14/10/08

EXCURSION DE 54 VECIÑOS DE SOBER A RIA DE VIVEIRO




Dentro do programa de viaxes Km. 0 que coordina o servizo de protocolo da Deputación Provincial un grupo de 54 persoas de Sober desplazaranse o día 23 de Octubro a Viveiro para pasar unha xordada na vila costeira.



A excursión sairá da praza do concello de Sober as 9 da maña e tras visitar o Pazo da Deputación na Rua San Marcos de Lugo, os viaxeiros achegaranse ata Castro de Riberas de Lea para ver a GRANXA GAIOSO CASTRO, propiedade de Deputación, a viaxe proseguira ata VIVEIRO onde os soberinos poderan ver a cidade dende o Monte San Roque, a Lonxa de Celeiro e facer unha viaxe a bodo do YATE GAROA pola ria de Viveiro.