18/6/08

A BANDA DE SOBER OFRECEU CONCERTOS DIDACTICOS EN PANTON E SOBER


A Banda de Música de Sober, baixo a batuta de Miguel Franqueiro, ofreceu sendos concertos didacticos nos centros culturais de Panton e Sober. Os concertos organizados pola Escola de Música de Sober contaron coa a sistencia de preto de 200 alunnos de diversos centros de ensino da comarca de Lemos. En concreto no concerto de Pantón asistiron os alumnos do colexio Monte Valiño e da Galescola de Ferreira. Ao concerto de Sober acudiron alumnos do Coelxio Virxe do Carme e do PAI (gardería) de Sober, do IES A Pinguela de Monforte, e dos Colexios de Escairon e Boveda. Un dos obxetivos dos concertos era o de captar alumnos para a Escola de Música de Sober e posible incorporación posterior a Banda de Música de Sober..

Os rapaces pasárono en grande escoitando as bandas sonoras de películas como Indiana Jones ó tempo que poideron coñecer algo máis sobre os instrumentos utilizados. Varios pequenos tamen tiveron a experiencia de dirixir a propia banda.

12/6/08

O SAN ANTON DE BOLMENTE ENTRE O 13 E O 15 DE XUÑO





A parroquia se Santa Maria de Bolmente ten todo ultimado fai xa semanas para os festexos de San Anton.

Os actos previstos son:


Venres 13, a unha e media de mediodia Misa Cantada, a finalización sesión vermú coa orquestra NEBRASCA, plo seran PANCETADA e bale de tarde -noite con NEBRASCA.



Sábado 14, ás duas da tarde Misa con Procesión, logo sesión vermú c grupo MIRAMAR que será o encargado do baile de tarde-noite.



Domingo 15, o mismo horario do sábado pero neste caso será a orquestra CIBELES a que poña a nota musical.



BOA FESTA PRA TODOS: VECIÑOS E VISITANTES.



A fermosa foto de Carlos Ruada amosanos a Pena de Don Pedro na Ribeira de Bolmente.

EXITO DA "I CARREIRA POPULAR DE SOBER"


Sober celebrou o pasdado domingo a sua primeira carreira popular, na que a pesares da chuvia a hora da saida participaron preto de 200 persoas. Entre os participantes destacar as boas marcas dalguns deles.
En distancias largas, o campeón absoluto foi Juan Pena Holguín, seguido de José Seoane Sánchez. Na segunda categoría repetiron ambos cos dous primeiros postos. Na terceira categoría, o mellor foi José Manuel Corral López, seguido de Jesús Fernández como segundo clasificado. José Rodríguez González gañou na cuarta categoría, e José Fernández Amorín na quinta. Na sexta e última categoría da modalidade absoluta, Ramiro Méndez foi o primeiro.
En distancias cortas, na primeira categoría Ramón González Vázquez non tivo rival. Hugo Pérez Madarnás gañou na segunda categoría, e Álvaro Arias na terceira. En mulleres, Cintia Carnero Salvador foi primeira, mentras que Nair González acabou segunda. A corredora máis xoven foi a monfortina Noa Díaz Quintián, e o máis veterano, o ferrolano Julio Bernal, con 89 años, que demostrou estar moi en forma.

Na imaxe o gañador absoluto da careira, o lucense Juan Pena Holguín.

9/6/08

XUVENTUDES MUSICAIS DE ESPAÑA CELEBRARÁ EN SOBER A ASAMBLEA NACIONAL DE 2009



Na asamblea xeral celebnada o pasado fin de semana en Menorca, un dos acordos tomados polos participantes foi o celebrar a asamblea nacional de 2009 en Sober.

Sen dubida un acontecemento de tal magnitude, será un fito histórico para o noso concello.

A tradicion musical do noso Sober, vai quedar agora xa con letras de ouro na historia da musica mundial con este feito musical. Na asamblea que estará rodeada de actividades participaran arredor de 100 persoas de asociacions locais de todo o estado español.

Na asamblea de Menorca, tamen se acordou que o doutor catalan Jordi Roch, presida por outros catro anos as Xuventudes Musicais de España, este musicólogo catalan leva xa máis de 30 ao fronte da entidade.
A reelección fixose no Hotel Port Ciutadella, na localidade menorquina de Ciutadella o pasado domingo.

En total emitironse 120 votos, correspondientes as asociaciones de Juventudes Musicales de España presentes na asamblea (representadas por 67 delegados). Cabe mencionar que cada asociación que vota non ten un voto, senon que o número de votos que emite depende do número de socios. Jordi Roch obtuvo 80 votos a favor, 24 en branco e 16 en contra.
Na asamblea, o presidente reelexido manifestou non volver a presentarse para optar a presidencia, sendo a de preparar a entidade para ese cambio dentro de catro anos un dos seus traballos neste período.
Outro punto destacado nos acordos das Juventudes Musicales de España foi, a través dunha modificación nos estatutos, a de abrir a porta a que un xerente executivo, con voz pero sin voto e como cargo remunerado, se integre no Consello de Dirección.
Para o musicólogo catalán, que obtivo en Ciutadella o 66,6 por cento dos sufraxios, “Menorca es un claro ejemplo de por dónde debe ir el futuro de la asociación a nivel nacional e internacional”
Jordi Roch Bosch (Barcelona, 1931) foi reelexido o domingo presidente das Juventudes Musicales de España (JME) por undécima vez consecutiva. A candidatura de Roch, foi a única que se presentou. Esta elección, e a votación das conclusions finais, foron lo últimos actos da asamblea xeral de JME, que foi na poboación occidental de Menorca. Jordi Roch empezou no 1957 como presidente das JJMM da sua cidade natal, cargo no que permaneceu ata 1976. Tamén fundou a asociación en Catalunya, anque pronto a deixou notras mans, xa que se adicou de cheo as JME. Reprodudimos textualmente parte dunha entrevista ao doctor Roch, que consideramos moi importante:
“Juventudes Musicales de España se creo porque era la que podía dar proyección internacional a nuestra música y sus intérpretes”, dela é presidente dende 1964. "Estábamos en pleno franquismo y mi llegada a JME fue una auténtica revolución. La asociación tenía, por aquel entonces, su sede en Madrid y era absolutamente inoperante. Y yo decidí trasladarla a Barcelona, porque era muy importante tener una puerta abierta hacia Europa. No fué una medida muy popular, en aquella época, pero, nos ayudaron mucho nuestros compañeros de Extremadura. Recuerdo que celebramos una asamblea general en Badajoz y el entonces presidente de JJMM de Badajoz, que era fiscal, fue a hablar con su compañero de carrera, Arias Navarro, y le convenció de que éramos “inofensivos”, de que sólo se trataba de “cuatro que tocaban la flauta”. Pero la verdad es que en Catalunya había una gran expansión del movimiento de JJMM. Después de la de Barcelona, creamos las asociaciones de Terrassa, Sabadell, Igualada, Mataró. Y más tarde vinieron las de Balears. .Y así, poco a poco, fue tejiéndose esta gran familia, pero con muchas dificultades. En aquellos tiempos, la gente viajaba poco y se reunía menos todavía. A las asambleas, venía el de Sevilla, alguna vez el de Granada, los extremeños y cuatro más. Pero formábamos una red algo “contestataria”. El vicepresidente de JJMM de Extremadura era Dionisio Ridruejo. Y en Catalunya, en donde ya estábamos más organizados, también había muchos asociados muy críticos con el régimen. Y con las cuotas de los socios de Barcelona manteníamos el movimiento a nivel nacional. Nos reuníamos cada vez en un sitio distinto, asistíamos a congresos en el extranjero, y realizábamos intercambios y giras a nivel internacional, y también nacional. Bueno, es que en realidad JJMM ya tuvo desde sus inicios este carácter. Como “marca” internacional, nuestra fundación fue creada en Bélgica, en la época de la ocupación alemana, en la que se estaba urdiendo un plan para captar a los jóvenes hacia el mundo nazi. Y nuestro fundador, Marcel Cuvelier, supo “darle la vuelta” a la cuestión y creó las “Jeunesses Musicales”, porque la música ha sido tomada siempre como “inofensiva”. Y a partir de ahí, Bélgica, con Francia y Luxemburgo, fundó la Federación Internacional de las JJMM. Esa gran familia . En efecto, y como toda gran familia, es muy diversa. Cada asociación, local, territorial o nacional tiene sus propias apetencias y va a buscar aquello que más le interesa. Ahora bien, tenemos un denominador común, que es nuestra preocupación por hacer llegar la música clásica a la juventud. Esto lo estamos viendo ahora, en muchos lugares con los conciertos escolares. Ésta fue la principal resolución de nuestra asamblea mundial celebrada en 2007 en Bélgica. Debemos promocionar nuestros jóvenes valores, a la vez que organizamos grandes festivales. Debemos mejorar nuestra comunicación con la sociedad en general y obtener así una mayor difusión de todas nuestras actividades. JJMM, una realidad muy diversa en cada territorio. No hay dos Juventudes Musicales iguales. Así lo asegura Jordi Roch y así se pudo comprobar ayer en el Hotel Port Ciutadella.
Entre as actividades que se celebraran en Sober o ultimo fin de semana de Maio ou o primeiro de Xuño de 2009, haberá concertos de primeiro nivel, unha viaxe musical en Catamaran e varias actividades alternativas as reunions en si do pleno de Xuventudes Musicais e do Consello de dirección. Espera a aistencia de autoridades do Estado, daXunta, da Deputación e do Concello de Sober.

5/6/08

PRETO DE 200 PERSOAS PARTICIPARAN NA "I CARREIRA POPULAR DE SOBER", QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 8 DE XUÑO


Preto de duascentas persoas estaban inscriptas a día de hoxe (5 de Xuño), a primeira hora para a "I CARREIRA POPULARE DE SOBER", que terá lugar o domingo día 8.

Como curiosidade decir que un dos participantes, un ferrolano de 89 anos anotouse para a categoria superior de 9 kilómetros e medio.

As bases da proba son:

Poderán participar nas distintas probas todos aqueles que o desexen, tanto si son atletas federados ou non federados como calquera persoa que queira disfrutar deste evento deportivo. Haberá unha sola clasificación conxunta nas distintas distancias e percorridos.
Só se poderá participar nunca das probas propostas.
Todolos participantes terán asignado un dorsal, que se corresponderá ca categoría e distancia a recorrer, o cal deberá ir colocado no peito e terá que ser visible durante todo o desenrrolo da proba.

Todo corredor que chegue a liña de meta sen o seu dorsal será automáticamente descalificado.
A organización poderá establecer controis durante o transcurso das probas, polos cales teran que pasar os distintos participantes para non ser descalificados.
O control da chegada para a proba de 9500m, cerrarase 50 minutos despois de chegar o 1º clasificado xeral, independientemente en homes e mulleres.
Todolos participantes deberán colocarse na liña de saida 5 minutos antes do comenzo da sua proba, sita na praza do concello.
Haberá habituallamiento líquido o remate das distintas probas.
A organización facilitará un servicio de duchas a disposición de todolos participantes o finalizar as probas.

A inscripción poderá formalizarse no propio concello de Sober, de luns a venres entre as 12:00 h e as 14:00 h , tamén se poderán inscribir por teléfono chamando os números 982460001-677422529 .Enviando os seguintes datos: Nome, Apelidos, Sexo, Localidad e Provincia, Data de nacemento, Distancia e categoría na que vai a participar e teléfono de contacto.
A INSCRIPCION E TOTALMENTE GRATUITA.
O prazo de inscripción PECHARASE O XOVES 5 DE XUÑO AS 24:00 H .
Haberá premios para os primeiros clasificados de cada distancia e categoría.
Os premios serán entregados na praza do Concello unha vez finalizadas todalas probas.

- Horarios comenzo das probas:

Distancias cortas
1ª Categoría --- 10:30 h 5ª Categoría --- 11:20 h
2ª “ --- 10:40 h 6ª “ --- 11:20 h
3ª “ --- 10:50 h
4ª “ --- 11:05 h

Distancias largas
Circuito 9500 m ----- 11:55 h

A organización non se fai responsible dos danos morales, materials e/ou económicos
derivados da participación nesta carreira popular.
O descoñocemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

ANLLO SANTO ESTEVO FESTEXA A SAN ANTON DENDE O VENRES


A parroquia de Santo Estevo de Anllo, festexara dende o venres 6 ata o domingo 8 as suas festas maiores. O San Anton, non é o patron da parroquia pero os festexos máis importantes sempre foron o do Santo de Xunio. Non fai moitos anos que a competencia con Bolmente era a propia de parroquias limítrofes pero agora, e dende fai unha vintena, acordouse alternar ano a ano os festexos coa semana máis próxima ao 13 de Xuño, asi este ano Anllo estará de festas entre o 6 e o 9 e Bolmente pola sua parte festexará a San Anton do 13 ao 15.
Os veciños de Anllo teñen previsto amais dos habituais bailes de tarde e noite durante as tres xornadas, actividades relixiosas coas correspondentes procesións o sábado e domingo e unha pancetada gratuita na tarde-noite do venres.

2/6/08

VISITA O CARBALLO MAIS GRANDE DO MUNDO


Onte domingo, polo seran, tiven a sorte de coñecer un dos seres vivos máis vellos do mundo, amais tratábase dun veciño cecano: O CARBALLO DO PAZO DE CARTELOS, en Carballedo. O Alfonso Campos, o Pepe Carrelo de Vilaescura e o Ramon da Pilariña de Vilastrille foron os tres compañeiros de viaxe. O Pepe Carrelo, xa o vira noutras ocasións e fai tempo que queria volver a velo e ensinarnolo a nos. Ao fin fixoo realidade.

Chegamos a Cartelos e xa os carballos que había xunto a Igrexa eran fenomenos naturais. Logo de preguntar varias veces e de dar varias voltas, entramos na carballeira do Pazo: sin duda ¡FENOMENAL!. Eu creo que arredor de trescentos carballos milenarios existen na finca do pazo, cada cal máis grande e máis alto. Case non sabiamos cal era o que andabamos a buscar. Ao fin, atopamos o exemplar que perseguiamos: simplesmente UNICO.
FOI DOS VIAXES QUE MÁIS MERECEU A PENA FACER. Unha magoa e o detrupado que esta a carballeira e moitos exemplares a punto de desaparecer por non seren podados e coidados. Algo haberá que facer.
Logo de visitar o pazo, que estaba en restauración, e o parecer ao morrer o dono quedou a medias, tomamos un cafe na Barrela e fumos ver outro exemplar na parroquia de Carballedo, o carballo do HERDEIRO. Éste exemplar non tiña a altura do anteriores, pero de tronco, posiblesmente fora ainda maior.

En referencia ao carballo de Cartelos atope os seguintes datos:

"Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo) , subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 12 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo en Suiza de 930 anos. Todo esto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda (Ourense).

AI QUEDA ESO. ¡MANDA CARALLO....! DIGO: "¡MANDA CARBALLO!".
A foto, atopeina en Internet, pero non nos di o que verdadeiramente é o carballo.