21/9/07

"PINGADOURO", ULTIMA UNHA EXCURSION A COMARCA DE CELANOVA

A Agrupación Micoloxica "PINGADOURO", ten preparada unha excursión a comarca de CELANOVA para un domingo entre fianis de Octubro e Novembro; o programa xa perfilado sería o seguinte:

Saida das Casitas da Compañía de MONFORTE ás 8,30 da mañá.
Parada en CANABAL (N-120), ás 8,40 e en FERREIRA (N-120) ás 8,45.

PROGRAMA DE VISITAS:
Concello de A MERCA:
- No lugar de A Merca, moi interesante e conservado conxunto de cabaceiros (horreos), preto de medio cento. Interesante Cruceiro de Vilar.
- En A Mezquita. Igrexa de San Pedro, románica do S. XII, con interesante boveda de crucería. É monumento nacional e considerase a máis importante obra do romanico rural da provincia de Ourense.
Concello de CARTELLE:
- Santuario de As Maravillas (S. XVIII), situado nun fermoso entorno natural.
- Igrexa barroca de Santa Baia de Anfeoz (S. XVIII), destaca un interesante campanario e un retabulo de 1807 obra de Juan Fernandez.
- Ponte de Freixo (no limite con Celanova, sobre o rio Arnoia). Ponte romana sen modificacions.
- Petroglifos de Freixo, conxunto de 5 gravados rupestres.
Concello de RAMIRÁS:
- Igrexa mosteiral de San Pedro. Romanica moi ben conservada con orixe no S.X.
Concello de CELANOVA:
- Santa Eufemia de Milmanda: Moi fermoso povo que conta con:
- Alcazar Medieval (orixe da actual Igrexa Parroquial)
- Peto de ánimas (dos máis grandes de Galicia)
- Conxunto de cabaceiros
- Casas con grandes balconadas e corredores.
- Duas igrexas; (a parroquial de Santa Eufemia, e outra barroca na honra de Santa María)
- Castromao: Castro dos de maior riqueza arqueolóxica (restos dos seculos VI a. de c. a II d. de c.) Foi excavado en diferentes epocas por Cuevillas, Ferro Couselo e García Rollán. Hai descovertas máis de 70 edificacións.
-CELANOVA:
- Mosteiro de San Salvador (San Rosendo). Destaca o retabulo maior da Igrexa con columnas salomónicas, furnas con restos de San Rosendo e San Torcuato, dous coros con fermosa sillería, un moi interesante relicario e un organo restaurado que fan soar en caseque todalas misas (vale moito a pena escoitalo), dous claustros, …
- Na parte traseira do mosteiro (antiga horta) temos a capela de San Miguel (mozárabe do S.X).
- Na vila podemos visitar a Praza Maior, Rua da Botica, Alameda, Casa de Curros Enriquez (no número 37 da rua do mesmo nome).
-VILANOVA DAS INFANTES: Núcleo de orixe medieval no que destaca:
-Torre do Castelo (hoxe centro comarcal),
-Conxunto de cabaceiros.
-Casas fidalgas.
-Cristo medieval na Igrexa Parroquial.
-Santuario da Virxe do Cristal .Unha diminuta imaxe que se atopa nunha especie de ovo de cristal. (¡unha miragre!).
-Palco de musica
-Peto de ánimas.

NOTAS.-
-O día 26 de Novembro de 2007 cumprense 1100 anos do nacemento de San Rosendo. Con éste motivo a Santa Sé concedeu “Ano Xubilar” ata ese día. Os que se acerquen a Celanova nese periodo gañaran as “indulxencias plenarias” concedidas polo papa Benedicto XVI.
-Ao estar en Terra de Poetas (Curros Enriquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Mendez Ferrin, …), caseque é obrigatorio recitar poemas en algunha das visitas.
-En Celenova hai varios Restaurantes. Os pratos máis caracteristicos son: Embutidos, Cocido, Lacon con Grelos, “Pata dos Poetas”, Licor Café e de Herbas , …

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes algunhas fotos dos petroglifos de freixo(concello de Cartelle) ou podes decirme como chegar?un sáudo.
uxiaromasanta@hotmail.com

Lapis-vermello dijo...

Que fotos mais bonitas. Nos dentro de 3 días imos de excursión. A verdade e que pasaba por aqui para saber algo mais sobre a historia de todo o que imos ver. Saúdos.