21/5/07

ACTIVIDADE ELECTORAL NA NOSA TRIBU

Estamos de cheo en campaña electoral de cara as municipais do proximo domingo.
Na nosa tribu a campaña esta sendo bastante tranquila, se ben nestas ultimas xornadas esta a intensificarse algo.
Facemos un resume das actividades que se preparan para as próximas xornadas.

B.N.G.

O Boque Nacionalista Galego, ten previsto para o xoves día 24 dous actos;
En CANABAL, na parrillada "O Regato", as nove menos cuarto da noite (8,45), unha charla informativa con Antonio Oca Fernández, Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural baixo o titulo:
"A SITUACION DO ABASTECEMENTO DE AUGA".
Antes, as 6 da tarde no Colexio "Virxe do Carme" de SOBER haberá una charla-mitin coa presenza de Alfonso Campos, candidato a Alcaldia, Xesus Verao, ex-concelleiro e candidato e Antonio Oca Fernandez.
A charla ten como titulo:
"O sector agrogandeiro:
potencialidades en Sober e políticas da Consellería do Medio Rural".

Ao mesmo tempo amais da pegada de carteis por todo o concello coa foto do candidato o B.N.G. esta a fecer chegar o seu programa electoral a todalas vivendas do concello.


P.S.O.E.

O Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, por medio do seu candidato Antonio Prado Cortiñas, enviou a todolos veciños con dereito a voto unha carta de intencions e ten previsto un acto para hoxe luns 21 de Maio as 9 da noite na Area Recreativa de Cadeiras.
Interviran:
Daniel Nuñez Segade, Delegado Provincial da COTOP
Manuel Guillermo Varela Flores, Director Xeral de Relacions Parlamentarias e
Antonio Prado Cortiñas, candidato a Alcaldia.

Asemade o PSOE tamen fixo pegada de carteis coa foto do candidato por todo o concello.


P.P.

O Partido Popular esta limitando a sua campaña a facer chegar as vivendas do concello o seu programa electoral. Non ten previsto ninguha charla electoral.
Tamen se procedeu por parte do Partido Popular a pegada de carteis polo concello -neste caso sen a foto da candidata Raquel Arias Rodriguez-, unicamente coas siglas do partido.


NOTA IMPORTANTE:
QUEREMOS FACER UN CHAMAMENTO E AO MESMO TEMPO UN TIRON DE ORELLAS OS RESPOSABEIS DAS TRES FORZAS POLITICAS QUE SE PRESENTAN AS ELECCIONS EN SOBER POR PEGAR CARTEIS NA MAIORIA DOS CASOS EN ZONAS POUCO AXEITADAS (CANCELOS PARTICULARES, REFUXIOS ESCOLARES, SINAIS, ETC.).
Podemos achacar que non hai zonas habilitadas, pero si cremos que hai moitos lugares mais axeitados que a maioria dos que foron elexidos.
Seria convinte que unha vez finalizadas as eleccions se precedese a retirada dos mesmos e a limpeza dos cancelos ou sinais onde foron pegados carteis.

5 comentarios:

Paula Verao dijo...

O BNG de Sober comprometémonos a retirar todos os carteis pegados. Xa o falamos entre nós antes de comezar.

Anónimo dijo...

Tí tamén ías na candidatura do PP, preocúpate de despegar os do teu partido e non nos des leccións ós demáis.

Guitian dijo...

Non pretendo nin moito menos dar leccions a ninguen que non sexan os meus alumnos do Conservatorio de Ourense.
Ir na candidatura do PP non quer dicir que ese sexa o meu partido.
A pesares de non pegar nin un so cartel comprometome a axudar a arrincar todos, os de calquera partido.
Facemos un grupo de voluntarios e nun par de tardes ou mañás dun fin de seman todo arreglado.

Anónimo dijo...

¿Desde cando o PP non é o teu partido?. A quén pretendes enganar?.

Anónimo dijo...

Foi na candidatura do PP este ano, nas de 2003 e nas de 1999 onde ocupaba o terceiro da lista, porque o José non deixa o segundo nin de coña,foi concelleiro de cultura, así que Sr. Guitian, se vostede non é do PP ou o PP non é o seu partido,¿que demos fixo durante 12 anos (doce) nun partido do que agora dí que non é o seu?.