
A parroquia de Santo Estevo de Anllo, festexara dende o venres 6 ata o domingo 8 as suas festas maiores. O San Anton, non é o patron da parroquia pero os festexos máis importantes sempre foron o do Santo de Xunio. Non fai moitos anos que a competencia con Bolmente era a propia de parroquias limítrofes pero agora, e dende fai unha vintena, acordouse alternar ano a ano os festexos coa semana máis próxima ao 13 de Xuño, asi este ano Anllo estará de festas entre o 6 e o 9 e Bolmente pola sua parte festexará a San Anton do 13 ao 15.
Os veciños de Anllo teñen previsto amais dos habituais bailes de tarde e noite durante as tres xornadas, actividades relixiosas coas correspondentes procesións o sábado e domingo e unha pancetada gratuita na tarde-noite do venres.
1 comentario:
Hola Guitian xa sabes en que casa da parroquia de Bolmente contamos contigo e ca tua Amada para xantar e celebrar o S.Antonio.Unha aperta
Publicar un comentario