16/3/09

A RONDALLA "BENFEITA" DE MONFORTE ACTUA O 28 DE MARZO EN SOBER NUN NOVO CONCERTO DA "PRIMAVERA MUSICAL" DE XUVENTUDES MUSICAIS


A Rondalla monfortina "BENFEITA", actuará dentro da PRIMAVERA MUSICAL que organiza XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER.
O concerto terá lugar o sábado día 28 de Marzo as 7,30 da tarde no Centro Sociocultural de Sober.
O programa estará formado por pezas cñecidas, principalmente dos anos 40, 50 e 60.
AS RONDALLAS EN MONFORTE
Monforte e un pobo dunha grande tradicion rondallistica; a primeira rondalla da que se ten noticia formouse no ultimo tercio do seculo XIX. Si ben a primeira e numerosa rondalla monfortina nace cara o 1920, foi no seo da “Agrupación Artístico Musical” , fundada por Clemente González; esta agrupación foi a unificación de tres que xa esistian: Rondalla Iris, Orfeón Iris e unha sección de teatro. O destacado pianista catalan e mestre músico Modesto Cuellar fora nomeado director do grupo musical, aproveitando que habia sido contratado como profesor de música no colexio dos PP. Escolapios; o mestre Cuellar hospedouse a sua chegada a Monforte no Hotel Comercio. Sabese que máis tarde, debido a sua idade quedouse cego e debido a sua precaridade economica pediu ser acollido no Colexio, pola sua labor anterior como mestre. Logo foi ingresado no Asilo das Monxas onde morreu en total indixencia o 20 de Marzo de 1941. Os amigos da rondalla e do orfeón, por suscripción popular mercaron un terreo para a sua sepultura no cemiterio municipal de Monforte, e adicaronlle unha placa coa inscripción: “Recuerdo de la Agrupación Artística Músical”.
Foi logo o destacado compositor José Ibáñez o encargado de dirixir o grupo. Nesta étapa alcanzanse importantes éxitos. O Mestre Ibáñez foi destinado a Madrid como Inspector Principal de Intervención de RENFE, a pesares delo tódalas fins de semana se desplazaba ata Monforte para ensaiar a rondalla. Nesta rondalla destacou un virtuoso instrumentista do violin, Manuel Franjo, coñecido por “O Faragulla”, que chegou a compoñer un vals moi popular, que ainda hoxe se interpreta e se coñece por “Vals do Faragulla”. Nacera cara 1896, e en 1910 era xa destacado como interprete musico e coma pintor.
Maís tarde dirixiron a rondalla de Monforte importantes persoeiros como o saxofonista Manuel Flores Molina, José García, Mariano Guntiñas, ou o catalan Mestre Gallat, que fora destinado a Monforte como Pagador Principal de RENFE. Tamen tivo a rondalla unha directora, a pianista María Paloll, encargabase de amenizar bailes que na época se fación no Circulo Victoria ou en La Fraternal. Debese mencionar a Juan Sanchez “O Chacueco”, un barbeiro que ensinaba coa naballa de afeitar como batuta. Juan Sanchez chegou a formar un grupo propio que ensaiaba no forno de Carude. Outros nomes importantes na historia das rondallas de Monforte son os de Pedro Losada, Luis Aires, José Fernández (Pepín), Roberto Muñoz, Guillermo Alvarez “O Crego”, que amais de rondallista adicouse boa parte da sua vida a artesanía de instrumentos musicais diversos (guitarras, bandurrias, zanfonas, gaitas, etc.), tendo hoxe en día na sua vivenda na rua da Cerca de Monforte un m useo digno de visitar.
Xa nos anos 60 foi o recodado José Rodríguez “Pallares” o mestre barbeiro e músico, quen impartiu clases a xoves e menos xoves formando unha moi numerosa rondalla. A “Iris” xa se habia desorganizado e o Mestre Pallares tomou o relevo e creou un grupo que con incorporación de acordeons volveo a bautizar como Rondalla Iris. O Mestre Pallares foi un incansable mestre, e perfecionouse no Conservatorio de Ourense na especialidade de Violín. Foi profesor durante máis de 20 anos no Colexio Divina Pastora e desplazabase a localidades cercanas como Escairon ou Boveda fundando ali tamen pequenos grupos. O mestre Pallares finou en 1991.
Na actualidade a Rondalla da AA.VV. do Barrio da Estación “BEN FEITA” ocupa o fondo oco que deixou a “Iris”. A “Ben Feita” nace a sombra da Asociación de veciños do barrio ferroviario monfortino, xurxe a raiz do falecemento en 1991 do Mestre José Rodríguez “O Pallares”. Nese momento varios aficionados vinculados a antiga “Rondalla IRIS” toman a determinación de retomar o funcionamento dunha rondalla no barrio. Entre os nomes podemos destacar a José A. Fernandez Vázquez “Pepín” (abó dos componentes de Luar na Lubre Javier e Rosa Cedrón) , Roberto Muñoz, Antonio Rodríguez, Fernando Hermida “Nanín”, ou Moncho e Pepe de Villastrille. Esas persoas con outras incorporacións, entre eles moitos ex-rondallistas fixeron realidade esta nova agrupación.

Luis F. Guitian

4/3/09

UN INSTRUMENTO DE VENTO ROMÁNICO: O DOLIO DE SANTO ESTEVO DE ATAN


Na Igrexa de Santo Estevo de Atan (Panton); unha das xoias románicas da Ribeira Sacra descubrimos recentemente un instrumento musical típico do romanico: O DOLIO. Curiosamente a imaxe dunha cara humana cun "pipote" pequeno pareceunos sempre -a nos e a moitos estudosos-, un home bebendo viño, máis tendo en conta a zona onde nos atopamos.
Pois o certo é que se trata dun instrumento da época romanica; deunos conta do mesmo o musicologo e extraordinario gaiteiro PABLO CARPINTERO, veciño do concello de Carballedo. Todo sucedeu nunha recente visita a Sober, durante a longa e fructifera conversa preguntoume por instrumentos musicais que aparecesen en Igrexas da comarca, para un traballo que anda a facer. Ao tempo preguntou se sabiamos dalgun "pipotiño" de viño en algunha igrexa. Nos sabiamos entre outros deste fermoso e coñecido "bebedor de Atan", que non resultou ser tal bebedor senon un compañeiro musico de vento. Unha vez remitida a foto a Pablo Carpintero, confirmounos rotundamente que en ATAN tiñamos un precedente musical os de Sober.
Para saber mais ao respeto temos na Revista de Folklore un artigo de Faustino Porras Robles , titulado "UN NUEVO AEROFONO DEL ROMANICO: EL DOLIO", onde se describe por primeira vez o instrumento.