9/8/07

A FEIRA DA ROSCA CHEGA A SUA XII EDICIÓN




A Feira da rosca de Sober, chega este ano a súa XII edición. Éste festexo gastronómico que poucoa pouco se foi consolidando celébrase sempre coincidindo coa primeira xornada de feira mensual do mes de Agosto (día 12) e naceu con dous obxetivos. Un foi o de recuperar ese producto propio das terras de Sober que estaba caseque desaparecido, xa que soio podian disfrutar del os veciños de Sober e familiares polas festas parroquiais e en segundo termo aproveitar unha xornada feiral de moitos visitantes para dar a coñecer ese elemento gastronómico soberino.




O programa previsto para o presente ano conta con tres actividades novidosas con respeto a anos anteriores: unha actuación de baile moderno, un grupo de contacontos e unha concentración de SEAT 600.




O prograda detallado é o seguinte:




DOMINGO 12 de AGOSTO




10.00: BOMBAS DE PALENQUE
10.15: APERTURA DE STANDS E ACTUACION CHARANGA
11.00: CONCENTRACION DE COCHES SEAT 600 CON PERCORRIDO POLO CONCELLO
11.45: ACTUACION DE MEDIA-PUNTA, GRUPO DE BAILE MODERNO
12.30: DEGUSTACION POPULAR DA ROSCA
13.00: CONTACONTOS “CANTA E CONTA”



Coa organización colaboran a Consellería de Cultura e Deporte, Queixos PRADO de Monforte e Clube 600 de Arcade a traves de Berto Pérez veciño de Sober e membro do citado club.

No hay comentarios: