A Agrupación Micoloxica "PINGADOURO", fara este domingo 4 de Novembro a sua segunda viaxe, neste caso as comarcas de FERROLTERRA, EUME e ORTEGAL, no norte de A Coruña.
A saida farase dende a praza doConcello de Sober ás 9,15 da mañá.
A Excursión feita as Terras de Celanova o pasado día 14 de Outubro foi un éxito e xa se estan preparando novas viaxes ao Mazizo Central ourensano, a comarca do Deza ou as Terras de Avión, Beariz e O Carballiño.
Para este domingo 4 de Novembro, máis de 30 persoas, todos veciños do Concello de Sober, poderan ver de preto a Cheminea de As Pontes, O Cabo de Ortegal, a Serra da Capelada, Santo André de Teixido, as vilas de Cariño e Cedeira, os cascos vellos de Xubia e Pontedeume ou os mosteiros de San Martiño de O Couto en Naron e Santa María de Monfero no concello do mesmo nome.
Os lugares que se poderan ver de preto son a Central térmica de Endesa que conta coa chimenea máis voluminosa do mundo, o Cabo Ortegal, San Andres de Teixido, a Serra da Capelada, os mosteiros de San Mattiño de O Couto e Santa Maria de Monfero, as unha parte de as Fragas do Eume e as capitales municipais de Cariño, Cedeira e Pontedeume.
Nota.- Nas fotos podemos ver O CABO ORTEGAL, O MOSTEIRO DE O COUTO, O MOSTEIRO DE MONFERO, UN REGATO NAS FRAGAS DO EUME E A CHIMENEA DE AS PONTES.
3 comentarios:
felicidades polo viaxe a celanova. todo saliu ben. Quizais planificar ver menos cousas pero pararse máis nela. Repetiremos experiencia e que o tempo acompañe. forza e honor
donde está san pedro de baños???
San Pedro de Baños e un lugar abandonado que pertenece a Marcelle. Esta por baixo de Francos de Doade cara o Sil. Eclesiasticamente pertenecía a Doade e territorialmente a Marcelle. O actual alcalde de Monforte ten ali unha casa dos seus devanceiros.
Publicar un comentario