20/5/08

TODO ULTIMADO PARA O CENTENARIO DE TADEO GUITIAN, O SABADO 24 DE MAIO


O programa de actos para conmemorar o CENTENARIO do mestre, músico e director TADEO GUITIAN ALVAREZ, está totalmente ultimado. Asistiran arredor de 60 ex-alumnos do mestre Tadeo, xunto con familiares e a Banda de Música de Sober, que será a encargada de estrenar a marcha "MAESTRO TADEO", escrita para a ocasión por un amigo personal de Tadeo, o compositor e ex-director das bandas municipais de Lugo e A Coruña INDALECIO FERNANDEZ GROBA.

O PROGRAMA DE ACTOS A DESENRROLAR O DIA 24 DE MAIO EN SOBER SERA:

Ás 11,30: Concentración de ex-alumnos do Mestre Tadeo Guitian, diante da súa casa na Rúa do Comercio.
Ás 12,00: Descubremento dunha placa conmemorativa na casa onde viviu e finou o Mestre Tadeo Guitian.
Ás 12,10: Estreno a cargo da Banda de Música de Sober e ex-alumnos de Tadeo Guitian do Pasodoble-marcha “MAESTRO TADEO”, obra escrita para a ocasión polo compositor Indalecio Fernández Groba, amigo personal do Mestre Tadeo Guitian. A continuación a Banda de Música de Sober interpretará varios temas do gusto personal do homenajeado.
Ás 12, 40: Degustación dun viño de Amandi.

Tadeo Guitian Alvarez, foi a figura máis coñecida e carismatica de tódolos directores con que contou a Banda de Sober na sua longa historia. Naceu o 8 de Maio de 1908 en Outeiro na capitalidade de Sober e finou de forma repentina e inesperada en Agosto de 1986. O mestre Tadeo foi sen dubida das persoas máis activas no fomento da cultura e un autentico valedor da potenciación da musica popular e culta no Val de Lemos.
Tadeo Guitian morreu con 78 anos cando ainda era profesor da Escola de Musica de Sober que habia fundado en 1975 xunto con José Ramon López Álvarez “O Cuñas”; precisamente esa Escola de Música foi pioneira en Galicia e fruto dela son a a actual Escola Municipal de Musica de Sober e a Banda de Música de Sober, ambalas duas cheas de saude.
Tadeo Guitian Alvarez, avivou durante a sua vida as inquidanzas musicais de xoves e menos xoves interesados no mundo musical, en moitos momentos con máis ilusion que medios materiais e sempre entregado a unha labor paciente e calada. No ano 1980 foillle tributado un homenaxe en Santiago de Compostela por ser o director en activo máis veterano de Galicia e en 1984 cando Tadeo e Jose Ramon López “O Cuñas” decidiron deixar a dirección da Banda de Sober o propio pobo de Sober e a comarca de Lemos en xeral fixeronlles unha homenaxe a que se sumaron máis de 300 persoas.
Tadeo Guitian iniciouse na musica aos 9 anos na Banda de Sober que por aquela epoca dirixia Camilo Perez “O Matela”, co paso do tempo ingresou na Banda de Musica de Infantería Isabel La Católica, número 29 con sede en A Coruña, na que permaneceu 4 anos chegando a ser trompeta solista. Dirixiu a banda do seu pobo o regreso da vida militar, ainda que a deixou para facerse cargo dun café que rexentou coa sua dona na vila de Sober. Nos anos sesenta e cando no concello de Sober somentes quedaba con vida unha das tres bandas de musica que chegaron a convivir, a de Santa Cruz de Brosmos, fixose cargo da dirección desta agrupación sustituindo a Sergio Rodríguez. Con Tadeo Guitian incorporaronse varios ex componentes da desaparecida banda de Sober a de Santa Cruz e o pervivencia da unica agrupación musical do Concello quedou asegurada.
Todo mudou en 1975 cando regresou de Madrid xuvilado José Ramon López “O Cuñas”, este con Tadeo e axudados de Heriberto Pérez e Dositeo Guitian, formaron a base da actual Escola Municipal de Música que en 1976 deu os seus primeiros musicos e que ano a ano segue producindo novos educandos que se incorporan a prestixiosa banda de Sober.
Ven é certo que Tadeo Guitian seguirá sempre vivo, o seu traballo perdura e segue dando froitos ano a ano; os que tivemos a grande sorte de ser alumnos e compañeiros do inesquencible mestre Tadeo, mantemolo na memoria e no corazón.
NOTA.- Na foto a Escola de Música de Sober en 1975. O profesorado aparece ao fondo (Tadeo Guitian, Jose Ramon López "O Cuñas", Heriberto Pérez, Dositeo Guitian e Ramiro Ares)

2 comentarios:

Raposo dijo...

Vaia, vaia, non sei moi ben como pero acabo de atopar o teu blog que non sabía que o tiñas. Xa o dice a canción: "La vida te da sorpresas..."
Votareille unha ollada estes días mais polo miúdo, que agora xa non son horas.
Unha aperta. Sandoval.

Susana dijo...

Boas tardes Luis!.Gracias polo teu blog e felicidades.Para min e un pracer estar o dia dos acontecementos que se celebran no noso concello.Sentin moito non estar no centenario do noso mestre Tadeo,xa me contou a Lilia ,(que como ben sabes onde soa a musica ala vai),como transcorreu, só ten alagos para ti,pola tua entrega ,pola tua paixon...que che vou dicir do que di a miña nai...Un bico.Susana