12/6/08

EXITO DA "I CARREIRA POPULAR DE SOBER"


Sober celebrou o pasdado domingo a sua primeira carreira popular, na que a pesares da chuvia a hora da saida participaron preto de 200 persoas. Entre os participantes destacar as boas marcas dalguns deles.
En distancias largas, o campeón absoluto foi Juan Pena Holguín, seguido de José Seoane Sánchez. Na segunda categoría repetiron ambos cos dous primeiros postos. Na terceira categoría, o mellor foi José Manuel Corral López, seguido de Jesús Fernández como segundo clasificado. José Rodríguez González gañou na cuarta categoría, e José Fernández Amorín na quinta. Na sexta e última categoría da modalidade absoluta, Ramiro Méndez foi o primeiro.
En distancias cortas, na primeira categoría Ramón González Vázquez non tivo rival. Hugo Pérez Madarnás gañou na segunda categoría, e Álvaro Arias na terceira. En mulleres, Cintia Carnero Salvador foi primeira, mentras que Nair González acabou segunda. A corredora máis xoven foi a monfortina Noa Díaz Quintián, e o máis veterano, o ferrolano Julio Bernal, con 89 años, que demostrou estar moi en forma.

Na imaxe o gañador absoluto da careira, o lucense Juan Pena Holguín.