28/4/09

BODAS DE OURO DE CASTOR E LOLY RODRIGUEZ
















O matrimonio formado por CASTOR RODRIGUEZ e DOLORES RODRIGUEZ, veciños de Sansillao-Proendos (Sober), celebraron rodeados de todos os seus familiares : fillos, netos, irmans e sobriños, un banquete en "RESTAURANTE PARADA 2" para festexar as suas BODAS DE OURO.




Castor e o maior de 7 irmans (2 homes e 5 mulleres), todos casados e que asistiron ao banquete. Agora pouco a pouco cada un dos irmans ira tamen cumprindo o seu 50 aniversario de boda.





Nas fotos de José Manuel Fernández e Vero o matrimonio aparece por este orde: 1) Cos sobriños de Castor; 2) Coa familia de Lola; 3) Con fillos e netos; 4) Cos 6 irmans de Castor e 5) Cos seus fillos Suso e Mila.

20/4/09

IMPORTANTES ACTIVIDADES DO CLUBE DE LECTURA "PINTOR DE CASTINANDI"


Como se pode apreciar nos anteriores carteis, o clube de lectura de Sober "Pintor de Castinandi", ten organizadas duas interesantes actividades para os días 22 e 25 de Abril.
A estas actividades pode asistir quen desexe, sempre que se comunique con anterioridade na Biblioteca Publica Municipal de Sober, sede do clube.
O día 22 de Abril, mércores as 18 horas o escritor LOIS DIEGUEZ falará sobre a sua obra "Viaxe as Terras encantadas de Lemos", onde o concello de Sober ten un protagonismo especial.
O día 25 de Abril, sábado en xornada de mañá habera un encontro con outros clubes de lectura da comarca de Lemos con visitas a Gundivós, Lobios e Cadeiras.

1/4/09

"XXIX FEIRA DOVIÑO DE AMANDI"


Unha exposicion de TALLA EN MADEIRA do veciño de VILAMELLE-Panton MANUEL DE LA TORRE, que se inaugura o Venres 3 de Abril as 12 da maña na Casa da Cultura de Sober será o aperitivo a "XXIX FEIRA DO VIÑO DE MANDI" que terá como xornada principal o domingo de ramos, 5 de Abril. A feira será inaugurada o sábado 4 a mediodia e participaran vinte colleiteiros. Como en anos anteriores o precio minimo de venta da botella na feira será de cinco euros.
Amais do viño tamén estarán presentes na feira outros productos típicos do concello como a oleiría de Gundivós ou a rosca de Millan.

Como nos ultimos anos, este tamén se contará cun servicio de transporte gratuíto dende Monforte, dende Doade e dende Canabal. Por primeira vez nas inmediacións da feira ubicaranse varios urinarios públicos. O recinto feiral estará instalado, como ven sendo habitual, na praza do concello baixo unha carpa que acollerá ós visitantes.

O cartel anunciador da XXIX edición da Feira do Viño de Amandi contará este ano cunha obra elaborada por Iván González Pérez, un rapaz de 13 anos e natural de Gundivós que actualmente cursa 2º de ESO e dende hai anos síntese atraído pola pintura e o debuxo.


PREGON:

Marcos Pereiro e José Touriñán, interpretando a Nucha e Mucha, mais coñecidas por Cantareiras de Ardebullo, serán os encargados do pregón nesta vixésimo novena edición da Feira, segundo anunciou o rexedor local. Os dous cómicos e actores de Culleredo manteñen unha importante audiencia tódolos venres no programa da CRTVG Luar e actualmente iniciaron xa unha xira que levará o seu espectáculo por toda Galicia.

Festival de Bandas de Música.
O sábado día catro terá lugar a partir das seis da tarde o IV FESTIVAL DE BANDAS DO CONCELLO DE SOBER coa participación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER a BANDA DE MÚSICA DE BOIRO e a BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO.
Durante o concerto, que se celebrará no recinto feiral, interpretaranse distintas pezas contemporáneas e rematarán coa xota adicada o viño de Amandi do compositor ourensán Felisindo Pérez Seara.

O DUO PER SONARE PROTAGONISTA DUN NOVO CONCERTO DA PRIMAVERA MUSICAL DE SOBER


O duo Per Sonare integrado por: Celia Adrián, acordeon e Jose Pablo Polo, Guitarra, actuaran no Centro Sociocultural de Sober o sábado 18 de Abril ás 8 da tarde nun novo concerto do ciclo PRIMAVERA MUSICAL de XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER.

PER SONARE nace como grupo en 2004. Dirigxindo a sua atención dende o principio ao repertorio actual creado nos últimos 25 anos, entre os seus estrenos atompanse obras de José María Sánchez–Verdú, Kenichi Nizishawa, Francisco Lara, Alicia Díaz de la Fuente, Miguel Ángel Mateo ou Krzysztof Olczak.
Participaron no XXXI Festival Internacional de Música de Segovia, I e II Ciclo de Otoño, Museo Casa de la Moneda, IX Ciclo de Jóvenes Intérpretes, Auditorio Conde Duque, Encontro de Composición Injuve 06, Auditorio Fundación “la Caixa”, Círculo de Bellas Artes de Madrid, IV Festival Molina Actual, II Festival Internacional de Música de Lleida, I Ciclo de Música e Patrimonio, 57 FEX Festival Internacional de Música e Danza de Granada, Festival Lent (Maribor, Eslovenia), Festival Bled (Bled, Eslovenia), Celeia Celje (Celje, Eslovenia)...
No 2005 son seleccionados pola Fundación Miguel Ángel Colmenero para os seus ciclos de concertos. En 2006 reciben a Mención de Honra no VI Concurso Nacional Enrique de la Hoz e son seleccionados polo INJUVE para participar nos Circuitos de Música 2006 o que os leva a actuar en diferentes puntos do Estado (Madrid, Málaga, Segovia, Ávila...) No 2007, a Fundación Miguel Ángel Colmenero e Juventudes Musicales de Chipiona otorgalles un premio a sua traxectoria. Neste mesmo ano obteñen o segundo premio na 68 edición do Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España, na modalidade de Música de Cámara. Fixeron grabacions para Radio Clásica (RNE) de Miniaturen de Jindrich Feld e Kontraste de Pitr Fiala e para o INJUVE de Microludios de José María Sánchez-Verdú.

O PROGRAMA que interpretaran en Sober e o seguinte:

Tomás Gubitsch (1957-)
Villa Luro
Simon Baggio (1957-)
Paysages Idylliques
Andante
Allegretto
Andante
Allegretto
Jan Truhlar (1928-2007)
Kontroverse
Cláudio Tupinambá (1970-)
Sete Chaves Místicas
Patrick Busseuil (1956-)
Mobile 86
Allegro
Lento
Lento
Adagio expresivo
Allegro moderato
Astor Piazzolla (1921-1992)
Catro estacions porteñas
Veran porteño
Outono porteño
Inverno porteño
Primavera porteña.