31/7/10

NOITES Ó CRARO DE LÚA EN SOBER DO 17 Ó 19 DE AGOSTO




A agrupación XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, programou para este verán un novo ciclo de concertos, neste caso música ó aire libre en prazas e rúas de Sober.
O ciclo que leva por nome MÚSICAS Ó CRARO DE LÚA, dará comenzo o martes día 17 de Agosto, ás 22,30 horas na rúa das hortas de Sober e contará coa participación do grupo "JAZZ ENCONTRO CUARTETO" do que forman parte importantes musicos do panorama galego como Javier Constenla ou Fernándo Risco. O mércores día 18 de Agosto a mesma hora na rúa do Comercio actuará PABLO CARPINTERO TRIO, que ofrecerá un concerto de músca galega e tamen participará o grupo local "O TRICOLE". Para o xoves día 19 de Agosto tamen ás 22, 30, esta vez na praza do Toural actuarán o monfortino ANTON VALCARCE que estará acompañádo por Javier Alvarez, poderáse disfrutar tamen da actuación de JAVIER VÁZQUEZ "O TIGRE DOS CHAOS" e o grupo de música contemporánea THE BASE-ICK.
Todos os concertos son gratuitos e celebraranse preto da terraza dun bar local para poder disfrutar do concerto nocturno cunha consumición quen o vexa oportuno.
A agrupación XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, programa anualmente dous ciclos de concertos, que denomina PRIMAVERA MUSICAL e MUSICA NO OUTONO, centrados na música clasica; este ciclo é unha nova aposta aue se pretende que teña continuidade.