15/2/08

PREPARATIVOS PARA A XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




O Concello de Sober, resposable directo da organización da FEIRA DO VIÑO DE AMANDI, comenzou a organización dos actos da XXVIII edición que se celebrará como é habitual coincidindo co fin de semana do Domingo de Ramos, e que neste 2008 será os días 15 e 16 de Marzo.

O certo é que as actividades previstas seran moi similares as de anos anteriores e non se presenta ningunha novidade. Cremos que se deberia formar unha comisión con colleiteiros e outros sectores implicados ao estilo de Chantada e comenzar a organización con moita máis antelación, pero quen manda, manda.

Unha vintena de viticultores mantiveron a semana pasada a primeira das xuntanzas coa alcaldesa de Sober, Raquel Arias, e outros responsables municipais no centro sociocultural da vila para tratar varios aspectos organizativos referentes a XXVIII edición da Feira do Viño de Amandi.
Entre os temas tratados abordouse a ubicación do recinto feiral que ó igual que en anos anteriores, será na Praza do Concello. Instalarase unha carpa que funcionará como medida preventiva ante as posibles inclemencias do tempo, ao igual que nas ultimas edicions. Tamén se falou da colleita que se deu este ano nesta subzona que foi de 1 millón de kg. de uva.

En canto os adegueiros participantes nesta edición, estímase que será un número similar a certames anteriores (en torno a 20) e deberán aportar unha cuota 120 € amais de dúas caixas de viño como único requisito para participar no evento. A celebración de actividades paralelas á feira foi outro dos temas que se perfilaron na reunión e que se tratarán nos vindeiros días.
Nota.- Nas fotos de Jose Ramon Caasanova, vemos imaxes dunha edición anterior da feira. Na sua paxina web: www.jrcasan.com atopamos imaxes e videos de varias edicións anteriores.


No hay comentarios: