21/12/09

FINOU DON RAMIRO, CURA PARROCO DE SOBER DURANTE 50 ANOS


Ramiro Ares Devesa, Don Ramiro, que foi cura-parroco de Sober durante 50 anos faleceu en Lugo o pasado día 18 (día da Virxe da Esperanza), donde estaba internado no Hospital de Calde.
Ata poucos días antes da sua morte viña continuamente a sua cabeza Sober e a música as suas duas pasións
Don Ramiro non somente destacou pola sua obra pastoral en varias parroquias de Sober (Arroxo, Refoxo, Proendos, Liñaran e Barantes), foi o artifice de que Sober contara con unha moderna Igrexa e Centro Parroquial que cedeu sempre desinteresadamente para actividades (biblioteca, ensaio da banda, escola de musica, correos, etc). Pero principalmente Don Ramiro era MUSICO, un gran musico: compositor de preto de 50 obras (unha misa, varios motetes, panxoliñas, obras populares, etc), profesor de musica, director de coro, etc.
O próximo día 28 de Decembro (día dos Santos Inocentes), na Igrexa Parroquial de Sober, que el construiu, despediremolo con unha misa de funeral na que como non pode ser menos haberá musica.
Don Ramiro nacera en Carlin-Friol,en 1927. Fixo Estudios Eclesiásticos e de Música,foi Profesor en centros de ensinanza privada e pública. Fundador da Coral Polifónica de Sober que chegou a contar con 40 voces e da Escolanía do Colexio VIRXE DO CARME coa que acadou importantes premios.
Descanse en Paz o noso querido Don Ramiro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quero dende eqiuí rendir unha homenaxe a Don Ramiro. Nunca esquecerei os intres que pasamos con él cando éramos integrantes do coro do noso querido Colexio Virxe do Carme. Descanse en paz. Sempre quedará en mín o seu recordo

Anónimo dijo...

Quero sumar as miñas mostras de afecto e lembranza para don Ramiro, o querido, culto e magnífico profesor, a máis de sacerdote e bo cristián. A min , en concreto deume clases de latín e literatura na escola do Xan Benito ( profesor don Xosé Ramón). Descansa en paz don Ramiro, e dende o ceo segue asistíndonos na compaña de tódolos santos. Moncho da Pena de Proendos.