19/9/07

BALANCE POSITIVO DAS FESTAS DE SOBER


As festas do Carme que se celebraron na capitalidade do concello durante o pasado fin de seman, finalizaron con un balance positivo.
Os organizadores mostraron certa preocupación pola falta de apoio tanto institucional como do vecindario. As coutos dos veciños foron iguais ou menores que en anos anteriores e o concello aporta 3.600 euros, a cantidade máis pequena de todos os concellos da comarca e a mesma dende fai anos. A pesares de todo, o traballo feito polo grupo de xoves que forman a comisión organizadora durante varios meses e o bar que instalaron no recinto durante as festas parece que fai que o tema económico quede resolto.

Polo que respecta as actividades festivas, podemos calificar os festexos de éxito. A musica boa en lineas xerais destacando a actuación de "LOS SATELITES" e "JUAN MALLO", sin esquecer a boa actuación de "SAUDADE 73" , "ALIANZA", "FANTASIA" ou "CABARET". Tamen resultou moi positivo a actividade infantil programada para a tarde do sabado, a queimada do venres, a sesión de fogos do domingo a cargo de piroteccnia "Mourentan", a actuación da Banda de Música de Sober, os grupos de gaitas de Monforte, ou as actividades relixiosas principalmente na xornada do domingo. Este ano recuperouse a sesión vermú con orquestra -neste caso o sábabo-, e destacaron entre todas as actividades o TIRO DE CORDA do domingo polo serán e a PAELLADA XIGANTE do luns. Precisamente este acto foi o máis vistoso e deixou o veciños con un moi bó "sabor de boca". Máis de 300 persoas participaron na paellada que estaba previsto facer na praza do concello pero por temos a chuvia fixose na antigua sala de fiestas "Hito". Tanto na paellade como na queimada foi moi importante a colaboración do todoterreno "MARIO" de Carude que co seu equipo de son e o seu saber facer animou as duas actividades.

O cociñeiro da gran paellada foi José Arias , un veciño do Piñeiro de Bulso, que vive habitualmente en Suiza. Foron sesenta kilos de arroz, sepia,calamares, polo, pimientos, caldo de pescado,berberechos, langostinos ou mexilons entre outros ingredentes os que fixeron realidade a gran paella. Entre los asistentes comentouse que faltaba un pouco de sal, pero o cociñeiro xustificou este pequeno detalle pola xente máis maior, para que tamén poideran degustar o prato sen temer pola saude. En anos anteriores faciase unha pancetada e fai unha decada era unha sardiñada o habitual do luns das festas de Sober.

O material do cociñeiro foi feito para a ocasión. As palas eran de madeira de cerdeira e ciprés, e foron feitas polo carpinteiro de Sober Tomás Rodríguez . Agora están ben gardadas para telas a punto para la próxima paella que se fará o ano que próximo.