05/02/09

"PINGADOURO" DENUNCIA A INCORRECTA E CONFUSA SEÑALIZACION DO CANON DO SIL

A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.
O Canon do Sil é o lugar mais visitado de toda a Ribeira Sacra e un dos máis visitados de Galicia durante todo o ano. É un espacio protexido dentro da Red Natura 2000 e calificado como L.I.C. (Lugar de Interes Comunitario); abrangue as ribeiras do rio Sil dos Concellos ourensanos de Parada do Sil e Nogueira de Ramuin e dos lucenses de Sober (nun 90%) e Panton (10%). Esta zona protexida discurre unicamente dende o Santuario de Cadeiras en Pinol-Sober ata a xuntanza dos rios Sil e Miño en Os Peares.
A nefasta e confusa sialización feita dende sempre, viuse agora colmada coa colocación de paneis de xigantescas dimensións no lugar de Cambeo (Concello de Coles), no cruce das estradas nacionais N-525 e N-540 -concretamente no kilómetro 249 da N-525) indicando este importante e visitado punto turistico en dirección a Chantada. Esto ocasiona unha confusión aos visitantes que non pode ser admisible baixo ningun concepto e que demostra a falta total de coñecemento por parte de todas as persoas responsables da demarcación de carreteras do estado e ao tempo das empresas as que se encargan estos traballos, que por certo, ocasionan cuantiosos desembolsos económicos.
Ao mesmo tempo dende a N-120 a señalización deste importante punto de interese turistico estivo e segue a estar dende sempre mal señalizado. Tanto en direccción Ourense-Ponferrada como Ponferrada-Ourense o Cañon do Sil indicase nas saidas de Penalva e Os Peares na Provincia de Ourense e en Monforte na saida da estrada de Castro Caldelas na Provicia de Lugo. Nos dous primeiros casos as estradas de acceso ao Cañon do Sil son moi deficientes e estreitas e no caso de Monforte a estrada conduce o Rio Sil pero non ao CAÑON DO SIL. A única saida NATURAL, LOXICA e ao tempo COMODA para todo tipo de vehiculos é no kilometro 530 da estrada N-120 en CANABAL. Dende aqui pode accederse en calquera vehiculo (turismos ou autocares) en moi poucos minutos a multitude de puntos do propio CAÑON DO SIL (Cadeiras, Santiorxo, Bolmente-Cividade e O Boqueiriño- ou Os Chancís).
Pola presente queremos denunciar esta falta de criterio e ao tempo pedimos a retidada dos paneis erroneos e a colocación dos correspondentes paneis informativos en CANABAL.
Ao tempo dende a asociación PINGADOURO mostramos a nosa disposición para colaborar na subsanación deste "erro".
Sober a 5 de Febreiro de 2009.

REMITIRONSE COPIAS DO ESCRITO A DEMARCACION DE CARRETERAS DO ESTADO EN GALICIA E AS UNIDADES PROVINCIAIS DE CARRETERAS DO ESTADO EN LUGO E OURENSE.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A cousa ainda e peor. Agora señalizouse na N-120 no cruce de MELIAS o Canon do Sil (manda carallo) e a altura de Bazal (Panton), outro letreiro deses descomunais indica que o Canon do Sil está cara Ourense.

Anónimo dijo...

Ata hai pouco tempo ti eras concelleiro do PP, que pouco che importaban estas cousas.

Anónimo dijo...

Precisamente, se por algo destacou o seu tempo na concellalía foi pola preocupación polo patrimonio.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,