7/9/07

TERCEIRO CABODANO DE MANUEL MARIA


Este sábado, 8 de Setembro conmemórase o terceiro cabodano do poeta Manuel María. A Fundación que leva o seu nome, presidida por Alfonso Blanco organiza diversos actos en honra ao escritor da Terra Chá.
Nuhas declaracións recentes o Presidente da Fundación dixo "a palabra do poeta chairego é inmorrente". Blanco afirmou que "o Manuel sempre quixo que o lembrasen como a un penedo, un carballo de fortes raíces dos que hai na terra chá e en toda Galiza. A súa memoria segue viva e queremos seguir disfrutando da súa poesía, do seu teatro, da súa narrativa e de a súa estela de ben, porque, ante todo, Manuel María era un home comprometido co seu país".

O sábado terá lugar ás doce da mañá unha táboa redonda en Vilalba no muiño do Rañego sobre o libro " Os soños na gaiola " do que se celebran 30 anos da súa traducción ao portugués. Despois levantarase un monolito en memoria de Manuel Maria, ao carón do muíño do Rañego.

A xornada de actos en honra ao bardo chairego , continúa pola tarde cun recital que percorrerá diversos lugares de Outeiro de Rei para rematar no cemiterio cunha pregaria.

Posteriormente no Campo de Santa Isabel, rematarase a xornada co rito "A navalla do Manuel", no que se mesturaran os poemas do autor coa musica de A Quenlla ou Miro Casavella entre outros.
Lonxe de perderse no eco do pasado, a voz de Manuel María consolídase como unha das máis persoais dos anos sesenta e setenta en Galiza, cunha traxectoria que abrangueu todos os rexistros da lírica des que a primeiros dos anos cincuenta publicou Muiñeiro de brétemas, o primeiro libro en galego que saíu publicado despois da guerra civil.
Varias paxinas interesantes para escoitar e ler parte da sua obra:

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estades realmente encantadores, Luis e Laura, na foto de Terra e Tempo, organo oficial da UPG,vivir para ver, dous ppros de pro, máis de dereitas que Fraga, na foto cos upegallos.