Gary Kupa e un extraordinario musico ingles que fai xa un lustro que se asentou en Sober. Concretamente reside en HORTAS-Anllo Santo Estevo.
Gary Kupa e un fenomenal guitarrista e domina a armónica coma un autentico virtuoso.
A sua musica e tipo blues ainda que fai baladas fermosas e un rock moi doado de escoitar
Fai anos e a petición de Eduardo Alvarez (ALVAPER), compuxo unha moi fermosa canción adicada o VIÑO DE AMANDI.
Gary con asiuidade toca co grupo ourensan MITOCONDRIAS.
Sen dubida unha sorte para os veciños de Sober de contar con xente como GARY KUPA.
Gary actua con frecuencia en Sober en "A BODEGUILLA DE MARCE", na praza do Toural. Sen dubida é moi recomendable asistir a algunha das suas actuacións.
En Onda Lemos Dixital, podemos de cando en vez escoitar temas de Gary Kupa, entre eles a fermosa canción que adicou o VIÑO DE AMANDI.
2 comentarios:
Sería moi interesante que publicases a letra da canción ó viño de Amandi.
Vou falar co Gary e co Eduardo para que me den unha copia e colgar a canción cantada polo propio autor.
Publicar un comentario