23/8/07

O VENRES 24 PODERASE DOAR SANGUE EN SOBER



A unidade mobil do Centro de Transfusión de Galicia, pertencente Servicio Galego de Saúde desprazarase a Sober o Venres 24 de 7 a 9 da tarde para recibir a voluntarios doantes de sangue.
A unidade instalarase na praza do concello.
Tódalas persoas do concello que doaron noutras ocasións foron xa citadas polo Centro de Transfusión de Galicia. Nesta ocasión esperase que xente que está estos dias pasando as súas vacacións no concello poda aproximarse a capitalidade municipal para facer tamen a sua solidaria doazón.

No hay comentarios: