14/10/08

O CICLO DE CONCERTOS "MUSICA NO OUTONO" DE XUVENTUDES MUSICAIS ESTA TOTALMENTE PERFILADO


A Asociación XUVENTUDES MUSICAIS de Sober, ten últimado o seu programa de concertos para o ciclo de concertos "MUSICA NO OUTONO".
En realidade o ciclo de concertos iniciouse o pasado día 7 martes, cun concerto no Auditorio do Conservatorio de Ourense a cargo do CUARTETO DE CORDA suizo-aleman "Amaryllis Quartett". Éste concerto, o primeiro do grupo en España foi un autentico éxito e celebrouse en Ourense ante a imposibilidade do cuarteto de actuar nun fin de seman. Os responsabeis de Xuventudes Musicais de Sober, que contan cun moi importante numero de socios entre profesores e alumnos do Conservatorio de Ourense decidiron facelo neste centro de ensino por contar de anteman con publico para o mesmo.
Para o sábado 8 de Novembro está previsto no Auditorio da Casa da Cultura de Sober a partir das 8 da tarde un CONCERTO DE GUITARRA a cargo do chileno SEBASTIAN MONTES.

Sebastián Montes (Santiago de Chile, 1979) recibe as suas primeiras leccions de guitarra da man de seu pai. En 1995 ingresa na Facultade de Artes da Universidade de Chile onde remata seus estudios de guitarra clásica co mestre Luis Orlandini, titulándose en septembro de 2003 con distinción máxima. No ano 2003 obtivo beca do servizo de intercambio académico alemán D.A.A.D, o que lle permitiu facer estudios de Postgrado na Escola Superior de Música de Hanover, baixo a dirección do profesor Frank Bungarten.
Actuou en Chile nas principais salas de concerto amais de en Argentina, Perú, Cuba, Uruguay, Costa Rica, España, Estados Unidos, Suecia, Austria, Irlanda, Italia, Portugal e Alemania.
Montes actuou como solista, a dúo con Luis Orlandini e como integrante do Cuarteto de Guitarras de Chile xunto a Orquestra Sinfónica de Chile, de Concepción ou de Antofagasta. Tamén actuou coa Orquestra Nacional Juvenil de Chile, Orquestra de Cámara de Chile, Orquestra da Universidade de Santiago de Chile, ou cas Orquestras Sinfónicas de Mendoza Argentina, Lima Perú, Ingolstad e de Kaiserslautern en Alemania, Orquestra Filarmonía das Beiras en Portugal e a Orquestra do Gran Teatro del Liceo en Barcelona.
Dende o ano 1999 hastr hoxe Montes efectúa diversas xiras de concertos como membro do Cuarteto de Guitarras de Chile, en distintos países de Centro e Sudamérica e en Europa, tamén dentro do marco de importantes festivais de guitarra como o Internacional de Guitarra da Habana organizado por Leo Brouwer. No 2004, como parte da sua primera xira por Alemania, actúa o Cuarteto de Guitarras de Chile na Philharmonie en Berlín.
Fixo 2 produccions dicográficas co Cuarteto de Guitarras de Chile para SVR en Chile e en novembro de 2006 graba a sua primeira producción como solista titulada Variaciones para Guitarra, con obras de Dowland, Weiss, Sor, Rodrigo e Britten.
Sebastián Montes obtivo diversos premios en concursos nacionais e internacionais, como o Liliana Pérez Corey (Santiago, Chile), Temporada del descubrimiento Orquestra Sinfónica de Chile (Santiago, Chile), Luis Sigall (Viña del Mar,Chile), Stotsemberg Guitar Competition (Los Angeles, USA), Festival Internacional de guitarra de la Habana (La Habana, Cuba), Concurso Internacional de guitarra Santa María de la Harmonía (Mar del Plata, Argentina), Concurso Internacional de guitarra de Entre Ríos (Entre Ríos, Argentina), Concurso Internacional de guitarra Luys Milán (Villa de L’Ollería, España), Festival Internacional de guitarra de Sernancelhe (Sernancelhe, Portugal) Concurso Internacional José Tomas Villa de Petrer (Alicante, España) ou Certamen Internacional de Guitarra Miguel Llobet (Barcelona, España).

Programa a interpretar en Sober
1ª Parte
Catro Pezas Latinoamericanas:
Baden Powel (Brasil): Retrato Brasileiro
Juan Antonio Sánchez ( Chile): Tonada por despedida
Joege Cardoso (Argentina): Milonga
Vicente Sojo (Venezuela): Galerón

Santiago Vera (Chile, 1950*)
Refocilaciones

Agustín Barrios (Paraguay 1885-1944)
A catedral
-Preludio
-Andante religioso
-Allegro solemne

2ª Parte
J.S.Bach (Alemania 1685-1750)
Sonata III BWV 1005
-Largo
-Allegro assai

J.K.Mertz (Austria 1806-1856)
Elexía

Joaquín Turina (España 1882-1949)
Homenaxe a Tárrega
Fantasía Sevillana


Xa para principios de Decembro está previsto un CONCERTO DE PIANO, que posiblemente se celebre na CASA DA CULTURA de Monforte ao non contar en Sober con un instrumento adecuado.