11/11/08

AS XORNADAS MICOLOXICAS DE SOBER SERAN ENTRE O 13 e 15 DE NOVEMBRO


A Agrupacion Micoloxica "PINGADOURO" de Sober, ten perfiladas a suas XORNADAS MICOLOXICAS para os días 13, 14 e 15 de Novembro.


O programa de actividades será o seguinte:

Xoves 13
- Ás 10,30 saida o campo guiada por LEOPOLDO SANMARTIN -fundador de “OS LACTOUROS” de Monforte-, para alumnos da ESCOLA DE HOSTELERIA DE ROSENDE.
- Ás 12,15 Identificación comentada das setas recollidas e CONFERENCIA de LEOPOLDO SANMARTIN titulada “ADENTRANDOSE NO MUNDO DAS SETAS”, no COLEXIO “VIRXE DO CARME”.
Venres 14
- Ás 10,30 e 16,30 saidas o campo.
Sábado 15
- Ás 10,00 horas saída o campo dende a praza do Concello de Sober.
- Ás 18,00 horas identificación de setas e montaxe de exposición.
- Ás 20,00 horas CONFERENCIA de OSCAR REQUEJO MARTINEZ do GRUPO MICOLOXICO GALEGO, titulada “COGOMELOS NOS ECOSISTEMAS GALEGOS”
- Ás 21,00 horas degustación de cogumelos.
As actividades deste día no Centro Sociocultural de Sober.

Dende 1986, e por iniciativa da Asociación PINGADOURO, Sober pode disfrutar das setas (coñecelas e degustalas).