O Nadal deu comenzo en Sober coa instalación dunha árbore de Nadal colocada na Praza do Concello e formada por máis de 1.000 botellas de viño -vacias- de tódalas adegas do Concello de Sober pertenecentes a subzona de Amandi dentro da D.O. Ribeira Sacra. Sen dubida a arbore está a chamar moito a atención dos viandantes e será un elemento decorativo destacado da comarca de Lemos nestas datas de Nadal.
En canto as actividades previstas para as datas de Nadal son as seguintes:
Concerto da Escola Municipal de Música e da Banda de Música de Sober o sábado 15 as 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura.
Concursos de postais, belens, poesía e decoración de balcons; información na Casa do Concello (Paula Abelleira).
Excursión para os rapaces ao centro de ocio Xovelugo.
Torneo de fútbol sete alevín Terras de Amandi -o sábado 29- .
Xornadas de tenis de mesa e voleibol dende o día 2 ao 4 de Xaneiro.
Haberá tamen unha visita de Papá Noel, o 15 de dicembro aproveirando o concerto da Escola e Banda de Música.
Nota.- Na foto de Ana Rodriguez de La Voz de Galica en Monforte, vemos un momento da colocación de botellas na arbore da Praza do Concello de Sober.
1 comentario:
Noraboa. todos os contidos de interese, aínda máis para os que somos de cerca. É unha maneira de cinguir ós que queremos facer algo pola nosa localidade. Foi un pracer, e seguira séndoo, visitarvos.
Publicar un comentario