24/5/11

O GUITARRISTA CARLOS ALMORIL ACTUA O 4 DE XUÑO NA RECTORAL DE GUNDIVOS




XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, ten programado un novo concerto do ciclo PRIMAVERA MUSICAL, neste caso a cargo do extraordinario guitarrista Carlos Alberto Almoril Rojas.
O concerto terá como escenario o Patio do Centro Oleiro RECTORAL DE GUNDIVOS, celebrarase o bado 4 de Xuño as 8,30 da tarde e a entrada será como sempre gratuita.

Carlos Almoril (Barcelona, 1988) estudia no Conservatorio Profesional de Música de Almendralexo, con Ana Moríñigo Ramos, sigue a sua formación musical, primeiro no Conservatorio Superior de Música de Salamanca, con Hugo Geller e posteriormente no Conservatorio Superior de Música das Islas Baleares, baixo a dirección de Pedro Mateo González e Iliana Matos.

Asiste as Leccions Maxistrais impartidas por Ricardo Gallén, Joaquín Clerch, Juan Carlos Rivera, Iliana Matos, Sophia Hasse, Gaëlle Solal, Thomas Müller-Pearing, Dmitri van Halderen, Marco Smaili, Javier Riba, De Angelis, Aniello Desiderio, Eduardo Isaac, Carles Trepat, Carme María Ros, Antoon Vandeborght e Alex Garrobé. En 2009 e invitado como concertista ao festival de guitarra "Norba Caesarina" celebrado en Cáceres. En 2010 fai o seu debut como solista coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música das Islas Baleares, baixo a dirección de Enrique García Asencio, o que lle valeu excelentes críticas.

Tamén cabe destacar a sua participación en concursos, nos que obtivo os seguintes premios: 1º Premio no IV Concurso de Xóvenes Músicos Extremeños, 1º Clasificado na fase autonómica do concurso Intercentros e Premio Especial ao mellor intérprete de guitarra na Final Nacional, 2º Premio no II Concurso Internacional Cidade do Fundao. 1º Premio ex-aequo no XV Certamen de Guitarra para Xóvenes I.E.S. Francisco Tárrega categoría menores (ata 18 anos),1º Premio no II Concurso de Hinojosas de Calatrava, 1º Premio no XVII Certamen de Guitarra para Xóvenes I.E.S. Francisco Tárrega categoría maiores, 1º Premio e premio do público no I Certamen Ciudad de Llerena, 1º Premio no II Festival Internacional de guitarra clásica Maese Rodrigo. 2º Premio na 73º Edición do Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España.

PROGRAMA DO CONCERTO



Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Prelude, Fugue & Allegro, en mib maior, para laúd [guitarra] BWV998 (c. 1740)


Giulio Regondi (1822-1872)

Introduction et caprice, op. 23 (1864)


Adagio-Allegretto scherzando


Joaquín Turina (1882-1949)

Sevillana, op. 29 (1923)



- pausa –



Manuel María Ponce (1882-1948)

Sonata III (1927)


Allegro moderato

Andante (Chanson)

Allegro non troppo


Francisco Tárrega (1852-1909)

Recordos da Alambra (C.1899)


Alberto Ginastera (1916-1983)

Sonata para guitarra, op. 47 (1976)


Esordio

Scherzo

Canto

Finale

2 comentarios:

Craig dijo...

Felicidades Guitián

Otro gran concierto en un entorno espectacular

! QUE SIGA ASI!

Luis Claudio Araujo dijo...

Uma ótima referencia o seu blog. irei recomendar..!

Vektor Arquitetura e Construção
Competência, Honestida e Satisfação
http://vektorarquitetura.wix.com/home
Recife
(81)9613.4943