30/5/07

FESTAS DE CORPUS EN BULSO



A parroquia de San Pedro de Bulso ten dende fai días ultimado un moi importante programa de actos para as suas festas maiores na honra de CORPUS CRISTIE.


As festas teran lugar os días 1,2 e 3 de Xuño (venres, sabado e domingo), e contaran cun variado programa.

Como ven senda habitual nos ultimos anos en moitas festas parroquiais do concello de Sober o venres inauguranse os festexos; neste caso cunha paellada gratuita e musica acargo do organista local "Pepe de Anllo".
Duas orquestras encargaranse dos bailes de tarde e noite do sabado e domingo o sabado tocalle o turno a "FANTASIA " e o domingo sera "CAMELIA".

Haberá tamen actos relixiosos, fogos artificiais e outras actividades ludicas. Temos que destacar os actos relixiosos do domingo coa correspondente procesión, xa que se manten a tradicción de adornar con espadaña o espacio de camiño dende a Igrexa Parroquial ata o Cruceiro, algo fermoso que se manten.


Quero recodar que a Igrexa de Bulso sufriu unha moi importante reforma a finais dos noventa -fai moi poucos anos- xa que a espadaña estaba a piques de caer. A igrexa e do S. XVII, ten nave rectangular e sacristia adosada ao muro norte do presbiterio. No interior da Igrexa destaca o retabulo maior de principios do S. XVIII.


O Cruceiro de Bulso que podemos ver na imaxe e dos mais fermosos do concello.
Outras duas festas importantes do concello de Sober se preparan para os dous seguintes fins de semana de Xuño, tratase das festas de San Anton en Anllo e Bolmente. Xa faremos publicos os programas dos festexos das duas parroquias.

RESULTADOS ELECCIONS MUNICIPAIS

As eleccions municipais do pasado 27-M no Concello de Sober deixaron os seguintes resultados:

Censo: 3.324

Votantes: 2.234 (67,21 %)
Abstención:1.090 ( 32,79 %)

Nulos: 18 (0,81 %)
Blanco: 16 ( 0,72 %)

Concelleiros: 11

B.N.G.: 404 (18,23 %) 2 Concelleiros.

P.P .: 1.562 (70,49 %) 8 Concelleiros.

PSdeG - P.S.O.E.: 234 (10,56 %) 1 Concelleiro.

Sairon elexid@s os seguintes:

P.P. (8)
1. Raquel Arias Rodríguez
2. José Gómez Vázquez
3. Domingo López Fernández
4. Manuel Álvarez Pérez
5. José Antonio Arias Pérez
6. Sonia Fernández Martínez
7. Carmen Álvarez Páramo
8. Antonio González Fernández

B.N.G. (2)
1. Alfonso Campos Pérez
2. Xesús Verao Pérez

P.S.O.E. (1)
1. Antonio Prado Cortiñas



Eleccions municipais anteriores:

1987:
Poboación: 5.018
Censo: 4.458

Votantes: 2.580 (57,87 % )
Abstención: 1.878 (42,13 %)

Votos Nulos: 20 (0,78%)
Votos Blancos: 6 (0,23%)
Concelleiros:13

A.P.: 1.767 (69,02%) 10 concelleiros.
P.S.O.E.: 291 (11,37%) 1 concelleiro.
COALICION GALEGA: 259 (10,12%) 1 concelleiro.
INDEPENDENTES-C.D.S.: 237 (9,26%) 1 concelleiro.


1991:
Poboación:4.863
Censo: 4.112

Votantes: 2.410 (58,61% )
Abstención:1.702 (41,39% )

Votos Nulos: 5 (0,21%)
Votos Blancos: 12 (0,5% )

P.P.: 1.500 (62,37%). 8 concelleiros.
P.S.O.E.: 409 (17,01%). 2 concelleiros.
B.N.G.: 315 (13,1%). 1 concelleiro.
C.N.G.: 169 (7,03%). Sen representación.


1995:
Población: 3.740
Censo Electoral: 3.409

Votantes: 2.418 (70,93% )
Abstención: 991 (29,07% )

Votos Nulos: 12 (0,5% )
Votos Blancos: 9 (0,37%)

P.P.: 1.368 (56,86%) 7 concelleiros.
P.S.O.E.: 759 (31,55%) 3 concelleiros.
B.N.G.: 270 (11,22%) 1 concelleiro.


1999:
Población: 3.250
Censo Electoral: 3.030

Nº Votantes: 2.420 (79,87%)
Abstención: 610 (20,13%)

Votos Nulos: 19 (0,79%)
Votos Blancos: 10 (0,42%)

P.P.: 1.370 (57,06%) 7 concelleiros.
P.S.O.E.: 712 (29,65%) 3 concelleiros.
B.N.G.: 309 (12,87%) 1 concelleiro.


2003:
Población: 3.009
Censo Electoral: 3.486

Nº Votantes: 2.497 (71,63%)
Abstención: 989 (28,37%)

Votos Nulos: 6 (0,24%)
Votos Blancos: 9 (0,36%)

P.P.: 1.655 (66,44%) 8 concelleiros.
P.S.O.E.: 373 (14,97%) 2 concelleiros.
I.N.G.A.: 298 (11,96%) 1 concelleiro.
B.N.G.: 156 (6,26%). Sen representación.

25/5/07

EXTRAORDINARIO CONCERTO DA BANDA DO CONSERVATORIO DE OURENSE


Onte xoves, dia 24 de maio, Sober foi esceario dun concerto extraordinario. E dicimos extraordinario en tódolos seus conceptos. Foi a primeira vez na historia musical de Sober que un grupo musical de 80 personas fixo musica en directo. O esceario estaba como non estivo nunca -imposibel poder meter unha soa persoa máis-. Tratabase dunha banda -a grupación que máis significa na vida musical de Sober-, pero neste caso dunha banda especial.
O publico disfrutou como nunca dunha actuacion memorabel.
Quero recordar que a Banda de Musica do Conservatorio Profesional de Ourense esta formada por alumn@s de 12 a 20 anos que estan cursar estudos de grado medio en asignaturas de vento ou percusión; e dicir xente nova con un minmo de cinco anos de estudos musicais e a proba de acceso a grado medio feita.

O tempo non axudou en demasía e tratabase dunha xornada de diario -o concerto tiña que facerse en día lectivo aproveitando a xornada de clases da asignatura de orquestra- a pesares delo o auditorio estaba cheo. Podiamos ver entre o publico xentes de Monforte ou Pantón xunto con veciños de todo o noso concello.

Na actualidade caseque unha vintena de rapaces relacionados coa Banda de Musica de Sober estan matriculados no Conservatorio de Ourense, deles cinco estudan grado medio en asignaturas de vento e forman parte da banda que actuou en Sober.

O programa que poidemos escoitar onte foi diverso, con musica escrita propiamente para banda de musica e estivo integrado polas pezas seguintes:




Marcha da segunda suite D. Shostakovich

Diagram A. Waignein

Ratafia W. Fransen

Charles Chaplin Chaplin/Delante/Wilson/Philips.
Arr.: M. Peeters

Santana Portrait Arr. : Giancarlo

______________________________________________________
A programacion da PRIMAVERA MUSICAL, que se organiza dende a Escola Municipal de Musica de Sober e Xuventudes Musicais de Sober continuará coas seguintes actividades:

Martes 29 de Maio, 16:00 h.:
CONCERTO DIDACTICO para colexios de primaria e secundaria da comarca, a cargo de alumnos da ESCOLA MUNICIAL DE MUSICA DE SOBER e a BANDA DE MUSICA DE SOBER.






Sábado 9 de Xuño, 20:00 h.:
Pedro Mateo (GUITARRA). (Gañador de J.M.E. 2006)






Sabado 23 de Xuño, 20:00 h:
FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MUSICA DE SOBER

* Tódolos concertos seran no Auditorio do Centro Sociocultural.

21/5/07

CURSOS DE FORMACION




No próximo mes de Xuño no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte (antiga Escola de Capacitación Agraria), situado na estrada de Castro Caldelas, celebraranse tres interesantes cursos de formación.


Moitos soberinos poden estar interesados nestes cursos de formación que detallamos:


APICULTURA ECOLOXICA


Do 4 ao 9 de Xuño (luns a venres) en horario de tarde e cunha duración de 20 horas (duas horas por día).




VITICULTURA


Do 18 ao 26 de Xuño (luns a venres) en horario de tarde e cunha duración de 20 horas (tamen duas horas por día)


ENOLOXIA-CATA





Do 25 ao 30 de Xuño (luns a venres), igual que os anteriores duas horas por dia en horario de tarde.




Todos os cursos son moi interesantes e poden facerse os tres ao non coincidir en datas.


Poden @s interesad@s anotarse



Na Oficina Agraria Comarcal de Monforte (antiga Oficina de Extensión Agraria) ou no propio Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte (antigua Escola de Capacitación Agraria) pode a xente informarse ou anotarse. Telefono de información 982400665.



Os cursos son gratuitos e entregarase diploma acreditativo de asistencia avalado pola Conselleria do Medio Rural.

PRIMAVERA MUSICAL


Un ano mais chegada a primavera, SOBER e esceario de un clico de CONCERTOS que baixo a denominación de PRIMAVERA MUSICAL fai xa caseque unha decada que teñen lugar.


Para o presente ano, a programacion prevista e a seguinte:

Xoves, 24 de Maio, 20:30 h.:
Banda do Conservatorio de Ourense
(80 componentes)
Martes 29 de Maio, 16:00 h.:
CONCERTO DIDACTICO
para colexios de primaria e secundaria da comarca, a cargo de alumnos da ESCOLA MUNICIAL DE MUSICA DE SOBER e a BANDA DE MUSICA DE SOBER.
Sábado 9 de Xuño, 20:00 h.:
Pedro Mateo (GUITARRA).
(Gañador de J.M.E. 2007)
Sabado 23 de Xuño, 20:00 h.
FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MUSICA DE SOBER
* Tódolos concertos seran no Auditorio do Centro Sociocultural.
Os concertos son posibles gracias a organizacion e colaboracion de Xuventudes Musicais de Sober, Escola de Musica Municipal de Sober, Banda de Musica de Sober, Conservatorio Profesional de Musica de Ourense e Concello de Sober.
Nota.-
Na foto a Banda de Musica de Sober en 1933 con Antonio Perez "O rei de Canabal" como director.


ACTIVIDADE ELECTORAL NA NOSA TRIBU

Estamos de cheo en campaña electoral de cara as municipais do proximo domingo.
Na nosa tribu a campaña esta sendo bastante tranquila, se ben nestas ultimas xornadas esta a intensificarse algo.
Facemos un resume das actividades que se preparan para as próximas xornadas.

B.N.G.

O Boque Nacionalista Galego, ten previsto para o xoves día 24 dous actos;
En CANABAL, na parrillada "O Regato", as nove menos cuarto da noite (8,45), unha charla informativa con Antonio Oca Fernández, Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural baixo o titulo:
"A SITUACION DO ABASTECEMENTO DE AUGA".
Antes, as 6 da tarde no Colexio "Virxe do Carme" de SOBER haberá una charla-mitin coa presenza de Alfonso Campos, candidato a Alcaldia, Xesus Verao, ex-concelleiro e candidato e Antonio Oca Fernandez.
A charla ten como titulo:
"O sector agrogandeiro:
potencialidades en Sober e políticas da Consellería do Medio Rural".

Ao mesmo tempo amais da pegada de carteis por todo o concello coa foto do candidato o B.N.G. esta a fecer chegar o seu programa electoral a todalas vivendas do concello.


P.S.O.E.

O Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, por medio do seu candidato Antonio Prado Cortiñas, enviou a todolos veciños con dereito a voto unha carta de intencions e ten previsto un acto para hoxe luns 21 de Maio as 9 da noite na Area Recreativa de Cadeiras.
Interviran:
Daniel Nuñez Segade, Delegado Provincial da COTOP
Manuel Guillermo Varela Flores, Director Xeral de Relacions Parlamentarias e
Antonio Prado Cortiñas, candidato a Alcaldia.

Asemade o PSOE tamen fixo pegada de carteis coa foto do candidato por todo o concello.


P.P.

O Partido Popular esta limitando a sua campaña a facer chegar as vivendas do concello o seu programa electoral. Non ten previsto ninguha charla electoral.
Tamen se procedeu por parte do Partido Popular a pegada de carteis polo concello -neste caso sen a foto da candidata Raquel Arias Rodriguez-, unicamente coas siglas do partido.


NOTA IMPORTANTE:
QUEREMOS FACER UN CHAMAMENTO E AO MESMO TEMPO UN TIRON DE ORELLAS OS RESPOSABEIS DAS TRES FORZAS POLITICAS QUE SE PRESENTAN AS ELECCIONS EN SOBER POR PEGAR CARTEIS NA MAIORIA DOS CASOS EN ZONAS POUCO AXEITADAS (CANCELOS PARTICULARES, REFUXIOS ESCOLARES, SINAIS, ETC.).
Podemos achacar que non hai zonas habilitadas, pero si cremos que hai moitos lugares mais axeitados que a maioria dos que foron elexidos.
Seria convinte que unha vez finalizadas as eleccions se precedese a retirada dos mesmos e a limpeza dos cancelos ou sinais onde foron pegados carteis.

14/5/07

MARIA MARIÑO CAROU. Letras Galegas 2007


María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega pola obra, pola biografía, pola recepción. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.
Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude nesta localidade están marcadas polas dificultades económicas da familia, uns anos -poucos- de escola e logo traballa como costureira polas casas. As amigas lémbrana como unha persoa estraña e solitaria. O traslado a Escarabote (Boiro), onde unha tía súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goián, que tiña unha boa biblioteca, permítelle o acceso a algunhas lecturas. Ese descoñecemento da cultura libresca é un dos aspectos subliñados por Uxío Novoneyra, ao insistir na orixinalidade da súa escrita.
Casa en Boiro co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período tempo no País Vasco, onde morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresan a Galicia. Instálanse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada, a onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida, fai algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña.
No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Creación singular no contexto da literatura galega, a escrita de María Mariño non obedece ás normas, a súa é unha poética crebada que tensa e racha a lingua á procura da voz que exprese ese "raro e valiosísimo mundo escuro" que, en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, constitúe a súa obra.
Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos e publicada polo Concello de Noia. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.
Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.
Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Autora da biobibliografia: Ana Romaní

POEMA DE MARIA MARIÑO CAROU

SON A SUMA TOTAL


Son a suma total
daquel que foi medindo
a pegada aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.
Son resta da esperanza -diferencia quedou-
Multiplicada xa nacín,
pra qué dividirme agora?

San, enteira voume indo,
san, enteira vou quedando,
o paso xa me cederon,
inda que o camiño se vira,
vaise virando en duro,
as pegadas ben se ven
vense volcar nas penas,
liman os picos dos montes,
raxan a cume i o mar,
raxan as alturas todas,
raxan a neboa,
raxan o sol,
ráxanse todas nunha,
ésta cingese
vaise cinguindo.

¡Terra, alma dona¡
Pegada que soia
se puxo o seu nome.


MARIA MARIÑO, "Verba que comenza" 1963
Concello de Noia, libro de homenaxe, Noia 1990
Nota.-
Na foto aparecen en O Caurel xunto a Maria Mariño, Novoneira, Manuel Maria e Saleta.

ESTACIONS DE AVISOS NA RIBEIRA




Cremos de vital importancia a instalacion de estacions meteoroloxicas nas nosas ribeiras; estaria ben con catro estacions (Doade, Amandi, Chanteiro e Rosende). Non son equipos caros e poderian ser sufragados pola Asociacion de viticultores a traves da Conselleria do Medio Rural , o concello ou o Consello Regulador da D.O. "Ribeira Sacra".


Seguro que haberia voluntarios para atendelas -e moi doado- .


Cremos que hoxendia son fundamentais, aforrarian traballo e cartos xa que unicamente se daria tratamento cando de verdade fose necesario.


Fai moitos anos que en Pontevedra e gracias a Estacion Fitopatoloxica do Areeiro fan un traballo importantisimo na D.O. "Rias Baixas". Teñen varias estacions de avisos, publican un boletin fitosanitario semanal, teñen paxina web, etc.


A continuacion poño un enlace coa paxina para que vexamos como funcionan.










11/5/07

VIDEOS FEIRA DO VIÑO DE AMANDI 2007

Aparecen en YouTube dous interesantes videos da ultima feira do viño de Amandi.
O autor "jrcasan", é un veciño de Monforte (profe do instituto da PINGUELA) o que damos as gracias por colgar en internet os videos. Ten unha moi interesante páxina:
www.jrcasan.com
(con moito material relacionado coa comarca de Lemos)

Aqui vai o enlace para poder visiona-los videos:

www.jrcasan.com/2007/amandi/amandi.htm


Disfrutade.

Por certo imos lembrar os gañadores da cata da presente edición. Entreganse tres primeiros premios e este ano recairon en:
Viña Ferreiro de Camilo-Bolmente
Priscilus de Adega Lobeiras de Barantes
Dominio de San Xillao de Lobios.
Noraboa a Pedro, Suso e Manolo almas mater dos tres viños gañadores.

LEMBRANDO CURIOSIDADES

De cando en vez lembraremos cousas ou feitos curiosos.
Tamen faremos un apartado para lembrar xentes que foron e seran importantes para a historia da nosa tribu; moitos caseque permaneceron sempre no anonimato. Intentaremos revivilos xa que os consideramos parte de nos mesmos.

O tema de hoxe refirese a dous autos que circularon moito tempo por Sober.

Quen non se lembra da furgoneta dous cabalos que tiña o capador. Non fai tantos anos -entre 15 e 20-; aparcaba a miudo pola Compañia de Monforte e visitaba todalas parroquias do concello de Sober.
Na parte traseira por riba do porton liase: "EL TEMERARIO".
Nos dous laterais do auto podiamos ler: "SE CAPAN TODA CLASE DE HEMBRAS".
Seria moi importante poder obter unha fotografia dese coche. Seguro que hai mais duhna. Pregase que a fagades chegar por calquera medio. Sera publicada ao instante para o disfrute de todos.

Temen nos lembraremos moitos dunha camioneta que caseque todolos dias visitaba Sober procedente de Ourense. Na parte traseira liase con toda a claridade: "QUIEN TIENE LOS HUEVOS MAS GRANDES DE ORENSE..... INDUSTRIAS REBOLLO"

10/5/07

ELECCIONS NA NOSA TRIBU

O próximo 27 de Maio celembranse eleccions municipais en todo o estado español.
Na nosa REPUBLICA INDEPENDENTE DE SOBER, tamen teran lugar.
Presentanse tres candidaturas e as tres estan encabezadas por veciños da parroquia de PROENDOS.
O B.N.G. presenta como candidato a alcaldia a ALFONSO CAMPOS PEREZ, musico e veciño do lugar de Francos.
O P.S.O.E. presenta como cabeza de lista a ANTONIO PRADO CORTIÑAS, aparellador e veciño do lugar de Proendos.
O P.P. presenta como candidato a reelección a actual alcaldesa RAQUEL ARIAS RODRIGUEZ, veciña do lugar de Vilastrille.

NOVO MIRADOIRO NO SIL



Este blog sera un novo miradoiro sobre o Sil; dende el veremos e miraremos todo o relacionado coa tribu de Sober e as Terras do Amandi.

Aqui publicaremos noticias, artigos, videos, fotografias, poemas e todo canto teña interese para o noso paraiso terreal.

Habera cousas de agora, de antes e de sempre.

Graciñas a todos por visitarnos.

Benvidos e apertas.