28/5/08

AS FESTAS DE CORPUS EN BULSO DAN COMENZO O VENRES 30


A parroquia de San Pedro de Bulso ten preparado para este fin de seman (de venres a domingo) as suas festas maiores na honra de CORPUS CRISTIE. Os grupos musicais ENIGMA e LEMBRANZA, xunto coa BANDA DE MUSICA DE SOBER seran os encargados de por a música. Amais habera actividades relixiosas con procesións, pasaruas, fogos artificiais e como acto novedoso unha degustación de CARNE O CALDEIRO na tarde noite do venres.

Na foto de ALFONSO CAMPOS, podemos contemplar a "TERRA CHÁ "de BULSO.

O SABADO 31, TEATRO EN SOBER


O Grupo de teatro Interxeneracional do Centro de Maiores da Obra Social de "CAIXA GALICA" de Monforte, porá en escena o sábado 31 de Maio ás 5,30 da tarde na Casa da Cultura de Sober "BRINCADEIRA".

O grupo dirixido por Paqui Abeledo esta formado por unha vintena de persoas, e actuará amáis de en Sober en Pontedeume o 19 de Xuño, e en Monforte o 20 de Xuño.

FERREIRA PREPARADA PARA A MOSTRA DO VIÑO DE PANTON E A ROTA DO ROMANICO


A veciña localidade de Ferreira, capitalidade de PANTON, está preparada para unha nova edición da MOSTRA do viño da Ribeira Sacra de PANTON e a Rota do Románico.

Os actos da Feira do viño iniciase o sábado 31 as 10,30 e inclue unha carreira popular, actuacions musicais e pregon a cargo de MINI E MERO.

o programa detallado xunto co das XXI Xornadas do Románico aparecen na páxina web do concello en axenda.




27/5/08

GARY KUPA VOLVE ACTUAR EN "A BODEGUILLA DE MARCE", O VENRES 30




O músico GARY KUPA "O londinense". Veciño de HORTAS (Anllo Santo Estevo) volverá a actuar en directo, o venres 30 de Maio ás 11,30 da noite no local "A Bodeguilla de Marce".


Outra ocasión única para escoitar a este fenomenal interprete de armónica e guitarra.


Gary, deixou o pasado mes a formación ourensana MITOCONDRIAS da que foi integrante os últimos anos.



Na foto Gary Kupa o pasado mes de Abril, na última actuación que fixo no mesmo local que o fará éste venres.

26/5/08

TADEO GUITIAN LEMBRADO NO CENTENARIO POR TODOS "OS SEUS" (FAMILIARES, ALUMNOS, AMIGOS E VECIÑOS)





Todo transcurriu ben, o pásado sábado (24 de Maio), ex-alumnos, familiares, a sua banda de Sober, amigos, e veciños lembramos a TADEO GUITIAN ALVAREZ no centenario do seu nacemento. Foi un acto tremendamente emotivo; unha fermosa placa de bronce na que pode lerse: ("Nesta casa viviu e finou o MESTRE, MÚSICO E DIRECTOR TADEO GUITIAN ALVAREZ (1908-1986).Os seus alumnos lembrano no centenario do seu nacemento. Sober, Maio de 2008"). Ao tempo a placa conten un pentagrama coas notas da inmortal "NEGRA SOMBRA" con música de Juan Montes e letra de Rosalía de Castro -a peza que pediu se interpretara o día do seu falecemento-.
A placa coas notas da Balada Galega "Negra Sombra" inmortalizan ainda máis a figura do noso mestre. A placa foi descuberta polos seus fillos -Carmen e Tadeo- acompañados pola Alcaldesa de Sober Raquel Arias. Os outros fillos seus -os musicos- interpretaron de seguido a peza "MAESTRO TADEO", que compuxo para a ocasión o seu amigo persoal INDALECIO FERNANDEZ GROBA, un moi recoñecido compositor que foi director das bandas municipais de Lugo e A Coruña e que estivo moitas veces en Sober na casa do propio Tadeo e que dirixiu moitas veces a banda de Sober.
Unha vez interpretado o pasodoble-marcha que se presentaba como regalo de cumpreanos para TADEO GUITIAN, e debido a presencia da chuvia, os actos seguiron na Casa da Cultura onde a banda de Sober xunto con varios ex-alumnos de Tadeo actuou dirixida por musicos de Sober que hoxe ocupan postos de directores en diferentes bandas ou que foron directores da propia banda de Sober.
En concreto a banda tocou, primeiro na rua do comercio frente a casa de Tadeo e unha vez descuberta a placa a marcha conmemorativa "MAESTRO TADEO" de Indalecio Fernandez Goba dirixida por Luis F. Guitian. Logo na Casa da Cultura, baixo a direción de Alfonso Campos (ex-director da banda de Sober), Fernándo Sanmartino (director da banda de Monforte), Juan Ramon Rodriguez (director da banda de Vilanova dos Infantes-Ourense), e Antonio López Conde (director da banda de Ribadavia), interpretaronse varios temas galegos.

O acto finalizou coa degustación dun viño de Amandi, empanada, tortilla, pulpo e rosca de Millán con tetilla do pais.

Entre os asistentes habia preto de 50 ex-alumnos de Tadeo Guitian que se achegaron dende puntos tan distantes como Santander ou León para acompañar ao seu mestre nun día tan significativo.

¡¡GRACIAS POR TODO TADEO!!.
Acompañamos fotos de José Rodriguez Trebolle de Ourense, que aistiu o acto acompañado do seu bó amigo o Doctor Roberto Vila (familiar de Tadeo Guitian).
paxina web:

20/5/08

TODO ULTIMADO PARA O CENTENARIO DE TADEO GUITIAN, O SABADO 24 DE MAIO


O programa de actos para conmemorar o CENTENARIO do mestre, músico e director TADEO GUITIAN ALVAREZ, está totalmente ultimado. Asistiran arredor de 60 ex-alumnos do mestre Tadeo, xunto con familiares e a Banda de Música de Sober, que será a encargada de estrenar a marcha "MAESTRO TADEO", escrita para a ocasión por un amigo personal de Tadeo, o compositor e ex-director das bandas municipais de Lugo e A Coruña INDALECIO FERNANDEZ GROBA.

O PROGRAMA DE ACTOS A DESENRROLAR O DIA 24 DE MAIO EN SOBER SERA:

Ás 11,30: Concentración de ex-alumnos do Mestre Tadeo Guitian, diante da súa casa na Rúa do Comercio.
Ás 12,00: Descubremento dunha placa conmemorativa na casa onde viviu e finou o Mestre Tadeo Guitian.
Ás 12,10: Estreno a cargo da Banda de Música de Sober e ex-alumnos de Tadeo Guitian do Pasodoble-marcha “MAESTRO TADEO”, obra escrita para a ocasión polo compositor Indalecio Fernández Groba, amigo personal do Mestre Tadeo Guitian. A continuación a Banda de Música de Sober interpretará varios temas do gusto personal do homenajeado.
Ás 12, 40: Degustación dun viño de Amandi.

Tadeo Guitian Alvarez, foi a figura máis coñecida e carismatica de tódolos directores con que contou a Banda de Sober na sua longa historia. Naceu o 8 de Maio de 1908 en Outeiro na capitalidade de Sober e finou de forma repentina e inesperada en Agosto de 1986. O mestre Tadeo foi sen dubida das persoas máis activas no fomento da cultura e un autentico valedor da potenciación da musica popular e culta no Val de Lemos.
Tadeo Guitian morreu con 78 anos cando ainda era profesor da Escola de Musica de Sober que habia fundado en 1975 xunto con José Ramon López Álvarez “O Cuñas”; precisamente esa Escola de Música foi pioneira en Galicia e fruto dela son a a actual Escola Municipal de Musica de Sober e a Banda de Música de Sober, ambalas duas cheas de saude.
Tadeo Guitian Alvarez, avivou durante a sua vida as inquidanzas musicais de xoves e menos xoves interesados no mundo musical, en moitos momentos con máis ilusion que medios materiais e sempre entregado a unha labor paciente e calada. No ano 1980 foillle tributado un homenaxe en Santiago de Compostela por ser o director en activo máis veterano de Galicia e en 1984 cando Tadeo e Jose Ramon López “O Cuñas” decidiron deixar a dirección da Banda de Sober o propio pobo de Sober e a comarca de Lemos en xeral fixeronlles unha homenaxe a que se sumaron máis de 300 persoas.
Tadeo Guitian iniciouse na musica aos 9 anos na Banda de Sober que por aquela epoca dirixia Camilo Perez “O Matela”, co paso do tempo ingresou na Banda de Musica de Infantería Isabel La Católica, número 29 con sede en A Coruña, na que permaneceu 4 anos chegando a ser trompeta solista. Dirixiu a banda do seu pobo o regreso da vida militar, ainda que a deixou para facerse cargo dun café que rexentou coa sua dona na vila de Sober. Nos anos sesenta e cando no concello de Sober somentes quedaba con vida unha das tres bandas de musica que chegaron a convivir, a de Santa Cruz de Brosmos, fixose cargo da dirección desta agrupación sustituindo a Sergio Rodríguez. Con Tadeo Guitian incorporaronse varios ex componentes da desaparecida banda de Sober a de Santa Cruz e o pervivencia da unica agrupación musical do Concello quedou asegurada.
Todo mudou en 1975 cando regresou de Madrid xuvilado José Ramon López “O Cuñas”, este con Tadeo e axudados de Heriberto Pérez e Dositeo Guitian, formaron a base da actual Escola Municipal de Música que en 1976 deu os seus primeiros musicos e que ano a ano segue producindo novos educandos que se incorporan a prestixiosa banda de Sober.
Ven é certo que Tadeo Guitian seguirá sempre vivo, o seu traballo perdura e segue dando froitos ano a ano; os que tivemos a grande sorte de ser alumnos e compañeiros do inesquencible mestre Tadeo, mantemolo na memoria e no corazón.
NOTA.- Na foto a Escola de Música de Sober en 1975. O profesorado aparece ao fondo (Tadeo Guitian, Jose Ramon López "O Cuñas", Heriberto Pérez, Dositeo Guitian e Ramiro Ares)

19/5/08

EXITO DO PRIMEIRO CONCERTO DE PERPETUAL TWILIGHT








O pasado venres como se habia anunciado, en A BODEGUILLA DE MARCE, actuou o grupo monfortino PERPETUAL TWILIGHT. Era a primeira actuación en publico do grupo e foi un éxito de publico.

Destacar que os temas interpretados son todos da autoría do guitarra Alex Lebón.


O grupo nace en Monforte a principios do 2007. Influenciado por grupos tan distintos como Helloween, Him ou Accept, crea unha fusión entre ldiferentes estilos como power, gótico, metal.... intentándo crear algo, que soe orixinal. Guitarras potentes, baterías contundentes e estribillos pegadizos, crean o selo Perpetual Twilight. Letras que van dende o escuro ata o fantástico recrean o universo musical de Perpetual Twilight.

Perpetual Twilight son: Alex Lebón (voces-guitarra) David (baixo-coros) Moncho (batería).

Máis datos acerca do grupo en:

14/5/08

XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PRESENTA O SABADO 17 DE MAIO Ó ARPISTA JUAN ANTONIO DOMENÉ


Xuventudes Musicais de Sober, continúa co seu ciclo PRIMAVERA MUSICAL e o sábado 17 de Maio ás 20,00 horas na Casa da Cultura de Sober presenta o concerto do arpista José Antonio Domené.


José Antonio Domené, (Alberca das Torres. Murcia), foi gañador do primeiro premio dol Concurso Nacional de Arpa “Arpa Plus” e do premio especial Victor Salvi” nas edicions de 2001 e 2002. En febreiro de 2004 gana por unanimidade o primeiro premio do Concurso Internacional da UFAM, en Aix-en-Provence, coas felicitacions do xurado, premio que volver a obter no 2006 en París.

Emprende seus estudios profesionais no Conservatorio Profesional de Murcia e actualmente finaliza os estudios superiores coa catedrática de arpa do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid María Rosa Calvo-Manzano. Recentemente foi seleccionado polo Royal College of Music de Londres para facer estudios de postgrado.

No “I Concurso Nacional Intercentros”, organizado por Yamaha/Hazen, a asociación Ataulfo Argenta e o Ministerio de Cultura, foille otorgada polo tribunal a Mención de Honra. En novembra de 2007 obtivo o único premio concedido do concurso permanente de Xuventudes Musicais de España.

En 2002 obten a praza de Arpista Titular da OJRM (Orquestra de Xóves da Rexión de Murcia), que ocupa hasta o 2007. Colabora coa Orquestra Sinfónica de Castiela e León, a Orquestra da Comunidade de Madrid, a Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, dirixida por José Miguel Rodilla, a Orquestra Sinfónica do Teatro Chapí, dirixida polo mestre Jaime Belda, e co ENEMC (Ensemble Nacional de España de Música Contemporánea).

De entre as orquestras internacionais que contaron coa sua presencia destacan: a Orquestra da Ópera de Brasov (Rumanía), a Orquestra Filarmónica Eslovaca, a Orquestra Estatal de San Petersburgo (Rusia), a Orquestra de Cámara de Kiev (Ucrania), a Orquestra Sinfónica de Massachussets (E.E.U.U.) ou a Orquestra Filarmónica de Turingia (Alemania), dirixidas por mestres como Adrian Sunshine, Alfonso Saura, Pedro Hallfter, Terje Mikkelsen o Vladimir Valek.

No ámbito da historiografía arpística publica recentemente o libro “El Arpa en la Antigua Grecia” baixo o patrocinio da Asociación Arpista Ludovico (ARLU) e a Fundación María Rosa Calvo-Manzano (FMRCM). Fixo numerosos recitais e concertos como solista e foron grabados alguns por TVE e Radio Clásica de RNE.

Toca cun arpa Atlántida modelo Prestige da casa francesa Camac-Harpe.


Programa a interpretar en SOBER


A. de Mudarra (1506-1580)
Fantasía X que contrafai
o arpa a maneira de Ludovico

L. R. de Ribayaz (1626-1...)
Hachas (Danza das fachas)

J. L. Dussek (1760-1812)
Sonata en Do Menor:
Allegro/ Andantino/ Rondó. Allegro

M. Pérez Albéniz (1760-1831)
Sonata en Mi b Maior
~
G. Pierné (1863-1937)
Impromptu-capricho

J. Guridi (1886-1961)
Vello Zortzico

B. Britten (1906-1971)
Suite para arpa, opus 83:
Overtura/ Tocata/ Nocturno/
Fuga/ Himno (San Denio)

G. Gombau (1906-1971)
Apunte bético

12/5/08

PERPETUAL TWILINGHT ACTUA NA BODEGUILLA DE MARCE O VENRES 16 DE MAIO


O venres 16 de maio na BODEGUILLA DE MARCE na praza do Toural de SOBER, dende as 11 da noite poderemos disfrutar da actuación de Perpetual Twilight .
O grupo nace en Monforte a principios do 2007. Influenciado por grupos tan distintos como Helloween, Him ou Accept, crea unha fusión entre ls diferentes estilos power, gótico, metal.... intentándo crear algo, que soe orixinal. Guitarras potentes, baterías contundentes e estribillos pegadizos, crean o l selo Perpetual Twilight. Letras que van dende o escuro ata o fantástico recrean o universo musical de Perpetual Twilight.
Perpetual Twilight son: Alex Lebón (voces-guitarra) David (baixo-coros) Moncho (batería).

Máis datos acerca do grupo en:


http://www.myspace.com/perpetualtwilightband

9/5/08

O CICLO TITIRIMAXIA ACHEGA ESPECTACULOS A SOBER E OUTROS DEZ CONCELLOS CERCANOS


O ciclo TITIRIMAXIA que organiza a Consellería de Cultura e Deporte, achega a Sober tres interesantes espectaculos de Maxia. En total son 320 actuacions de títeres e maxia en 89 concellos dos de menor poboación de Galiza, a programación fixoa a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Titirimaxia desenvolvese en 25 concellos de Ourense e 17 de Lugo, todos eles de menos de 5.000 habitantes, e en 33 municipios da Coruña e 14 de Pontevedra, nestes casos con menos de 10.000 habitantes. As actuacións iniciaronse en Abril e seguen en maio e xuño.


Os concellos participantes da nosa area son: Bóveda, Carballedo, Pantón, A Pobra de Brollón, Portomarín, Ribas de Sil, Castro Caldelas, O Pereiro de Aguiar, A Teixeira e Sober.


A programación de SOBER, iniciouse o pasado 3 de Maio co MAGO RAFA e o espectaculo MOMENTOS MÁXICOS, na Casa da Cultura de Sober; continua o 18 de Maio, domingo ás 5 da tarde en NEIRAS con CAYETANO YEDÓ que ofrecerá MAXICO CIRCUS CABARET; e rematará o 20 de Xuño as 7 da tarde con MONICREQUES DE KUKAS que ofreceran na Casa da Cultura de Sober O AGASALLO DE XAQUIN. A programación completa por concellos e datas pode verse na páxina:




en http://culturavai.info/ atopamos información de actividades noutras localidades como Monforte.
No foto: OSMONICREQUES DE KUKAS.