25/12/10

BO NADAL E VENTUREIRO ANINOVO 2011




De Todo corazón os mellores desexos para o Nadal e aninovo.



SONETO Ó NACEMENTO

Tamén nós debemos ir ata Belén,

ofrecer ó neno o mellor que temos;

podemos ir xuntos maiores e nenos,

cantando cantigas pra pasalo ben.



María e Xosé agárdannos ledos,

co pequerrechiño que é o noso ben.

Tres Magos de Oriente, van aló tamén;

ouro, incenso e mirra, carrexan sen medos.



Este nacemento é moi ventureiro:

chega o aninovo e florece o amor;

notase na noite un vento mareiro.



É Festa moi grande, nace o Salvador;

hai que celebralo polo mundo enteiro,

o recén nacido é Noso Señor.



Luís F. Guitián.

30/11/10

UN DUO DE ACORDEON E CLARINETE CERRAN O CICLO MUSICA NO OUTONO O SABADO 11 DE DECEMBRO


Un duo de ACORDEON e CLARINETE será o protagonista do ultimo concerto do ciclo MUSICA NO OUTONO de XUVENTUDES MUSICAIS de SOBER.
O concerto será osabado 11 de Decembro no PATIO DE CRISTAL do PALACIO DE SOBER e a entrada será como sempre gratuita.

ARANTZA AGUIRRE e ANA LEÓN

O dúo compoto pola acordeonista Arantza Aguirre e a clarinetista Ana León nace en Xaneiro de 2008 na Sibelius Academy de Helsinki baixo a tutela dos clarinetistas Kari Kriikku, Harri Mäki e Tuulia Ylöven e dos acordeonistas Matti Rantanen e Mika Väyrynen.
Este dúo debuta na Sala de Cámara da Sibelius Academy en 2008 e nos seus dous anos de traxectoria profesional actuaron en diferentes salas de concertos españolas entre as que destacan o Palau da Música de Barcelona (2009), Ateneu Barcelonés (2009), Ateneo de Santander (2010), Kursaal de Manresa (2010).Tamen diron concertos en xiras por Finlandia e Estados Unidos.
A sua participación dentro de ciclos e festivais de música clásica, tanto nacionis como internacionais, e bastante usual; deste modo ofreceron recitais dentro do ciclo de música contemporánea Korvat auki de Helsinki (2008), 24 Cicle de Música del segle XX-XXI de Barcelona (2009), Festival Internacional de Navas de San Juan (2009), Ciclo Estival de Música de Sopelana (2009), Ciclo El Primer Palau (2009) de Barcelona, Festival SibaFest (2010) de Helsinki, Ciclo de concertos en reivindicación do Conservatorio Superior de Música para Albacete e Ciclo Sábados Musicais de Santander (2010).Dentro da actividade do dúo cabe sinalar a participación en diferentes certámes e concursos, donde foron galardonadas co Primeiro Premio no XVI Pòdiums de Música de Cambra (Categoría A) de Sant Joan de Vilatorrada (2008); Primeiro Premio no IX Certamen de Música de Cámara Rotary-Sardinero de Santander (2009); Segundo Premio no Primer Palau 2009 de Barcelona; Segundo Premio no XI Concurso de Música de Cámara “Ciutat de Vinaròs” (2009) e Primeiro Premio no 25 Premi de Música Ciutat de Manresa (2010).


Programa


MANUEL DE FALLA (1876-1946)
Catro cancions populares españolas (1913)

FRANCK ANGELIS (1962-)
Romance para acordeón solo (1998)

SALVADOR BROTONS (1959-)
Sonata (1988)

***

CARLOS MACHUCA
La proffondeur des rêves (2010)

BELA KOVACKS (1937-)
Homenaxe a Falla (1960)

HAKON BERGE (1954-)
Jakten (2000)

ÁSTOR PIAZZOLLA (1921-1992)
Contrabaixissimo (1984)

16/11/10

UNHA XOVEN FRAUTISTA NORUEGA PROTAGONIZA O SEGUNDO CONCERTO DO CICLO MUSICA NO OUTONO DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER O SABADO 20 DE NOVEMBRO


Un extraordinario Concerto de Frauta e Piano será o segundo do ciclo MUSICA NO OUTONO de XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER. O concerto celebrarase o sabado día 20 as 8 da tarde no Patio de Cristal no novo HOTEL PALACIO DE SOBER e a entrada será gratuita.
O concerto estará a cargo da xoven frautista noruega Ingrid Soefteland Neset, que será acompañado polo recoñecido pianista Manuel Martinez Esperilla.

Ingrid Soefteland Neset, frauta
Procedente de Bergen, Noruega, Ingrid toca a frauta dende os dez anos, formadose con profesores como Trond Magne Brekka, Ingela Oien ou Gro Sandvik.

A pesar da sua xuventude, ten unha ampla experiencia como solista en concerto, en traballo con orquestra e en música de cámara. Actuou en varios festivais como Olavsfestdagene, Nordlands musikkfestuke ou o Festival Fartein Valen, tamén actuou como solista coa Orquestra Filarmónica de Bergen.

Participou en masterclases de flautistas de recoñecido prestixio como James Galway, Sharon Bezaly, Ian Clarke ou Vincent Lucas.

En 2009 gana o Concurso Nacional de Xóvenes Intérpretes de Noruega e también obten o título de «Musician of the Year».

Ingrid hfoi estudante do programa para músicos con talento da Griegacademy de Bergen. Fai pouco tempo que iniciou a Licenciatura na Real Academia Danesa de Música de Copenhagen con Toke Lund Christiansen, sendo a única e máis xoven aspirante que obtivo 12 puntos de 12 no exame de ingreso.


Manuel M. Esperilla, piano
Manuel Esperilla (Almendralejo. Badajoz, 1976) comenza os estudios musicais aos oito anos. Durante a sua formación, recibe clases de Esteban Sánchez e Guillermo González. Finaliza o Master en Piano en Madrid en 1998 coas calificacions máis altas. Recibe consellos de prestixiosos pianistas como Peter Bithel, Joaquín Achúcarro, Serghei Yerokin, Claudio Martínez Mehner, Niklas Sivelov ou Luiz de Moura Castro, entre outros. En 2006 ingresa na clase de solistas de piano de Det Kongelige Danske Musikkonservatorium con José Ribera. En 2009 debuta na sala de concertos de esta prestixiosa escola.
Foi galardoado en varios concursos de piano como o Cidade de Albacete (1998) ou o Concurso do Rotary Club de Palma de Mallorca (1999).
Como solista actuou no Auditorio Nacional de Madrid, Accademia Musicale Chigiana en Siena, Auditorio Ciudad de León, Auditorio de Tivoli e Auditorio de Odense (Dinamarca). Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Extremadura, Orquestra Sinfónica da Royal Danish Academy of Music e Filarmónica de Copenhagen.
Manuel Esperilla tamén e profesor e pianista acompañante. En 1999 obten a praza de profesor de piano en España. Foi mestre no Conservatorio Hermanos Berzosa de Cáceres e no Conservatorio Victoria de los Ángeles de Madrid. Actualmente reside en Copenhagen i e profesor no Real Conservatorio de Música de Dinamarca.
Moi interesado na música contemporánea, Manuel colabora regularmente con formacions contemporáneas como Athelas Snfonietta Copenhagen (coa dirección de Pierre-André Valade), Scenatet o Dygong. Tamén, en 2008, foi membro fundador do grupo In Evidenza, que colabora con compositores xóvenes para difundir a música máis actual dentro e fora de Dinamarca.

Programa

JULES MASSENET (1842-1912)
Meditation de Thais para frauta e piano

Olivier Messiaen (1908-1992):
Le merle noir, para frauta e piano (1952)

PAUL TAFFANEL (1844-1908):
Gran Fantasía sobre temas da ópera Mignon, de Ambroise Thomas


*******

SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)
Sonata para frauta e piano núm.2 en re maior, op 94 (1943)
Andantino
Allegro
Andante
Allegro con brio

3/11/10

AS XORNADAS MICOLOXICAS DE "PINGADOURO" SERAN ENTRE O 12 e 15 de NOVEMBRO


A Agrupación Micoloxica "PINGADOURO" ten perfilado o programa das suas Xornadas Micoloxicas, que se celebraran entre o 12 e 15 de Novembro. Duas charlas, saidas ao campo, unha mostra de cogumelos, identificación de setas e unha degustación seran as actividades coas que contaran as xornadas nesta nova edición.

Ao mesmo tempo durante as xornadas será presentado un novo volume da colección SETAS e PRANTAS DAS TERRAS DO AMANDI, con fotos de Lois Dapena, feitas todas elas no concello de Sober. Tratase dun almanaque de sobremesa cos nomes das prantas e setas cientifico e en galego e con información precisa do lugar onde foi atopada a pranta ou seta e as caracteristicas e posibilidades gastronomicas ou medicinais de cada unha.

O programa detallado das xornadas será o seguinte:

Venres 12:

Pola tarde, saida ao campo.

Sábado 13:

As 10, 30, Saida ao campo.

As 18,00, Identificación de setas e montaxe de exposición.

Ás 20,15 CONFERENCIA a cargo do xornalista e micólogo ALEJANDRO MINGUEZ.

"NOVE DUCIAS DE COGUMELOS DE GALICIA".

Ás 21, 15 DEGUSTACION de setas.

Nota.- As actividades desta xornada seran no Colexio VIRXE DO CARME.

Domingo 14:

Visita comentada a exposición de cogumelos.

Luns 15:

Ás 10,30 saida ao campo cos alumnos da Escola de Hostelería de Rosende.

Ás 12,00 CONFERNCIA no COLEXIO VIRXE do CARME a cargo do crego e fundador de "OS LACTOUROS" LEOPOLDO SANMARTIN.

"AS SETAS DE CADA DÍA".

Todas as actividades son gratuitas.





8/10/10

O CICLO MUSICA NO OUTONO CONTARÁ CON TRES CONCERTOS E CELEBRARANSE NO PALACIO DE SOBER







O ciclo de concertos "MUSICA NO OUTONO" de Xuventudes Musicais de Sober, conta nesta edición con tres concertos e a novidade é que o lugar onde se celebraran será o HOTEL PALACIO DE SOBER. Os concertos serán gratuitos e as datas e interpretes son os seguintes:




30 de Octubro: MARIANO BAS e JOSE ANTONIO DOMENÉ (FRAUTA e ARPA)




20 de Novembro: INGRIT AREST e MANUEL ESPERILLA (FRAUTA e PIANO)




11 de Decembro: DUO AGUIRRE-LEÓN (CLARINETE e ACORDEON).




Todolos concertos serán as 8 da tarde e como sempre tratase de moi recoñecidos musicos xoves, gañadores de concursos a nivel internacional que faran disfrutar aos asistentes de un concerto sempre espectacular.

13/8/10

ULTIMADA A PROGRAMACION DAS FESTAS DO CARME DE SOBER QUE SERAN ENTRE O 17 e 20 de SETEMBRO




As FESTAS DO CARME, que se celebraran na capitalidade municipal de Sober entre o 17 e 20 de Setembro teñen a programación practicamente ultimada, e de non surxir novidadades sera a seguinte:

Venres día 17

Pola tarde, actuación dun Grupo de Gaitas
Ás 20,30 Lanzamento de 16 BOMBAS DE PALENQUE (lembrando o día do Carme, 16 de Xullo) e inauguración do alumeado artístico
Ás 21,30 Baile e verbena coa ORQUESTRA “LOS PLAYERS”
Ás 00,00 GRAN QUEIMADA GRATUITA
Ás 2 da madrugada Sesión con VICTOR DJ


Sábado día 18

Ás 11,00 Actuación do grupo de Música tradicional CASTRO CANDAD
Ás 12,00 Misa en San Martiño con traslado da Virxe do Carme ata Sober
Ás 13,00 MISA SOLEMNE na Igrexa Nova
Ás 13,30 Actuación do grupo CASTRO CANDAD
Ás 14,00 Sesion Vermú coa ORQUESTRA ISLA
Ás 18,00 Competición de TENIS DE MESA a cargo do CLUBE CEIBE DE MONFORTE
Ás 20,00 ESPECTACULO DE DANZA. O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO presenta “ETHERIA. A VIAXE SOÑADA” de Mercedes Suarez. (Artista convidada ROSA CEDRÓN)
Ás 22,00 Baile e verbena coa ORQUESTRA ISLA
Ás 24,00 ACTUACIÓN ESTELAR DE ”EL KOALA”


Domingo día 19

Pola mañá CONCENTRACION MOTEIRA a cargo do CLUBE MARCHA ATRÁS de Monforte
Ás 11,00 Pasarruas coa BANDA DE MUSICA DE SOBER acompañada de CABEZUDOS.
Ás 13,00 Procesión polas ruas de SOBER seguida de Misa Solemne
Ás 13,30 SESION MATINAL DE FOGOS E BOMBAS DE PALENQUE
Ás 14,00 Sesion Vermú coa BANDA DE MUSICA DE SOBER
Ás 18,00 Trofeo de Futbol no Campo de Centeás. SOBER-SANTA COMBA
21,00 Baile coa ORQUESTRA INTERNACIONAL GRAN CANARIA
Ás 24,00 Actuación especial da cantante galega LUCÍA PÉREZ


Luns día 20

Ás 11,30 Pasarruas cun grupo de Música tradicional.
Ás 12,30 Misa na Igrexa Nova
Ás 13,00 Actuación dun grupo de Música tradicional.
Pola tardiña atracións gratuitas para os nenos.
Ás 20,30 GRAN PAELLADA XIGANTE E GRATUITA. Mestre cociñeiro José Arias.
Ás 21,00 Baile cunha recoñecida ORQUESTRA

Nota.- Ésta programación pode ser ampliada ou sufrir variacións de horarios; todas as modificacións faranse publicas coa suficiente antelación.

31/7/10

NOITES Ó CRARO DE LÚA EN SOBER DO 17 Ó 19 DE AGOSTO




A agrupación XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, programou para este verán un novo ciclo de concertos, neste caso música ó aire libre en prazas e rúas de Sober.
O ciclo que leva por nome MÚSICAS Ó CRARO DE LÚA, dará comenzo o martes día 17 de Agosto, ás 22,30 horas na rúa das hortas de Sober e contará coa participación do grupo "JAZZ ENCONTRO CUARTETO" do que forman parte importantes musicos do panorama galego como Javier Constenla ou Fernándo Risco. O mércores día 18 de Agosto a mesma hora na rúa do Comercio actuará PABLO CARPINTERO TRIO, que ofrecerá un concerto de músca galega e tamen participará o grupo local "O TRICOLE". Para o xoves día 19 de Agosto tamen ás 22, 30, esta vez na praza do Toural actuarán o monfortino ANTON VALCARCE que estará acompañádo por Javier Alvarez, poderáse disfrutar tamen da actuación de JAVIER VÁZQUEZ "O TIGRE DOS CHAOS" e o grupo de música contemporánea THE BASE-ICK.
Todos os concertos son gratuitos e celebraranse preto da terraza dun bar local para poder disfrutar do concerto nocturno cunha consumición quen o vexa oportuno.
A agrupación XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, programa anualmente dous ciclos de concertos, que denomina PRIMAVERA MUSICAL e MUSICA NO OUTONO, centrados na música clasica; este ciclo é unha nova aposta aue se pretende que teña continuidade.

26/5/10

VOLVESE VER A VELLA PONTE DO SIL











Coa baixada das augas do Sil, como consecuencia das obras que acomete a electrica IBERDROLA, pode verse novamente o que queda daquela fermosa ponte que comunicaba as terras de Lemos coas de Caldelas (o verdadeiro límite de Sober con Castro Caldelas).

Desa Ponte falaron no seu tempo o Licenciado Molina ou o Padre Sarmiento, neste caso, nuhna das suas viaxes a Galicia en 1745 e 1754 xa fala da ponte en ruinas.

A Ponte sen dubidas foi de orixe romano e sufriu unha importante reforma no medievo, tiña que ser espectacular, asi a describe o malagueño BARTOLOMÉ SAGRARIO DE MOLINA, coñecido por El Licenciado Molina, na sua obra editada en Mondoñedo en 1550, titulada: "Descripción del Reino de Galicia".

“E así vai o Sil ata a Ponte de Paradela, a cal podería ser ela soa unha cousa notable, pois é unha ponte de madeira que non debe haber outra semellante en toda España. Está alí tamén o río fundido entre dúas serras moi altas, e este pasa polo medio de dúas penas, onde en riba de cada unha delas hai unha torre, e de torre en torre vai polo aire un edificio de madeira que ten cento vinte pés de largo, e para pasar a cada unha destas torres hai outra ponte de madeira co seu capitel en cada unha; é cousa de admirar…”
Traducción textual da edición de Toxosoutos do ano 2003.
É unha boa ocasión para contemplar esta magna obra que somentes se pode ver en ocasións esporadicas como esta; a anterior vez foi a finais dos 70.

9/5/10

O ACORDEONISTA SERVIO MARKO SEVARLIC, ACTUA EN SOBER O DÍA 22 de MAIO

O Sábado 22 de Maio ás 8 da tarde no Centro Sociocultural de Sober o acordeonista servio Marko Sevarlic ofrecerá un concerto dentro do ciclo Primavera Musical de XUVENTUDES MUSICAIS de SOBER.

Marko Sevarlic (Cacak, Serbia, 1988) inicia os estudios de acordeón aos 8 años con Aleksandar Popovic. Amais, forma parte da Sociedade Cultural de Danza e Música Tradicional e, posteriormente, estudia con Vojin Vasovic. Gañou máis de 20 primeiros premios como solista e tamén e galardoado como membro do dúo HARFLA (frauta e acordeón). Foi seleccionado en tres ocasions como representante do seu país para participar en concursos internacionais como a Coupe Mondiale ou o Trofeo Mundial. Entre os seus galardons destacan os concursos de Castelfidardo (Italia), Shangai (China), e os primeiros premios do concurso croata de Pula e do Trofeo Mundial en Serbia. Fixo recitais en Italia, Rusia e boa parte dos países balcánicos da antigua Iugoslavia.
En Serbia actuou como solista i en música de cámara nas salas más pretixiosas do país.
Durante o último ano ofreceu concertos en España e tamén foi premiado no Concurso de Lleida, en Val Tidon (Italia) e no Concurso de Juventudes Musicales de España. En 2009 obten o 2º Premio do Concurso Internacional Arrasate Hiria. Con Nikola Kerkez forma o dúo Jeux d’Anches co que tamén obtivo varios premios e fixo concertos por España, tamen colaboraron con compositores para ampliar o repertorio acordeonístico destacando a colaboración con Iván Fedele.
Actualmente amplía a sua formación no MUSIKENE, centro superior de estudios do País Vasco, con Iñaki Alberdi, Aitor Furundarena e Miren Iñarga e aèsares da sua xuventude, Marko ofreceu cursos de acordeón en centros púlbicos. Forma parte do Trío Jeux d’Anches co que tamén obten varios premios e ofrece concertos en España.

Programa

Anatoly Kusyakov (1945) · Partita, op. 32 (1991)
Intrada
Canon
Passacaglia
Scherzo-Toccata

César Franck (1822-1890) · Coral nº 2 para órgano [acordeón], en si m, FWV39 (1890)

***

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Preludio e Fuga nº 20, en la m, de O Clave Ben Temperado [2º Libro], BWV889 (1738)

Domenico Scarlatti (1685-1757) · 2 Sonatas en re maior

Sofía Martinez (1965) · Chuvia (1998)

Adriana Hölszky (1953) · High way for one (1999)

3/5/10

RAMON GONZALEZ ("O REY DE NAZ"), FALA EN SOBER O DIA 8 DE MAIO


O soberino afincado en Lugo RAMON GONZALEZ RODRIGUEZ, coñecido en Sober por "O Rey de Naz" e en Lugo por "O Ganchos", falara o sábado 8 de Maio as 7,30 da tarde na Casa da Cultura de Sober sobre a sua experiencia vital e do seu libro publicado recentmente "Historias dun Home mecanico".
Ramon Gonzalez perdeu aos 16 anos os dous brazos nun accidente ferroviario, e ao ler nun xornal que a un rapaz madrileño lle puxeran uns brazos artificiais, escribiu coa boca a Franco pedindolle uns brazos para el. Non sin traballo conqueriu eses ganchos que dende os 22 anos son os seus brazos.
Ramon Gonzalez foi durante mais de 20 anos concelleiro independente no Concello de Lugo e Teniente de Alcalde en moitas ocasións. Desempeñou asemade diversos cargos como directivo de Frigsa e na Conselleria de Traballo da Xunta.
As suas relacions personais fixeron que moitos veciños de Sober poidesen atopar traballo en Lugo e noutras localidades.
Ramon Gonzalez naceu en Portizó e criouse en Naz, e apesares de levar caseuqe toda a vida na capital nunca deixou de ser un soberino de pro, sempre presumiu das suas raices e visita con frecuencia os pobos da sua nenez e xuventude.
RAMON GONZALEZ e o mais claro exemplo de que FAI MAIS QUEN QUERE QUE QUEN PODE.
Nota.- A foto é de Angel Arnaiz de El Correo Gallego en Monforte.

22/3/10

O GUITARRISTA KOREANO JUSUK LEE, ABRIU A PRIMAVERA MUSICAL CUN EXTRAORDINARIO RECITAL DE GUITARRA



O xoven guitarrista JUSUK LEE ofreceu en Sober o pasado sábado o primeiro dos concertos que dentro do ciclo PRIMAVERA MUSICAL programou para este 2010 Xuventudes Musicais de Sober.


A actuación do xove guitarrista asiatico foi absolutamente fantastica, o publico disfrutou dun recital de altisimo nivel.
Jusuk Lee (Corea do Sur, 1983) iniciase na música aos 5 anos e empeza a estudiar guitarra aos 10. Estudiou sucesivamente, na Escola Preparatoria de Arte de Kewon, e na Universidade de Arte de Corea, baixo a tutela do profesor Chang. Actualmente, cursa estudios superiores no Real Conservatorio de Música de Madrid, con Gabriel Estarellas. Foi galardoado en varios concursos coreanos e Europeos, entre os que cabe destacar o da Comarca do Condado, Celedonio Romero, Valle de Egüés, Vélez-Málaga e Infanta Cristina. Amais, recibe clases de reconocidos intérpretes e pedagogos como Pepe Romero, Pavel Steidl, Álvaro Pierri, Zoran Dukic, Aniello Desidrio, Chen Zhi ou Francisco Cuenca, entre outros. Fixo concertos de solista coas Orquestras de Changwon, Gangju, Poang Gloria, a Orquestra de Málaga, a Orquestra Millennium e a Orquestra de Castilla la Mancha. Grabou para varias televisions coreanas , para RTVE, para Radio Jaén e para a KBS coreana. Con motivo do seu nomeamento como Xoven Artista de Kumho Asiana (2006), ofreceu un importante recital en Seúl.
O programa que ofreceu en Sober foi o seguinte:
Guido Santórsola (1904-1994): Three airs of court (1966) Preludio Aria Finale (Giga)
Tomás Marco (1942): Preludio para invocar a luz do día (1995)
Manuel María Ponce (1882-1948): Homenaxe a Tárrega (1932)
Francisco Tárrega (1852-1909): Vals das Duas hirmanciñas
Leo Brouwer (1939): Sonata (1990) Fandango e Boleros Sarabanda de Scriabin A Tocata de Pasquín
Roland Dyesn (1955): Tango en skaï (c. 1975)
Fernando Bustamante: Misionera (public. 1948)
Os próximos concertos seran os seguintes:
Sábado 24 de Abril: 19,00 horas na Igrexa do Mosteiro das Monxas Bernardas de Ferreira de Pantón. Mariano Bas e José Antonio Domené- FRAUTA E ARPA
Programa:
J. Krumpholtz (1742-1790): Sonata
G. Rossini (1792-1868): Andante con variacions sobre o aria ‘Di tanti palpiti’ de Tancredo
G. Donizetti (1797-1848): Sonata
C. Saint-Saens (1835-1921): Fantasía Opus 124
C. Debussy (1862-1918): Primeira arabesca
G. Bizet (1838-1875): Minuetto de L’Arlésienne
J. Massenet (1842-1912): Meditación de Thaïs
J. Ibert (1890-1962): Entreacto. Allegro moderato
Sábado 22 de Maio ou domingo 23 de Maio ás20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober
Marko Sevarlic -ACORDEÓN



Na foto de Alberto López; Jusuk Lee na Casa da Cultura de Sober.

3/3/10

A PRIMAVERA MUSICAL DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER COMENZA O 20 DE MARZO





A asociación Xuventudes Musicais de Sober, ten totalmente ultimada a rpogramación do ciclo de concertos PRIMAVERA MUSICAL, neste caso consta de tres concertos a cargo de musicos de tres nacionalidades (Korea, España e Servia). Como novidade, un dos concertos nonterá como sede a habitual do salon de actos do Centro Sociocultural de Sober, senon que se celebrará na Igrexa do Mosteiro das Monxas Bernardas de Ferreira de Pantón.
A programación da PRIMAVERA MUSICAL 2010 será a seguinte:

Sábado, 20 de Marzo
20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober
Jusuk Lee - GUITARRA

Jusuk Lee (Corea do Sur, 1983) iniciase na música aos 5 anos e empeza a estudiar guitarra aos 10. Estudiou sucesivamente, na Escola Preparatoria de Arte de Kewon, e na Universidade de Arte de Corea, baixo a tutela do profesor Chang. Actualmente, cursa estudios superiores no Real Conservatorio de Música de Madrid, con Gabriel Estarellas. Foi galardoado en varios concursos coreanos e Europeos, entre os que cabe destacar o da Comarca do Condado, Celedonio Romero, Valle de Egüés, Vélez-Málaga e Infanta Cristina. Amais, recibe clases de reconocidos intérpretes e pedagogos como Pepe Romero, Pavel Steidl, Álvaro Pierri, Zoran Dukic, Aniello Desidrio, Chen Zhi ou Francisco Cuenca, entre outros. Fixo concertos de solista coas Orquestras de Changwon, Gangju, Poang Gloria, a Orquestra de Málaga, a Orquestra Millennium e a Orquestra de Castilla la Mancha. Grabou para varias televisions coreanas , para RTVE, para Radio Jaén e `para a KBS coreana.
Con motivo do seu nomeamento como Xoven Artista de Kumho Asiana (2006), ofreceu un importante recital en Seúl.
Programa:
Guido Santórsola (1904-1994): Three airs of court (1966)
Preludio
Aria
Finale (Giga)
Tomás Marco (1942): Preludio para invocar a luz do día (1995)
Manuel María Ponce (1882-1948): Homenaxe a Tárrega (1932)
Francisco Tárrega (1852-1909): Vals das Duas hirmanciñas
Leo Brouwer (1939): Sonata (1990)
Fandango e Boleros
Sarabanda de Scriabin
A Tocata de Pasquín
Roland Dyesn (1955): Tango en skaï (c. 1975)
Fernando Bustamante: Misionera (public. 1948)


Sábado 24 de Abril:
19,00 horas na Igrexa do Mosteiro das Monxas Bernardas de Ferreira de Pantón.

Mariano Bas e José Antonio Domené- FRAUTA E ARPA

Mariano Bas (Rafal, Alicante) realiza estudos con Gabriel García Martínez e Antonio Alcaraz. Tras obter o Premio de Fin de Carreira amplía estudios con Claudi Arimany. Tamén participa en cursos de perfeccionamiento a cargo de Maxence Larrieu, Shigenori Kudo, Philippe Pierlot, Raymond Guiot e Jean-Pierre Rampal, entre outros. Intervien en varias formacions orquestais (Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, Orquestra de cámara Sant Vicent, Young Janácek Philarmonic Orchestra,…). É habitual atopalo en grupos de cámara de signo moi diverso, xunto a Oldrich Vlcek, Joaquín Palomares, Paul Cortese, Ashan Pillai, Iñaki Etxepare, Ad van Dongen, José Collado, Luisa Domingo, Gaspar Hoyos, Beethoven Klavier Quartett, ou o Beaux-Arts String Trio. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música de San Javier (Murcia) e frauta solista da Orquestra Sinfónica “Ciutat d’Elx”. Actúa nos seus concertos cunha frauta Wm. S. Haynes de ouro.

José Antonio Domené (Alberca de las Torres, Murcia) realiza estudos no Conservatorio Profesional de Música de Murcia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, con María Rosa Calvo-Manzano. Obten o Título Superior de arpa en 2008 e trasladase a Londres para realizar un posgrado no Royal College of Music de Londres, xunto a Ieuan Jones, becado co Ruth West Award. Foi galardoado en varios certámes internacionais como o Concurso Arpa Plus (2001 e 2002), o Concurso Internacional da UFAM (Aix-en-Provence, 2004), en Courbevoie (París, 2006) e tamén en España (Intercentros, Fundación Miguel Ángel Colmenero e Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de JME). Foi colaborador con reconocidas orquestras españolas (Sinfónica de Castilla e León, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, Cidade de Elche) e a nivel internacional colaborou con orquestras de Rumanía, Rusia, Estados Unidos, Eslovenia, Alemania e Moldavia, baixo a dirección de Adrian Sunshine, Alfonso Saura, Pedro Hallfter, Terje Mikkelsen ou Vladimir Valek. Ofreceu numerosos concertos como solista i en formacions de cámara, cos que grabou para RNE. En 2009 foi seleccionado para os Rising Star Concerts do Royal College para tocar no Cadogan Hall de Londres. É autor do libro “El Arpa en la Antigua Grecia” en Edicions ARLU.

Programa:
J. Krumpholtz (1742-1790): Sonata
Allegro moderato
Romance
Tempo di minuetto en Rondo
G. Rossini (1792-1868): Andante con variacions sobre o aria ‘Di tanti
palpiti’ de Tancredo
G. Donizetti (1797-1848): Sonata; Larghetto/Allegro
C. Saint-Saens (1835-1921): Fantasía Opus 124
C. Debussy (1862-1918): Primeira arabesca
G. Bizet (1838-1875): Minuetto de L’Arlésienne
J. Massenet (1842-1912): Meditación de Thaïs
J. Ibert (1890-1962): EntreactoAllegro moderato


Sábado 22 de Maio
20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober
Marko Sevarlic -ACORDEÓN

Marko Sevarlic (Cacak, Serbia, 1988) inicia os estudios de acordeón aos 8 años con Aleksandar Popovic. Amais, forma parte da Sociedade Cultural de Danza e Música Tradicional e, posteriormente, estudia con Vojin Vasovic. Gañou máis de 20 primeiros premios como solista e tamén e galardoado como membro do dúo HARFLA (frauta e acordeón). Foi seleccionado en tres ocasions como representante do seu país para participar en concursos internacionais como a Coupe Mondiale ou o Trofeo Mundial. Entre os seus galardons destacan os concursos de Castelfidardo (Italia), Shangai (China), e os primeiros premios do concurso croata de Pula e do Trofeo Mundial en Serbia. Fixo recitais en Italia, Rusia e boa parte dos países balcánicos da antigua Iugoslavia. Actualmente amplía a sua formación no MUSIKENE, centro superior de estudios do País Vasco, con Iñaki Alberdi. Durante o último ano ofreceu concertos en España e tamén foi premiado no Concurso de Lleida, en Val Tidon (Italia) e no Concurso de Juventudes Musicales de España. Forma parte do Trío Jeux d’Anches co que tamén obten varios premios e ofrece concertos en España.

Programa:
Johann Sebastian Bach (1685-1750): Preludio e Fuga, en fa menor
Jesús Torres (1965): Itzal (1994)
Domenico Scarlatti (1685-1757): Dua Sonatas en re maior
Ole Schmidt (1928): Toccata nº 1, op. 24
César Franck (1822-1890): Coral nº 2 en si menor
Antonio Soler (1729-1783): Sonata nº 84 en re maior (c. 1750)
Anatoly Kusyakov (1945): Partita, op. 32 (1991)
Intrada
Canon
Passacaglia
Scherzo-Toccata

A entrada a tódolos concertos e gratuita.

17/2/10

A XENTE DE SOBER DIVERTIUSE NO ENTROIDO 2010









Acompañamos fotos de Ana Marta de distintos momentos do Entroido 2010 das xentes de
SOBER (comparsa o sábado de Entroido en Sober e no Palacio, baile da cachucha e desfile de Martes de Entroido en Monforte).

6/2/10

O ENTROIDO DE SOBER 2010: COMPADRES, COMADRES E IV BAILE DA CACHUCHA











O xoves 4 de febreiro un bo numero de compadres poideron contemplarse na capital municipal e na parroquia de Anllo. O proximo xoves día 11 seran as comadres as que rivalicen co xoves anterior e xa o sábado día 13 un desfile polas ruas de Sober con unha comparsa de preto de 100 persoas baixo o nome de O PALACIO DE SOBER, desfilará pola vila de Sober para rematar na praza do concello onde se celebrará a cuarta edición do BAILE DA CACHUCHA. Habera baile de disfraces con premios para os mellores e degustación de Cachucha, pan do Pais, viño de Amandi,Tripon de Entroido e Chocolate.




Nota.- As fotos son de Toño Parga de El Progreso e Alberto López de La Voz de Galicia en Monforte.