta de Roma faise cargo da Capilla Clásica de Léón coa que da máis de 200 concertos en 15 anos. No 1978 asentase definitivamente en León, donde contrae matrimónio con Begoña Alonso. Logo intensificou a sua actividade musical: compondo música para piano, órgano, orquestra de cámara, orquestra sinfónica, música para nenos, e harmonizando un sinfín de melodías, moitas delas galegas.
Foi profesor de Harmonía, Formas Musicais e Conxunto Coral no Conservatorio de León. Ao tempo imparte numerosos ciclos de conferencia sobre música. No 1985 ingresa no corpo de Profesores de música de Bacharelato. Finou o 12 de Febreiro de 1987, poucos días dempois de ser nomeado “Leonés del año” e Fillo adoptivo da cidade de León.
Recibiu numerosos premios; entre outros, o Premio Nacional de Composición Polifónica pola sua obra Madrigal, Internacional de Composición Organística, Internacional de Composición Polifónica de Tolosa, Nacional de Composición de Zamora, Composición Coral de San Vicente de la Barquera, Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada ou Internacional Ciudad de Segorbe.

3/12/07

AS MATANZAS TRADICIONAIS CHEGAN A SEMANA PRINCIPAL CON IMPORTANTES NOVIDADES

As matanzas domiciliarias tradicionais chegan nesta semana do ponte da Inmaculada e da Constitución a súa semana grande. No concello de Sober, dende finais de Novembro, e coincidindo cos fins de seman principalmente se celebran matanzas nas casas; pero ésta, semana é a principal do ano.


O certo e que cada ano son menos as familias que fan a sua matanza na casa. Por unha banda, os novos non acostuman a cebar os porcos como fixeron sempre os nosos pais e abos, e por outro lado a comodidade de sacrificar nun matadoiro, son causas que fan mermar o numero de marraus que se matan na casa.



O Pasado domingo o xornal "La Voz de Galicia", publicaba un amplo reportaxe feito no noso concello que titulaba:



"SACRIFICAR EL CERDO A CUCHILLO SERA OBJETO DE SANCION"







Podemos ver a noticia completa nos seguintes enlaces:



www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368746.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368696.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368747.htm
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368748.htm

As fotografias son de ALBERTO LOPEZ.



HOMENAXE A GERMAN LOPEZ QUIROGA


O ex-ferroviario e escritor Germán López Quiroga, vinculado familiarmente a parroquia soberina de Vilaescura, será homenaxeado o próximo día 8 de Decembro polo colectivo "Poetas da Riberia Sacra". Éste colectivo, do que forma parte moi activa o propio Xermán está presidido polo Poeta de Montefurado Pepe Pol e ten como secretaria e principal impulsora deste evento a María Jesus González (Alba Lara).


Os actos previstos son os seguintes:

Ás 12 da mañá : recital no Salón de actos da Casa da Cultura de Monforte; de seguido actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.
Ás 14:00 : actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos no restaurante Don Manuel.
Ás 14:30 : Xantar, entrega de agasallos e actuación do grupo Folk de Sober "O Trícole".

Interveñen no recital: Pepe Pol, Margarita Rodriguez Otero, Ana Arias Saavedra, Ana Mª Gamallo, Isabel de Santiorxo, Francisco J.R. Aldeguería, Pilar Cambón, Mar Sabater, Rosa García Machado, Alfonso Campos, Luis Guitian, Marcedes Moreno, Cristina Mejías, Alba Lara (Mª Jesús), Enma Fernández e Ramón R. Porto.
Colaboran co acto os Concellos de Monforte, Sober e O Saviñao e Consello Regulador da Ribeira Sacra.
As invitacións poden collerse ata o día 5 de Decembro en Caixa Galicia (Cardenal) , La Fraternal, Centro Recreativo do Saviñao e Restaurante Don Manuel.