9/8/08

A FEIRA DA ROSCA CHEGA A SUA XIII EDICION


O próximo 12 de Agosto a vila de Sober acollerá unha nova edición da "FEIRA DA ROSCA", neste caso a número XIII. A feira de exaltación deste importante producto gastronómico típico de Sober está xa totalmente consolidada e forma parte do calendario gastronómico galego.


Os ingredentes esenciais da rosca soberina son:

Azucre, levadura fermentada, azafrán, fariña de trigo, ovos, auga e sal.


A feira de exaltación da Rosca de Sober naceu en 1996 e fixose sin interrupción todolos 12 de agosto. Este ano no evento, que se celebrará o vindeiro martes, lembrarase a "rosca da peseta"; aquela rosca pequeniña que se facía antaño para os nenos e que habitualmente se regalaba cando seus pais mercaban unha grande. Os nenos xa a "manducaban" ao momento na propia feira.

Éste ano programouse tamen un obradoiro para os pequenos, no que poderán iniciarse na elaboración deste exquisito doce. Unha rosqueira daralle as pautas e aleccionará os cativos para que as roscas saian no seu punto. Esta actividade para os nenos comezará a partir das 11.00 da mañá. A apertura oficial da feira, que este ano contará con 16 stands, será as 10.15 co disparo de 13 bombas de palenque e a actuación do grupo de gaiteiros "Os Albariños" de Monforte.

A partir das 12.00 h. actuará o grupo folclórico "Lemavos" de Monforte e media hora máis tarde levarase a cabo a degustación popular na Praza do concello onde están ubicadas as casetas nas que non soamente se poderá atopar rosca senón tamén outros productos típicos da Comarca como mel, doces, empanadas ou artesanía.
Na degustación o queixo acompañará un ano mais a rosca gracias a colaboración da empresa Queserías Prado de Monforte que colabora dende a primeira edición.
------
Nota.- A fermosa foto das roscas no forno é de Alfonso Campos e foi sacada do blog:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Well done for this wonderful blog.

Anónimo dijo...

Unha magoa non poder estar este ano, que todo saia ben e o tempo permita ter unha boa xornada.Unha aperta