28/11/08

XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, ANUNCIA UN CONCERTO EXTRAORDINARIO DE PIANO NA CASA DA CULTURA DE MONFORTE PARA O 6 DE DECEMBRO


Xuventudes Musicais de Sober, ten programado para o sábado 6 de Decembro, as 8 e cuarto da tarde na Casa da Cultura de Monforte un CONCERTO EXTRAORDINARIO DE PIANO en colaboración coa Sociedade Filarmonica de Monforte.

Como nun princio se previa este concerto faise en Monforte co piano propiedade da filarmonica monforteina por non contar en Sober cun istrumento adecuado.

O concerto estará a cargo da concertista madrileña Noelia Fernández Rodiles.

Transcribimos a sua biografía e o programa a interpretar.


NOELIA FERNANDEZ RODILES
Nace en Oviedo en 1985. Inicia os seus estudios no conservatorio “Julián Orbón” de Avilés, finalizando o grado medio de piano e viola coas máximas calificacions. Continúa os estudios de piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid coa Profesora Ana Guijarro e na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” de Berlín coa Profesora Galina Iwanzowa. En 2007 finaliza o Grado Superior con Matrícula de Honrra.
Dende o curso 2007-08 e alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid, e na cátedra dos profesores Dimitri Bashkirov e Claudio Martínez Mehner.
Recibiu clases maxistrais dos mestres Daniel Barenboim, Joaquín Achúcarro, Salomon Mikowski, Joaquín Soriano, Alexander Kandelaki, Bruce Brubaker, Galina Eguiazarova, Julian Martin e Blanca Uribe, entre outros.
Obtivo primeiros premios nos concursos de Palma de Mallorca, Ciutat de Carlet, Jacinto Guerrero de Toledo e Ricard Viñes de Lléida, entre outros, así como segundos premios nos concursos Ciutat de Manresa, Blüthner e Veguellina de Órbigo.
Actuou como solista con diversas orquestras: a Julián Orbón de Avilés, a Sinfónica do Principado de Asturias, a Sinfónica de Extremadura, a Orquestra do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, a Sinfónica Iuventas e a Orquestra Presjovem.
Ofreceu recitais no Auditorio Nacional de Madrid, no Príncipe Felipe de Oviedo, Auditori Enric Granados de Lléida, Fundación Marcelino Botín de Santander, Auditorio Ciudad de León entre otros, así como en diferentes cidades de Alemania e Polonia.
Pianista acompañante do Curso Internacional de Música de Avilés, da Escola para Xóves Músicos Ciudad de Lucena e do curso Internacional “Nueva Generación Musical” da Granxa (Segovia).

Programa para o concerto do 6 de Decembro

Johann Sebastian Bach (1685-1750):
Preludio e Fuga nº 14 en fa# menor [Primeiro Libro] BWV859 (1722)
Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Sonata nº 9, en mi mayor, op. 14 nº 1 (1798):
Allegro
Allegreto
Rondo. Allegro comodo

Isaac Albéniz (1860-1909):
Suite Iberia: 2º Caderno: Almería (1906)
*******
Robert Schumann (1810-1856):
Kinderszenen [Esceas de nenos], op. 15 (1838):
Von fremden Landern und Menschen [De terras e xentes extranas]
Curiose Geschichte [Curiosa historia]
Hasche-Mann [Xugando ao escondite]
Bittendes Kind [Súplica infantil]
Glückes genug [Casi feliz]
Wichtige Begebenheit [Un gran acontecemento]
Traumerei [Ensono]
Am Kamin [Xunto a chimenea]
Ritter vom Steckenpferd [O cabaleiro do cabaliño de xoguete]
Fast zu ernst [Demasiado serio]
Furchtenmachen [O coco]
Kind im Einschlummern [O neno dormese]
Der Dichter spricht [Fala o poeta]
Robert Schumann (1810-1856), arr. Franz Liszt (1811-1886)

Widmung (Liebeslied), Op 25 No 1 S566a
Frühlingsnacht, Op 39 No 12 S568
Giuseppe Verdi (1813-1901):
Rigoletto ‘Paraphrase de Concert’ S434 (arr. Franz Liszt)

No hay comentarios: