17/1/08

O ENTROIDO NA NOSA TRIBU DEBERÍA COMENZAR "OFICIALMENTE" O 20 DE XANEIRO CO "DOMINGO DE LAMBEDOIRO"


O ENTROIDO na nosa tribu deberia de comenzar oficialmente éste domingo 20 de Xaneiro co "DOMINGO LAMBEDOIRO". A actividade deste día ainda se manten en pé en moitos lugares de Galicia i en concreto na "Ribeira Sacra" continua celebrabdose ésta xornada na Ribeira de Chantada e O Saviñao. O "Domingo Lambedoiro" é sempre 15 días antes do "Domingo de Entroido" i era habitual nas casas do noso concello degustar pratos típicos da época: "tripón" -tamen coñecido por "vexiga" ou "enchido"- que como todos sabemos ven a ser o "puding de pan", pero sen dubida moito máis sabroso. Antigamente faciase no tripon ou na vexiga do porco de ahí o nome polo que ainda hoxe se coñece a pesares de que se fai nunha pota. Tamen se degustaba nesta xornada un bó cocido e todo tipo de carnes relacionadas co porco. En moitas casas ainda se manten a trad¡ción de facer un cocido ou lacon con grelos e chourizos e un tripon por ésta xornada. Seria fundamental que un grupo de veciños ou a través da Escola de Hostalería de Rosende se recuperarse ésta data con un concurso de receitas típicas da época. Todo se andará.


Tralo Domingo de Lambedorio chega o "XOVES DE COMPADRES", do que todos sabemos moi ben en que consiste. Nos últimos anos perdeuse parte da sua tradición. Falta a palla para queimalos en condicións, entre outras cousas. As parroquias que ainda manteñen viva a celebración son Anllo San Estevo, Anllo San Martiño (principalmente Matamá e Arxemil), Rosende, Arroxo (a capitalidade municipal), Proendos, el algunha outra con menor incidencia. Ésta xornada si é facil de recuperar e temos que facelo XA.


A seguinte xornada é o "DOMINGO CORREDOIRO"; as parroquias de Anllo Santo Estevo e Anllo San Martiño recuperaron éste domingo fai unha decada pero nos ultimos anos case quedou perdido por completo. Temos que tomar medidas e voltar coa celebración. Chega logo o "XOVES DE COMADRES", que é a mesma celebración que o xoves anterior, pero neste caso os homes son on encargados de caricaturizar ás mulleres.

Tras todas estas datas veñen a desenvocar nas xornadas propias do ENTROIDO: Sábado, Domingo, Luns e Martes. ¿Quen con máis de 50 anos non lembra aqueles carnavales de Proendos, A Carqueixa, Bolmente, Santa Cruz, Doade, Pinol, Gundivós, Canabal, Bulso, etc. etc.?, ¿ i os bailes na capitalidade do Concello xa dende os anos 10 e 20 do século pasado?. ¡¡TEMPOS AQUELES!!. Cada parroquia tiña bailes propios, moitas en varios lugares. Logo habia os destacados de PROENDOS, BOLMENTE e a vila de SOBER.


Nos últimos anos Arxemil e Anllo fixeron actividades por estes días pero parece que perderon folgo. Tamen en Santiorxo se celebrou durante anos baile pola xornada do domingo.
Na capitalidade do concello mantivose durante moitos anos un baile infantil o Luns de Entroido, se ben nos últimos anos esa xornada trasladouse ó sábado. Dende o ano pasado a vila de Sober organiza o denominado "BAILE DA CACHUCHA"; un baile de disfraces con degustación de viño novo e cachucha que se fai na tarde do sábado de entroido e que se quere consolidar no calendario festivo da comarca.


O DIOS MOMO

Foi a figura do Entroido de Proendos i segue a ser de moitos entroidos, que nos saibamos o máis cercano é a capitalidade de A Coruña.

En Cádiz, queimase un muñeco representando ao dios Momo é clausura as festas cada ano.

No Carnaval de varias cidades hispanoamericanas rindeselle homenaxe ao dios Momo con diversos actos:
En Barranquilla (Colombia) e dos principais personaxes.
En Uruguay e un personaxe distintivo nas actuaciones das murgas, sendo común encontrar nas letras de cancions referencias directas a este personaxe. (Asi ocurria en Proendos)
En Argentina e o inspirador e deidade suprema das murgas de Bos Aires e de murgas e comparsas de moitas cidades e pobos do interior. (¿non viria de aqui, dalgun emigrante a tradición de Proendos...?

Na mitoloxia Grega Momo (en greco Μωμος Mômos, significa ‘burla’, ‘culpa’; en latin Momus) era a personificación do sarcasmo, das burlas e da agudeza irónica.

Era o deus dos escritores e poetas, un espíritu de inculpación malintencionada e crítica inxusta.
Representabase na mitoloxia cunha máscara que levantaba para que se lle vira a cara, e cun muñeco na man, símbolo da tolea.
O caso é que o DIOS MOMO DE PROENDOS debe de volver a ser a principal figura do ENTROIDO en Sober. Temos que conseguilo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este ano haberá sorpresas no Antroido de Sober...