12/5/09

UN OCTETO DE CORDA LONDINENSE E O CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA ACTUARAN DURANTE A ASAMBLEA DE JUVENTUDES MUSICALES DE ESPAÑA


Con motivo da Asamblea Xeral de Juventudes Musicales de España, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de Maio próximos, coa coordinacion de XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, poderemos disfrutar de dos concertos de primeiro nivel. Tratase de dous extraordinarios e gratuitos.
VENRES 22, as 9 da noite no PARADOR de MONFORTE DE LEMOS. Actuación do OCTETO DE CORDA ALTISSIMO ENSEMBLE, de Londres, que interpretaran obras de: Lutoslawski, Dvorak, Telemann e Stewart.
Formado por oito violinistas e violistas de varias nacionalidades, a Altissimo Ensemble e un grupo de corda moi singular establecido en Londres. O repertorio do grupo inclue tanto adaptacions de pezas clásicas e barrocas como tamén composicions contemporáneas escritas especialmente para esta formación por autores como Ian Stewart, as obras que integran o primeiro disco do conxunto: "San Gejtanu" (Music Chamber, 2008).
O Altissimo Ensemble distinguese poao sua peculiar textura sonora, posto que prescinde do rexistro grave dos violonchelos. O grupo foi unha idea orixinal dun dos membros, Claudio Forcada, que propuxo a creación dun conxunto formado só por violins e violas. Dende enton este proxecto inicial viuse enriquecido polo entusiasmo de diferentes compositores, que mostraron interés por una combinación de instrumentos tan característica e insólita.

Sabado 24 ás 8,30 da tarde no AUDITORIO da CASA DA CULTURA DE SOBER: Actuacion do CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA.
O Cuarteto de Saxofóns da Coruña xestouse na aula do profesor Narciso Pillo en 1992. Nace coa idea de difundir o saxofón e cubrir o oco existente na música de cámara do noso país no que ao saxofón clásico se refire, labor que veu realizando dende a sua fundación, debido ao entusiasmo e acollida que se lle dispensa nas actuaciones.
Composto pola élite dos saxofonistas galegos, o Cuarteto de Saxofóns da Coruña e notable pola calidade interpretativa dos seus membros, que fan valer o instrumento baixo una forma que hasta o presente foi pouco explotada, mostrando as ricas posibilidades do grupo en canto a sonoridad, timbre, extensión e beleza tanto a nivel individual como de conxunto.
O repertorio que traballa o cuarteto está formado casi exclusivamente por música do s. XX, habida conta de que o instrumento nace a finais do XIX, ainda quee tamén fai fronte a transcripciones de obras clásicas representativas. No repertorio destacan compositores como Glazounov, Bozza, Francaix, Desenclos, Ibert, Pierné, Boucard, Singelée, River, Iturralde...
Na actualidade, os componentes adedicanse a docencia en conservatorios de Galicia e forman parte de importantes colectivos bandísticos. Son: Narciso Pillo (saxo soprano); Eva Aguiar (saxo alto); Gerardo Bacelo (saxo tenor) e Marcos Mariño (saxo barítono).
O programa que interpretaran en Sober é:
CONCERTO ITALIANO BWV 971 de Johan Sebastian BACH
I ------ II- Andante, III- Presto
INTRODUCTION ET VARIATIONS SUR UNE RONDE POPULAIRE de Grabriel PIERNÉ
QUARTOUR pour Saxophones de Alfred DESENCLOS
I- Allegro non tropo, II-Calmo, III-Poco largo, ma risoluto
QUARTOUR pour Saxophones de Pierre Max DUBOIS.
I- Overture, II-Doloroso, III-Spirituoso, IV-Andante-Presto.
Son moitas as actividades programadas para os tres días que durará a Asamblea, na que se espera asistan sobre un centenar de representantes de diversas asociacions locais de Juventudes Musicales do Estado Español. Prevese a asistencia de diversas autoridades estatais, autonomicas, provinciais e locais.
Talleres, charlas e algunha visita turistica -como un xantar en Cadeiras-, completaran as actividades destas tres intensas xornadas de traballo.

No hay comentarios: