1/8/08

FORONSE TRES GRANDES VECIÑOS E AMIGOS


Ben e sabido que a vida é un ciclo; pero un ciclo para moitos máis corto do previsto. Nos últimos días tres coñecidos veciños da parroquia de Arroxo, capitalidade de Sober; faleceron e deixaron un importante oco na vida diaria desta tranquila vila.
Foi primeiro José Luis Corral "Pilin", que de forma totalmente inesperada faleceu xusto o día antes de cumprir 75 anos. O mesmo día "O Pilin" habia feito unha xornada completamente normal, xogando a sua partida de subastado no "Parada", dando os seus paseos por Sober e descansando nun banco do parque a media tarde. A última hora do día o seu corazon quixo parar sen un aviso previo, e todo o que se fixo por salvarlle a vida foi inutil. "O Pilin", era un namorado da Banda de Sober, asistia a todos os actos musicais que se celebraban na vila e foi o principal impulsor para cambiar o diapason de "brillante" a "normal", do instrumental da banda; o seu fillo Arturo formou parte da primeira promoción de alumnos da Escola de Música. Jose Luis Corral, a finais dos 70 regalou un televisor e un radio casete do seu negocio para facer unhas rifas beneficas para a banda. El mesmo no seu "diane 6" visitou toda a comarca vendendo as rifas que logo foron o xerme economico da renovación total do instrumental da banda. Ao tempo, era desas 5 ou 6 personas que non perdían un partido do Sober en "Centeas"; amais dun gran aficionado, fora directivo e presidente durante varios anos. O seu fillo menor Julio, e un dos mais destacados entrenadores de futbol da provincia de Lugo. Todo o futbol comarcal recordou a "Pilin".No seu enterro habia frores do F.C. Sober, Calasancio, Ferreira, Brollon ou dos árbitros de Monforte.
Os poucos días de enterrar a "Pilin", despedimos a Ramon Pereiro Pérez, "O sapo de Vilela"; o Ramon era un personaxe habitual de Sober, todos o recordamos moitas veces con viño de máis, pero era un home dun grandisimo corazon. Como decimos moitas veces, "foi malo só para el". Un desgraciado cancro na zona da gorxa acabou en poucos meses ca vida do Ramon de Vilela aos 53 anos. "O neto da Ricarda", como el mesmo decia, deixa sen dubida un valeiro moi grande, máis tendo en conta a sua xuventude.
Onte mesmo, despedimos en Sober a Pablo Gomez "O portugues". O Pablo, tiña 76 anos e vivia coa sua familia en Sansillao-Proendos, pero sentiuse sempre veciño da sua vila de nacemento, Sober. El mesmo era o portador da cruz nos enterros da capitalidade municipal e curiosamente aos dous veciños que faleceron nas datas precedentes, él os habia guiado dende o tanatorio a Igrexa portando a cruz parroquial. O Pablo, fora un zapateiro moi recoñecido e un personaxe único en Sober; moi servicial co vecindario. Estouno vendo atendendo a sua parra da Praza do Pulpo, ou abrindo a sua casa catro ou cinco veces por día. Dende que se xuvilou seguiu baixando a Sober mañas e tardes e moitas veces diarias, era moi amigo da partida de domino, e o seu compañeiro habitual era o "Pepe barbeiro". Lembraremolo sempre como aficionado do F.C. Sober e con esé berro de "ÁNIMO MUCHACHOS", que o recordalo pomnos a pel de pita.
Xa sabemos que a vida é así. Pero cando nos leva amigos de preto faise moito máis dura.