28/4/08

GARY KUPA PRESENTOU OS SEUS NOVOS TEMAS EN SOBER




Como habiamos informado, o venres 25 de Abril en "A Bodeguilla de Marce", o musico ingles asentado en Sober GARY KUPA, presentou novos temas interpretados na sua proia voz e acompañados con armónica ou guitarra. Como non podía ser menos finalizou a sua actuación coa canción que adicou ao VIÑO DE AMANDI no 25 aniversario da feira.


As fotos que presentamos foron feitas na propia Bodeguilla do Marce, Nunha dela podemos ver a Gary Kupa con Marcelino Álvarez -propietario do establecemento-. A continuación facilitamos un video feito na mesma ocasión por Paula V. Verao.