A capitalidade do concello vivirá dende este venres día 14 as suas Festas Maiores na honra da VIRXE DO CARME.
Os xoves que organizan os festexos fai meses que estan traballando e na ultima semana deixaron o programa completemente rematado.
Haberá actividades relixiosas, culturais, deportivas e musicais; un moi amplo abano de actividades que en lineas xerais desglosamos a continuación.
O xoves día 13 pola tarde haberá un partido de fútbol entre o SOBER e o LEMOS no campo de Centeás.
O venres día 14 darase inicio as festas cunha Misa na Igrexa de San Martiño a 1 da tarde e posterior traslado da imaxe da Virxe en procesión ata a Igrexa de Sober.
A partir das 11,30 da noite dará comenzo a primeira verbena que neste día estará amenizada pola orquestra FANTASIA.
No trascurso da festa farase un QUEIMADA para degustación de todolos asistentes.
O sábado 15, haberá bombas de palenque e pasarruas con unha CHARANGA a primerias horas da mañá, procesión polas ruas de Sober seguida de Misa Solenne a 1 de mediodía, as 2 sesion vermú coa orquestra ALIANZA.
Pola tarde celebraranse diversas actividades infantis na praza do concello e dende as 9 da noite baile coas orquestras ALIANZA e JUAN MALLO.
o domingo 16, iniciarase o día novamente con bombas de palenque e pasarruas , esta vez a cargo da BANDA DE MUSICA DE SOBER que ofrecerá un concerto ás 12,30.A 1,30 Procesión acompañada pola Banda de Sober seguida de Misa Solenne. As 2,30 sesión vermú coa Banda de Sober.
Pola tarde a partir das 7 concurso de TIRO DE CORDA. Dende as 9 da noite baile coas orquestras CABARET e LOS SATELITES. As 12 da noite unha gran sesión de FOGOS DE LUCERIA poderá contemplarse na praza do concello.
O luns 17, festa local no concello de Sober, iniciarase a xornada con pasarruas con un GRUPO DE GAITAS. As 12,30 haberá Misa, a 1,30 de mediodía sesion vermú co Grupo de Gaitas. Polo seran as 8,30 GRAN PAELLADA GRATUITA e a continuación ultimo baile, nesta ocasión coa orquestra SAUDADE 73.
¡¡FELICES FESTAS A TODOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario