6/11/09

PINGADOURO CONVOCA UN CONCURSO DE DEBUXO ESCOLAR SOBRE MICOLOXIA


Dende a Agrupación Micolóxica PINGADOURO, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e coa finalidade de adentrar aos mais novos no mundo da naturaleza e máis en concreto na micoloxia, organizase por primeira ver un concurso de debuxo escolar que se rexerá polas seguintes
BASES:
Participantes:
Alumn@s matriculad@s en centros publicos ou privados de Infantil, Primaria e Educacion Especial de Galicia.
Tema:
O mundo da Micoloxia.
Categorias:
a.- Ensino Infantil.
b.- Ensino Primario.
c.- Ensino Espacial.
Material e tecnicas a empregar:
Os debuxos faranse en formato DIN A-4, en papel forte ou cartulina.
Podera utilizarse calquera tecnica: lápiz, ceras, acuarela, mosaico, rotulador, etc.
Somente se admitiran un máximo de dous debuxos por autor.
No dorso de cada traballo deberá figurar o nome e apelidos, idade, curso, centro de ensino no que esta matriculado, poboacion e un telefono de contacto do autor.
Premios:
Haberá tres premos por cada categoria.
1ª Un vale de 100 Euros en material escolar ou deportivo.
2º. Un vale de 60 Euros en material escolar ou deportivo
3ª Un vale de 30 Euros en material escolar ou deportivo.
Todolos participantes recibiran un obsequio e os gañadores os correspondentes diplomas acreditativos e trofeos.
Prazo de presentación:
Hata o 28 de Novembro no Centro Sociocultural de Sober..
Exposición:
A Agrupacion Micoloxica PINGADOURO fará unha exposición cos traballos presentados en data que se comunicará oportunamente.
Xurado:
Estará compuesto por especialistas en debuxo e micoloxia. O seu dictamen será inapelable.
Entrega de premios:
No Auditorio do Centro Sociocultural de Sober durante o Mes de Decembro en data e hora que se comunicará oportunamente.
O feito de participar implica a aceptación das bases do concurso.