2/6/08

VISITA O CARBALLO MAIS GRANDE DO MUNDO


Onte domingo, polo seran, tiven a sorte de coñecer un dos seres vivos máis vellos do mundo, amais tratábase dun veciño cecano: O CARBALLO DO PAZO DE CARTELOS, en Carballedo. O Alfonso Campos, o Pepe Carrelo de Vilaescura e o Ramon da Pilariña de Vilastrille foron os tres compañeiros de viaxe. O Pepe Carrelo, xa o vira noutras ocasións e fai tempo que queria volver a velo e ensinarnolo a nos. Ao fin fixoo realidade.

Chegamos a Cartelos e xa os carballos que había xunto a Igrexa eran fenomenos naturais. Logo de preguntar varias veces e de dar varias voltas, entramos na carballeira do Pazo: sin duda ¡FENOMENAL!. Eu creo que arredor de trescentos carballos milenarios existen na finca do pazo, cada cal máis grande e máis alto. Case non sabiamos cal era o que andabamos a buscar. Ao fin, atopamos o exemplar que perseguiamos: simplesmente UNICO.
FOI DOS VIAXES QUE MÁIS MERECEU A PENA FACER. Unha magoa e o detrupado que esta a carballeira e moitos exemplares a punto de desaparecer por non seren podados e coidados. Algo haberá que facer.
Logo de visitar o pazo, que estaba en restauración, e o parecer ao morrer o dono quedou a medias, tomamos un cafe na Barrela e fumos ver outro exemplar na parroquia de Carballedo, o carballo do HERDEIRO. Éste exemplar non tiña a altura do anteriores, pero de tronco, posiblesmente fora ainda maior.

En referencia ao carballo de Cartelos atope os seguintes datos:

"Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo) , subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 12 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo en Suiza de 930 anos. Todo esto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda (Ourense).

AI QUEDA ESO. ¡MANDA CARALLO....! DIGO: "¡MANDA CARBALLO!".
A foto, atopeina en Internet, pero non nos di o que verdadeiramente é o carballo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

hoxe, 5 de Xunio Dia Mundial do Medio Ambiente, pregamos que se tomen medidas de protección pola CARBALLEIRA DE CARTELOS y en especial polo magnífico CARBALLO.