17/11/08

AS XORANDAS MICOLOXICAS DE SOBER RESULTARON TODO UN ÉXITO

















A nova edición das XORNADAS MICOLOXICAS de SOBER que organizaou a Agrupación Micoloxico-Naturista "PINGADOURO", resultou unha vez máis un exito. O xoves LEOPOLDO SANMARTIN, o antigo crego de Sindran e fundador de "OS LACTOUROS" de Monforte dirixiu unha saida o campo con alumnos da Escola de Hostelería de Rosende; ao tempo impartiu unha interesante charla de iniciación no Colexio "VIRXE DO CARME" e tamen adicou a tarde a identificar e comentar distintas caracteristicas de fungos con alumnos da Escola de Hostelería de Rosende.

O sábado o micologo OSCAR REQUEJO MARTINEZ, membro do Grupo Micoloxico Galego, foi o encargado de dirixir unha moi interesante saida ao campo. Durante a mañá da xornada conseguiuse reunir un total de 81 especies que logo formaron unha interesante exposición na Casa da Cultura de Sober. Durante a xornada de tarde o propio Oscar Requejo se encargou de identificar cada una das especies e montar a exposición. As 8 da tarde arredor de 70 persoas participaron na charla que ofreceu o profesor Requejo titulada "COGUMELOS NOS ECOSISTEMAS GALEGOS", unha vez rematada a charla os asistentes participaron nunha degustación de cogumelos con Viño de Amandi; entre outros pratos habia empanada de rosca con chourizo e panceta, empanadas de bacallao, carne e atun, tortillas, guiso (todos estes pratos feitos con cogumelos), rosca de Millan con queixo do pais, castañas e finalmente unha queimada na que non faltaron as setas; por certo, unha das setas que se votaron na queimada foi unha Amanita Muscaria, coa que se pretendía dar algo de "color" a festa.

Todo resultou un exito e por suposto estamos con ilusion e ganas de que chegue unha nova tempada.

Nota: Adxuntamos fotos de nosos socios e as tres últimas de Alberto de La Voz de Galicia.