2/11/09

SOBER ACOLLE UN CONCURSO DE XOVENES INTERPRETES DE CLARINETE

BASES do

1º CONCURSO DE CLARINETE DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER

Primeira: Ámbito de Participación.

Poderan participar neste certame tod@l@s clarinetistas nacid@s ou residentes en Galicia que non teñan cumpridos 25 anos con data anterior ao 1 de Xaneiro de 2010.

Segunda: Modalidades.

Establecense duas categorías:

A.- Clarinetistas nacid@s despois do 1 de Xaneiro de 1995.

B.- Clarinetistas nacid@s despois do 1 de Xaneiro de 1985.

Terceira: Premios:

Categoría A:

Un primerio premio de 300 Euros en material musical.

Un segundo premio de 150 Euros en material musical.

Categoría B:

Un primerio premio de 550 Euros.

Un segundo premio de 200 Euros.

Entregarase un obsequio e diploma acreditativo a tódolos participantes e trofeos ao primeiro e segundo clasificados en cada categoría.

Cuarta: Celebración do certame.

O Concurso terá lugar os días 12 e 13 de Decembro de 2009, no auditorio do Centro Sociocultural de Sober.

Establecense os seguintes horarios:

Fase eliminatoria: Sábado 12 de Decembro dende as 19,00 horas.

Semifinal: Domingo día 13 de Decembro dende as 11,30 horas.

Final: Domingo día 13 de Decembro dende as 19,00 horas. A final consistirá nun concertó de Clausura coa intervención dos finalistas.

Entregaranse os premios a finalización do concerto.

Quinta: Probas.

Fase eliminatoria:

Categoría A: interpretación dunha obra e/ou movemento cunha audición máxima por parte do xurado de 5 minutos.

Categoría B: intepretación dunha obra para clarinete solo cuna audición máxima por parte do xurado de 5 minutos.

Semifinal:

Categoría A:

Presentación dun programa do obras e/ou movementos cunha audición máxima por parte do xurado de 10 minutos.

Categoria B:

Presentación dun programa do obras e/ou movementos cunha audición máxima por parte do xurado de 20 minutos.


Final:

Categoria A:

Presentación dun programa do obras e/ou movementos cunha audición máxima por parte do xurado de 20 minutos.

Categoria B:

Presentación dun programa do obras e/ou movementos cunha audición máxima por parte do xurado de 30 minutos.

NOTAS:

No caso de interpretar obras con acompañamento este correra a cargo do concursante. Disporase dun piano na sala de audicions.

As obras e/ou movementos presentadas na fase eliminatoria non poderá ser repetidas na fase semifinal.

Co obxeto de incrementar a literatura galega escrita para clarinete, o xurado valorará a presentación de obras de autores galegos.

Sexta: Procedementos e dereitos de inscripción.

A inscripción no certame terá un custe de 5 Euros, e as solicitudes de inscripción formalizaranse remitindo o correspondente boletín ao seguinte enderezo:

XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER

Centro Sociocultural

27460-SOBER (Lugo)

Informacion no teléfono: 610054013


A solicitude acompañarase da seguinte documentación:

Fotocopia do DNI do solicitante (no caso de menores de idade, tamen fotocopia do DNI do tutor legal)

Breve currículo personal.

Xustificante do pago das taxas na conta de Xuventudes Musicais de Sober, no que apareza o nome do concursante.

Numero de conta: 2091 0144 41 3040002588

Relación de obras e /ou movementos que ten previsto interpretar en cada fase. Durante o certame debe de entregar ao xurado tres copias de cada obra e /ou movemento.

DATA LIMITE DE INSCRIPCION: 10 de Decembro de 2009.

Septimo: Composicion do xurado

O xurado estará composto por personalidades destacadas no ámbito musical galego.

Oitava:

A participación no certame supón a aceptación da totalidade das bases.