7/3/08

XUVENTUDES MUSICAIS TEN ULTIMADO O PROGRAMA "PRIMAVERA MUSICAL" 2008, QUE SE INICIARÁ CO CONCERTO DA ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA O 29 DE MARZO




A asociación Xuventudes Musicais de Sober, ten totalmente perfilado o programa de concertos para o ciclo "PRIMAVERA MUSICAL". Quizais o deste ano sexa o mellor programa dos ofrecidos ata a data.
As actividades iniciaranse o Sábado 29 de Marzo ás 8 da tarde co concerto da ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA que dirixe Rogelio Groba Otero -fillo do compositor Rogelio Groba.
A orquestra actuará por un convenio entre Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e maila Fundación Rogelio Groba, que están a desenvolver un programa de concertos que teñen como obxectivo a difusión da música clásica feita en Galicia entre distintos sectores da poboación, como son a xuventude e a terceira idade. Froito desta colaboración, xa se interpretaron obras dos nosos autores en lugares como Bos Aires, así como en distintos puntos de Galicia e do resto do Estado. Este ciclo terá continuidade ao longo do presente ano con máis dunha ducia de concertos por toda a xeografía española así como en Nova Iorque.

O programa para interpretar en Sober será o seguinte:
I PARTE:
Divertimento para cordas …………..………..… R. Groba Otero
- Allegro pesante
- Tempo fúnebre
- Allegro - molto moderato - allegro
Impresión nocturna …………………….…..……… Andrés Gaos Agochado………………………………………………... Rogelio Groba
II PARTE:
Sonata nº 7 para orquestra ……………….……. Antonio Carlos Gomes
- Allegro animato
- Allegro scherzoso
- Largo
- Adagio
- Lento e calmo
- Vivace
(“O burrico de pau”)
Catro momentos nº 3..…………………….………… Ernani Aguiar
- Tempo de Maracatú
- Tempo de Cabocolinos
- Canto
- Marcha
A plantilla da orquestra formana os seguintes profesores:
Violíns:
Rogelio Groba Otero (director-concertino), Beatriz Rodríguez Caridad, Enrique Agrelo Otero, Olalla Canoura López, Manuel Fernández Gayol, Mª Isabel Sanjuán Pérez, Teresa Dieste Vilas, Xacobe Lamas Carral.
Violas:
Raquel Sanpedro del Castillo, José A. Folgueiras López, Susana López Iglesias, Rodrigo Tubío Barreira.
Violoncellos:
Clara Groba Otero, Elena Pérez Iglesias, Adriana Lorenzo Iglesias.
Contrabaixos:
Joaquín Pallás Fuertes, Adolfo Alemany Alemany.
A ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, foi fundada en 1995 e fixo o seu debú dentro do XLIV Festival de Ópera da Coruña. Presenta un repertorio que abarca diferentes épocas e estilos, do barroco temperán á actualidade, facendo fincapé nos autores contemporáneos. Nesta liña, dende 2003 a súa actividade estivo ligada ao estudo e difusión da obra de Rogelio Groba Groba, canalizada a través dunha estreita e constante colaboración coa Fundación R. Groba. Integrada por músicos profesionais formados en diferentes conservatorios europeos, colaborou con profesionais da talla de Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Luís Estellés, Anthony Pay, Teresa Berganza ou Juan Lomba. Tamén realizou gravacións para RTVG e RTVE, participou na VI e VII edicións do Festival Internacional de Galicia, e en numerosos concertos por toda a xeografía española. En 2005 foi responsable da estrea mundial da ópera de Manuel García, “Don Quijote” na Real Maestranza de Sevilla. O seu primeiro disco, editado por Boanergies, acadou excelentes críticas na prensa especializada destacando as “cinco estrelas ao mellor son” da revista Amadeus, e inclúe obras de Rakov, Elgar, Groba Groba e Groba Otero. O seu segundo CD, integrado só por obras de Rogelio Groba co gallo do seu 75 Aniversario, foi publicado en 2005 polo selo Iberautor da SGAE. Recentemente actuou no prestixioso festival vienés Spanish Modern con gran acollida por parte do público, presentando estreas absolutas de obras de compositores galegos, e realizou unha exitosa xira por Arxentina actuando en lugares tan emblemáticos como a Iglexa da Santa Cruz, o Antigo Congreso ou o Teatro Metropolitan. A OCGA segue o modelo de dirección do século XVIII a través da figura do director-concertino, posto ocupado dende a súa formación por Rogelio Groba Otero.
O seu director ROGELIO GROBA OTERO é Titulado Superior na especialidade de Violín e Música de Cámara, continúa a súa preparación durante varios anos en Londres con Detlef Hann, profesor de la Guidhall School of Music and Drama. En 1995 funda como director-concertino a Orquestra de Cámara Galega. En 2000, dirixe a gravación da súa propia obra, Divertimento para cordas, incluída no primeiro CD desta formación, e en 2005 a gravación do segundo CD adicado integramente á obra do seu pai Rogelio Groba Groba. En maio de 2007 dirixiu á OCGA no Spanish Modern Festival de Viena onde obtivo un gran éxito de público e crítica interpretando obras de compositores galegos, e en agosto nunha exitosa xira por Arxentina. Realizou gravacións para Radio Galega, TVG, TV3, TVE e RNE, e ademais de España, actuou en Portugal, Francia, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela. Ademais de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é presidente da Asociación Galega de Música de Cámara, patrono da Fundación Rogelio Groba Groba, profesor superior de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e director da Orquesta Sinfónica do Conservatorio de Música de A Coruña.

Os concertos que completan a PRIMAVERA MUSICAL 2008 seran os seguintes:
Artemis Trio, (Frauta, Violín e Violonchelo): 19 de abril
José Antonio Domené, (arpa): 17 de mayo
Ignacio Martínez (trompeta) e piano (data sen confirmar)
Sen dubida un programa de concertos extraordinario para disfrutar en Sober da mellor musica.