22/1/08

CAPTURAN SETE ZORROS EN PROENDOS NA PRIMEIRA XORNADA DE CAZA



O pasado domingo día 20 de Xaneiro (día de San Sebastian), unha pandilla de cazadores, socios do coto de caza de Sober, capturaron un total de sete raposos (zorros) nunha pequena area da Parroquia de Proendos, concretamente na zona entre o campo da festa, Vilastrille, Froxan e Mer.

De todos é sabido que nos últimos meses a cantidade de zorros no concello de Sober aumentou moito. Para nós o zorro e un animal fermoso e apesares do dano que poida facer, cremos que deberían de controlarse as batidas. Non é facil que se acaben pero pode ser que abatan demasiados exemplares e voltemos a pasar uns anos con moi poucos exemplares polos nosos montes. Sabemos que os cazadores non estaran de acordo, pero cada un ten o seu pensamento.

De seguro que as batidas continuaran durante toda a tempada e que os cazadores iran peinado pouco a pouco diferentes zonas do concello. Xa informaremos ao final do número de exemplares que cairon durante o ano, que de seguro será estremadamente esaxerado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estou totalmente en contra da caza masiva de zorros( case podería afirmar da caza en xeral). A natureza regálanos exemplares tan fermosos e necesarios que ninguén debería quitarlles a vida por placer. Ademais nesta época en que todas as galiñas están ben gardadas...¿que dano tan irreparable fan para matalos?. ¡E logo queremos que nos consideren un país civilizado¡. Non entendo, non poderei entender nunca que se poida matar por puro placer .

E todo o chumbo que queda nos montes ¿quen o recolle?.

¡pobres raposos¡ ¡ e pobres aqueles que teñen que matar para sentirse ben¡ Se por uns días se poideran trocar nos animais que eliminan, quizais deixarían de buscar excusas para seguir matando en aras dun "deporte" que moitos non consideramos como tal.