9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace: