5/12/07

O CONSERVATORIO DE OURENSE LEMBRA AO COMPOSITOR ANGEL BARJA NO 20 CABODANO DO SEU PASAMENTO


O Departamento de Normalización Linguistica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, fara o próximo Mártes 18 de decembro ás 8 da tarde na sala de Organo, un sinxelo acto de lembranza do compositor ourensano Angel Barja ao cumplirse este ano o 20 cabodano da sua prematura morte. Barja está considerado un dos mellores compositores do estado español no seculo XX cunha more de premios de caracter internacional e máis de 500 obras escritas. Sen dúbida, e Barja un compositor admirado internacionalmente e caseque esquecido en Galicia, polo tanto tamen en Ourense, a sua terra natal. Pensamos que éste é un acto de xustiza. Ao tempo é unha actividade humilde - igual ca vida do propio compositor-.


O acto que terá lugar no Conservatorio de Ourense constará dunha pequena actuación da profesora de Organo Marisol Mendive e do coro Capela Madrigalista de Ourense en ambos casos con obras de Angel Barja e unha conferencia a cargo do musicologo Luis Costa.
Ao acto espera a asistencia de familiares de Barja, o Alcalde de Vilardevós, o Delegado de Cultura en Ourense e outras autoridades locais.

LUIS COSTA
Luís Costa é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999) e acadou o doutoramento na área de Música (USC, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director dende 2006. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado máis de unha trintena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colecticvas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea. É membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, e do Consello da Cultura Galega, desde 2000.

ANGEL BARJA IGLESIAS
Naceu en Santa Cruz de Terroso-Vilardevós o 5 de Outubro de 1938. Ós 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). No 1951 ingresou na Congregación dos PP. Redentoristas, dando comezo a súa actividade como compositor de música coral, xenero que chegou a abarcar máis da metade da sua extensa obra, que chega os 500 títulos. No 1967 trasladouse a Italia para ampliar a sua formación musical. Coa mesma finalidade viaxou por Austria e Suiza. A sua volta de Roma faise cargo da Capilla Clásica de Léón coa que da máis de 200 concertos en 15 anos. No 1978 asentase definitivamente en León, donde contrae matrimónio con Begoña Alonso. Logo intensificou a sua actividade musical: compondo música para piano, órgano, orquestra de cámara, orquestra sinfónica, música para nenos, e harmonizando un sinfín de melodías, moitas delas galegas.
Foi profesor de Harmonía, Formas Musicais e Conxunto Coral no Conservatorio de León. Ao tempo imparte numerosos ciclos de conferencia sobre música. No 1985 ingresa no corpo de Profesores de música de Bacharelato. Finou o 12 de Febreiro de 1987, poucos días dempois de ser nomeado “Leonés del año” e Fillo adoptivo da cidade de León.
Recibiu numerosos premios; entre outros, o Premio Nacional de Composición Polifónica pola sua obra Madrigal, Internacional de Composición Organística, Internacional de Composición Polifónica de Tolosa, Nacional de Composición de Zamora, Composición Coral de San Vicente de la Barquera, Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada ou Internacional Ciudad de Segorbe.

No hay comentarios: