2/11/09

DO 7 AO 9 de NOVEMBRO XORNADAS MICOLOXICAS EN SOBER


A Agrupación Micoloxica Pingadouro celebrará un ano máis as suas XORNADAS MICOLOXICAS, que contaran co programa que se detalla a continuación:


VENRES 6: Polo serán recomendase sair ao campo a recoller setas para a exposición de sábado.


SABADO 7: Pola mañán saida ao campo e pola tarde ás 7 aproximadamente, montaxe da exposición e identificación de setas na casa da cultura. Sobre ás 8 da tarde teremos unha conferencia a cargo de JUAN CARLOS CAMPOS da Sociedade Micoloxica de Madrid titulada “PRINCIPAIS SETAS COMESTIBLES E TÓXICAS”.

Ao finalizar a charla degustaremos setas e faremos un magosto con viño de Amandi.


LUNS 9: Identificación comentada de Setas e charla de iniciación ao mundo da micoloxia para os alumnos do Colexio VIRXE DO CARME a cargo de micólogos da Sociedade Micolóxica de Madrid.



Como en anos anteriores e moi recomendable que o sábado pola mañan ou pola tarde traiades setas a Casa da Cultura, para facer unha identificación con expertos e logo unha exposición.


No hay comentarios: