5/9/07

TODO A PUNTO PARA A ROMAXE DE CADEIRAS




A romaxe na honra da Virxe de Cadeiras, ten fai meses perfilado o seu programa musical e nas ultimas horas os organizadores andan ultimando detalles para que todo estea a punto para o venres 7 pola tarde.


Sera o venres 7 ás 8 da tarde cando tras unha misa se traslade en procesión a imaxe da Virxe dende a Igrexa Parroquial de San Vicente de Pinol ata o Santuario; ali permanecerá ata que finalicen os festexos. Ese mesmo día 7 habera o primeiro baile coa orquestra "ALIANZA".


O sábado 8, xornada principal, habera pasaruas polos pobos da parroquia, misas rezadas dende as 10 da mañá e Misa Maior ás 2 da tarde con procesión. Ao remate da misa sesión vermu e pola tarde baile coas orquestras "CHARLESTON" e NEVADA". Heberá a media noite unha sesión de fogos de lucería e continuará o baile ata ben entrada a madruada.


O domingo 9 finalizara a romaxe con unha Misa Solenne con procesión ás 2 da tarde, logo sesión vermú e baile de tarde e noite coa orquestra "CASABLANCA".


Como é habitual centos de familias se reunen para comer nas inmediacións do Santuario no que se coñece por "corros"; fai xa semanas que moitos espazos estan reservados. Como sempre esta "Romaxe da Virxe de Cadeiras" é un exito asegurado.

No hay comentarios: