23/11/07

SOBER É O CONCELLO MÁIS ENVELLECIDO DE ESPAÑA



O concello de Sober, figura como o concello máis envellecido de España según un estudo feito pola fundación BBVA que foi dado a coñecer moi recentemente. Este estudo fala unicamente de concellos do estado con máis de 2000 habitantes polo que non aparecen outros concellos galegos ainda máis envellecidos que Sober como é o caso de Ourol (Lugo), ou A Teixeira e Parada do Sil (Ourense).

No estudo presentado pola fundación BBVA titulado "Actividad y territorio: Un siglo de cambios", aparecen datos moi importantes, pero no referente a idade da poboación, reflexase que os quince concellos maiores a 2000 habitantes máis envellecidos de España son todos galegos e por este orde:
Sober, O Irixo, Patón, Ramirás, A Pobra do Brollón, Cartelle, Castrelo de Miño, O Saviñao, Vilardevós, O Incio, Muiños, Baños de Molgas, Bande, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Ambía.
Como se observa son concellos do interior de Lugo e Ourense.

En concreto o 47,35% do censo de Sober supera os 65 anos. No caso dos nosos veciños de Pantón o 44,93% son os que figuran nesa franxa.
Case podemos chegar a conclusión de que amáis de ser o máis envellecido do estado español e dos máis envellecidos do mundo debido a que España é dos paises máis envellecidos de Europa e Europa o continente máis envellecido do mundo. Segun diversos estudos nun prazo de 20/25 anos España será o país máis envellecido do planeta (si existe o planeta). Logo Sober será o lugar máis envellecido do mundo (si existe Sober). Esperemos que sí e que sexa lider noutros ránkins.

Non podemos considerar a noticia positiva, nin moito menos; pero si ten algo de ben diremos que é unha sorte contar no noso concello con media ducia de centenarios e varios centos de persoas que superan os 85 anos eso significa que a xente nova ten moi de preto fontes de sabiduria das que deberiamos aprender.
Fai moi poucos día a aboa do concello cumprio 104 anos. JULIA PEREZ RODRIGUEZ, veciña de Francos de Proendos cumpriu a mediados do presente mes 4 anos por encima do centenar.
Queremos felicitar a Julia e a súa familia por tan importante nova.

22/11/07

A BANDA DE MUSICA DE SOBER FESTEXA A SUA PATROA SANTA CECILIA


Como cada ano en datas próximas a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, Sober prepara diversas actividades para conmemorar a data.

A Banda de Música de Sober ten preparado un programa que se inicia o domingo día 25 cunha misa na hona de tódolos músicos finados e que se celebrará ás 12 da mañá na Igrexa Nova de Sober.

Para o sábado 1 de decembro preparase unha proxeción cinematográfica:

("Unha noite na ópera" cos irmáns Marx) no auditorio da Casa da Cultura ás 7,30 da tarde e remataranse os actos cunha cea no RESTAURANTE PARQUE de Monforte ás 9 e media da noite.

As persoas interesadas en asistir a cea poden retirar as súas invitacións pondose en contacto con membros da Banda de Música de Sober ou chamando o tlf. 637502035 (Paula)

20/11/07

MILLAN FESTEXARA A CONCEPCION O 8 E 9 DE DECEMBRO


A parroquia de San Nicolás de Millán ten perfilado o seu programa de festas na honra da Purísima Concepción para os días 8 e 9 de Decembro.
Este ano o programa presenta importantes novidades con respetoa anos anteriores.

O día 8, xornada principal dos festexos haberá actividades relixiosas coa correspondente procesión pola mañá. Logo a orquestra FIN DE SIGLO animará a sesión vermú e pola tarde haberá baile ata a noitiña. Logo unha chocolatada gratuita será obsequiada a todolos asistentes para continuar coa verbena cao aorquestra FIN DE SIGLO.

O Domingo día 9 haberá novamente de mañá actos relixiosos e sesión vermú.
Pola tarde noite a baile será amenizado pola orquestra BLUE STAR.
Non faltaran os fogos artificiais.

Coas festas de Millán rematase o ano festivo do concello de Sober, a espera do que suceda en Rosende. A parroquia de San Miguel de Rosende amais de festexar en Setembro ao seu patron celebra moitos anos deiversas actividades ludicas e musicais na honra de Santa Lucia.

16/11/07

GARY KUPA: UN MUSICO INGLES EN SOBER




Gary Kupa e un extraordinario musico ingles que fai xa un lustro que se asentou en Sober. Concretamente reside en HORTAS-Anllo Santo Estevo.



Gary Kupa e un fenomenal guitarrista e domina a armónica coma un autentico virtuoso.



A sua musica e tipo blues ainda que fai baladas fermosas e un rock moi doado de escoitar



Fai anos e a petición de Eduardo Alvarez (ALVAPER), compuxo unha moi fermosa canción adicada o VIÑO DE AMANDI.



Gary con asiuidade toca co grupo ourensan MITOCONDRIAS.



Sen dubida unha sorte para os veciños de Sober de contar con xente como GARY KUPA.



Gary actua con frecuencia en Sober en "A BODEGUILLA DE MARCE", na praza do Toural. Sen dubida é moi recomendable asistir a algunha das suas actuacións.


En Onda Lemos Dixital, podemos de cando en vez escoitar temas de Gary Kupa, entre eles a fermosa canción que adicou o VIÑO DE AMANDI.

UN DUO DE ACORDEONS CERRA ESTE SABADO 17 DE NOVEMBRO O CICLO "MUSICA NO OUTONO"



O DUO DE ACORDEÓNS formado por Iñaki Alberdi e Iñigo Aizpiolea- actuará éste Sábado 17 de Novembro ás 20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober, dentro do ciclo "MUSICA NO OUTONO", que organiza XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER. Con este concerto cerrase un ciclo de tres concertos de unha talla musical impresionante.
O duo deste sábado foi constituido en 1998, actuou no Festival de Música e Danza de Granada, Festival Belef de Belgrado e Kragujevac (Servia-Montenegro), Instituto Cervantes, Tianjin International Accordion Festival (China), Festival Internacional de Música de Kokkola (Finlandia), Royal Academy of Music de Londres, Residencia de Investigadores CSIC-Generalitat de Catalunya e Quincena Musical de San Sebastián entre outros.
Actualmente contan coa edición do disco "Colección Nº 8 Juventudes Musicales de España" grabado tras ganar ambos o Primeiro Premio no Certame Permanente de Xóves Intérpretes de JJMM de España (Valladolid 1996).
Traballan activamente con compositores como Stockhausem, De Pablo, Torres o Guinjoan contribuindo asi a labor de difusión e ampliación do repertorio para dúo de acordeón.
Iñaki Alberdi. A sua formación realizaa no Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos (Hondarribia), The Russian Academy of Music (Moscú) e The Sibelius Academy (Helsinki), periodo perante o que obtien o primeiro premio en diversos concursos como a Coupe Mondiale, o Certame Internacional de Moscú e Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes. Traballou con diferentes orquestras como a ORTVE, a Joven Orquesta Nacional de España, "Symphony Orchestra of the Russian Ministery", "Real Filarmonía de Galicia", "Orquesta Nacional de Andorra", "Orquesta Sinfónica de Euskadi", "Orquesta Sinfónica de Bilbao", "Barcelona Sinfonietta" ou "Orquesta Ciudad de Málaga" e con directores da talla de Adrían Leaper, Josep Pons, Cristóbal e Pedro Halffter, Juan José Mena ou José Ramón Encinar. No 2005 saca ao mercado o disco "Música de Cámara Actual – Iñaki Alberdi, acordeón" co selo VERSO, onde recolle obras de Jesús Torres, Gabriel Erkoreka, Zuriñe F. Gerenabarrena, José Mª Sánchez-Verdú, Ramón Lazkano e David del Puerto. O seu traballo e adicación teñen como recompensa a participación en Festivais e escenarios como: Auditorio Nacional, L´Auditori de Catalunya, Quincena Musical de San Sebastián, Auditorio Baluarte de Pamplona, Festival de Música e Danza de Granada, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Teatro Monumental de Madrid, Temporada de Euro Radio e Radio Nacional de España, The Kingston University, Mostly Modern Contemporary Music of Dublin, Duke Sale of London, Schauspielhaus de Viena ou Teatro de la Ópera de El Cairo, así como en Festivais de Moscú, Strasburgo, Portugal, Helsinki e Roma entre outros.
Na actualidade e profesor de acordeón na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e no Centro Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE). No 2005 realiza o estreno absoluto do concerto para acordeón de Jesús Torres no Auditorio Nacional xunto a Orquestra da Comunidad de Madrid.
Iñigo Aizpiolea. Nace en Irún no ano 1978. Estuda con Amaya Liceaga e Thierry Paillet (Francia) no "Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos". Realiza cursos de perfeccionamento con Jacques Mornet, profesor e director de la I.E.D.M. de Thor (Francia) e Friedrich Lips, profesor da "Russian Academy of Music" (Moscú). Consigue a máis alta calificación no Recital Certificate de la "Guidhall School of Music & Drama" de Londres. Participou nos máis prestixiosos certámes nacionais e internacionais obtendo el Primeiro Premio no Certamen Nacional "Gipuzkoako Akordeoi Lehiaketa" (Mondragón 1989, 1990 e 1993), no "Internationalen Akkordeon Wettbewerbes Klingenthal" (Alemania 1990, 1992 e 1995), no Certamen Permanente de Jóvenes Intérpretes (Valladolid 1996), no Certamen Internacional "Arrasate Hiria" (España 1997) foi laureado no Certamen Internacional "Coupe Mondiale" CIA-IMC UNESCO (Francia 1994). No 2001 saca a luz a sua primeira grabación en colaboración con Juventudes Musicales de España. Ofreceu concertos no "Festival de Música e Danza de Granada", "Rencontre European d´Accordeon" (Chartres), Festival Internacional de acordeón clásico de Vilnius (Lituania), "Quincena Musical de San Sebastián", "Ciclo de Música Electroacústica" (Vitoria), Festival Internacional de acordeón clásico de Kragujevac (Yugoslavia), Experimenta 21, "Fiesta de la Música" (Barcelona), Auditorio Nacional, "Conservatoire National Superieur de Musique et Danse" (París), Salle Cortot (París), "Juventudes Musicales de España", EMCY, Orquesta de la Fundación de Música de Irún, Radio Nacional de España, Radio France, Radio Euskadi, ETB, ...

Programa do concerto en SOBER:
"Transfiguracion"
Jesús Torres
"Tres Pezas"
Luís de Pablo
"Veran Porteño"
Astor Piazzolla
******
"Fantasía do trencadís"
Joan Guinjoan
"Mimètic"
Albert Sardá
"Petrouschka"
Igor Stravinsky

15/11/07

ONDA LEMOS DIXITAL A "NOSA" EMISORA DE RADIO NO 107.6 da F.M.


Onda Lemos Dixital é a nova emisora de radio da comarca de Lemos, que emite dende fai meses no 107,6 da F.M.

A nova emisora ten os seus estudios centrais na capitalidade municipal de Sober, na rua de Proendos número 1. O responsable da emisora é EDUARDO ALVAREZ PEREZ; unha persona sempre namorada do mundo da radio que xa andivo noutras experiencias no mundo das ondas.

A nova emisora está xa consolidada e ten unha moi ampla e variada programación as 24 horas do día.

Pode comunicarse via e-mail ondalemos@hotmail.com, ou enviar mensaxes ao 600392864.

ONDA LEMOS DIXITAL fai tódolos dias de luns a venres un magazin matinal de información comarcal chamado "DE TODO UN POUCO".
Animarse a escoitar ONDA LEMOS DIXITAL no 107,6 da F.M.

13/11/07

AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE SOBER CUMPRIRON OS SEUS OBXETIVOS




Un ano máis Sober foi escenario dunhas xornadas adicadas o fascinante mundo da micoloxía. As actividades que organizou a Asociación Micoloxico-Naturalista "PINGADOURO", foron seguidas por numeroso publico, especialmente a conferencia maxistral que o profesor e veterinario lucense JULIAN ALONSO ofreceu na tarde-noite do sábado baixo o titulo "A ECOLOXIA DO MUNDO DOS FUNGOS". Foi unha charla moi interesante e amena que agrdadou moito a todolos asistente. Ao remate da charla os asistentes degustaron diferentes pratos elaborados con setas -compradas por suposto, debido a que no campo non se atopa caseque ningunha-.

Como curiosidade decir que o xoves fixose unha saida o campo cos alumnos da Escola de Hostalería de Rosende e en menos de duas horas atoparonse caseque 30 especies distintas, se ben de pouca calidade. Ese día amais da saida o campo guiada por LOIS DAPENA de Os Lactouros, MARI LUZ MARTINEZ deu unha charla tirulada "COCIÑA DOADA CON COGUMELOS". O venres os nenos do Colexio de Sober sairon o campo guiados polo presidente de Os Lactouros RAMON DIAZ.

"PINGADOURO" fundouse en 1986 e caseque ningun ano faltou coa cita do outono en Sober.
NOTA.- Na foto podemos ver un Boletus Edulis (habitual nos montes de Anloo Santo Estevo).

FALECEU O COMPOSITOR FELISINDO PEREZ SEARA


Aos 80 anos de idade e tras unha moi curta doenza, o compositor ourensan FELISINDO PEREZ SEARA faleceu o pasaddo día dez. Foi incinerado o día de San Martiño e o día 12 na Igrexa da Trinidade da capital ourensana celebraronse os actos de funeral.

A misa foi acompañada por un grupo de clarinetes amigos do finado.

Felisindo foi un gran compositor de musica para banda, cerca de un cento de composicións deixa escritas. Nos ultimos anos escribia con ordenador utilizando o programa encore - algo insólito nunha persoa da sua idade-. Iso fixo que a sua obra se vira notablemente incrementada nestes últimos anos de vida.

A xente de Sober, principalmente os musicos debémoslle a xota "VIÑO DE AMANDI", que compuxo desinteresadamente e que se interpretada asiduamente por moitas bandas galegas.

A Banda de Sober ten no seu repertorio moita musica de Felisindo Pérez (Banda Galega, Meus Amigos, Volvoreta ou Viño de Amandi son varios exemplos).
Felesindo era natural de A Mezquita, no concello ourensan de A Merca e habia sido director de bandas como as de A Mezquita, Allariz, Sobrado de Obispo, A Manchica, Bande ou Lobios.
Amais de adicarse a musica foi un empresario exemplar fundara en Ourense a empresa "Ferreteria A Mezquita", que logo se convertiu en "TABLEROS A MEZQUITA", hoxe en día rexentada por seus fillos e completamente asentada no sector.

Nota.- Na imaxen parte dun programa de un concerto homenaxe que a Banda Municipal de Ourense fixo a Felisindo Pérez e Alejandro del Río no 2002 co motivo do 75 cumpreanos de ambolos dous.

O CONCERTO DE CHELO E PIANO: IMPRESIONANTE

O concerto que o pásado sábado día 10 se celebrou en Sober dentro do ciclo "MUSICA NO OUTONO" de Xuventudes musicais de Sober, foi un rotundo éxito. Asistimos a un magnifico recital onde os interpretes demostraron un nivel de matricula de honra.

É certo que todolos concertos organizados en Sober a traves de Xuventudes Musicais son de unha calidade e un nivel interpretativo especiais, pero o do pasado sábado -quizais pola fermosura do intrumento solista (o violonchelo)- foi o mellor ou estivo entre os tres mellores dos celebrados ata o de agora.

Na noticia da semana deste blog podemos ler o curriculun vitae dos interpretes e o programa que nos ofreceron en Sober.

Por certo Sober e o único pobo de Galicia que pode disfrutar destes concertos de Xuventudes Musicais, debido a que somentes hau duas asociación en Galcicia e a de Vigo está actualmente inoperativa

8/11/07

CONCERTO DE CHELO E PIANO NO "OUTONO MUSICAL" DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER


Como estaba previsto, o sábado día 10 ás 7,30 da tarde, o Centro Sociocultural de Sober acollerá o segundo concerto do ciclo "OUTONO MUSICAL", que organiza Xuventudes Musicais de Sober.

FERNADO ARIAS (Violonchelo) e MIGUEL ANGEL ORTEGA CHAVALDAS (Piano), ofreceran un recital con obras de Beethoven, Turina, Gaspar Cassadó e Cesar Franck.

Os interpretes son artistas de primeiro nivel e de seguro que faran pasar un bó rato de disfrute musical.

Fernando Arias. Violonchelo
Nacido en Madrid no 1987, estudia teoría musical e violonchelo na Academia CEDAM e no Conservatorio de Ferraz (Madrid). Continuou os seus estudios de instrumento con Ángel Luis Quintana.
Recibiu clases maxistrais de violonchelo de Tomasz Strahl, D. Cole, Richard Aaron, Miklós Perenyi, P. Muller, Ivan Monighetti e Frans Helmerson, entre outros.
Obtivo o Primeiro Premio de Grao Medio ao mellor grupo instrumental no 2º Certame Musical Intercentros Hazen, o Primeiro Premio do 7º Concurso Nacional de Violonchelo e o Gran Premio do Concurso da Deputación de Toledo ao mellor instrumentista de corda en 2002.
No 2006 obtivo o Segundo Premio do Concurso Internacional de Violonchelo de Liezen (Austria) e o Primeiro do Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España.
Como integrante de diversos grupos de cámara tivo como profesores a R. Schmidt e Marta Gulyas, e recibiu clases maxistrais de Walter Levin, V. Hagen e Ralf Gothoni.
Actualmente completa a sua formación na cátedra SONY de violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía con Natalia Shakhovskaya. Ao mesmo tiempo, disfruta dunha beca de matrícula e instrumento da Fundación Albéniz e da Conselleria de Educación da Comunidade de Madrid.

Miguel Ángel Ortega Chavaldas. Piano
Iniciou os seus estudios musicais nas Illas Canarias, onde naceu. Máis tarde trasladase a Córdoba, con Almudena Cano, e a Madrid, donde obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira.
Posteriormente, e becado polo Goberno Autónomo de Canarias e polo Cabildo Insular de Gran Canaria, ampliou os seus estudios no Conservatorio Sweelink de Ámsterdam (Holanda) e na Academia Franz Liszt de Budapest (Hungría). Alí estudia con István Gulyas, Katalin Némes, Marta Gulyas, György Kurtág e András Mihály.
Dende o ano 2000 e profesor pianista acompañante da cátedra de violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía, cuia titular e Natalia Shakhovskaya. A vinculación con este centro permitiulle acompañar a maestros como Natalia Gutman, Mihail Kohmitzer, Ivan Monighetti, Kim Scholes, Bernard Greenhouse ou Philippe Müller, entre outros. Destacan tamén as suas xiras por Vietnam e Tanzania e a sua grabación para SONY e RNE.
Foi ganador de diversos concursos e desenrrola una intensa actividade camerística. Institucions como a JONDE, a Fundación Juan March ou os cursos de Alcalá de Henares reclamaron os seus servicios.
Actuou por toda Europa e por Estados Unidos, e grabou para TVE, a RTV Húngara e o Canal NHK de Japón.
Ofrece cursos de piano e música de cámara en diferentes centros i é profesor do Conservatorio Profesional de Guadalajara e da Escola de Veran para Xóves Músicos de Lucena (Córdoba). Incorporouse ao Conservatorio Superior de Zaragoza como especialista en piano e música de cámara no 2002.


Programa do concerto en SOBER:


Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Variaciones sobre Bei Mannern, welche Liebe fuhlen,
de la ópera Die Zauberflote de Mozart, WoO46 (1801)

José Luís Turina (1952):
En volandas, para violonchelo solo (1982)

Gaspar Cassadó (1897-1966):
Requiebros (1925):
Allegro con moto


***

César Franck (1822-1890):
Sonata para violonchelo y piano, en la M (1886):
Allegro ben moderato
Allegro
Recitativo fantasia. Ben moderato
Allegro poco mosso


PROXIMO CONCERTO:

Sábado 17 de Novembro:
IÑAKI ALBERDO e IÑIGO AIZPIOLEA (Dúo de Acordeons).

6/11/07

XORNADAS MICOLOXICAS EN SOBER OS DÍAS 8,9 E 10




As Xornadas Micoloxicas de Sober iniciadas o 8 de Novembro con actividades na Escola de Hostelería de Rosende (unha saida o caompo guiada por Lois Dapena e unha charla de cociña a cargo de Mari Luz Martinez), continuan o 9 con actividades para os nenos do colexio Virxe do Carme ( unha saida guiada por Ramon Diaz e unha identififcación de setas).
O sábado 9 remataran as xornadas con unha saida o campo, un concerto de Violonchelo e Piano ás 7,30 da tarde, unha charla a cargo de Julian Alonso da asociación "Lucus" ás 8,30 da tarde e unha degustación de setas ás 9,15.
As actividades organizadas pola Asociación Micoloxica "PINGADOURO", iniciaronse en 1986, e case ningún ano faltaron a sua cita polo outono.
Nota.- Nas fotos podemos ver a "nosa" Zarrota (Macrolepiota Procera), en duas fases de crecemento.

5/11/07

FERMOSA EXCURSION A ORTEGAL, EUME E FERROLTERRA




Como estaba previsto o domingo 4 de Novembro, un grupo de case 40 persoas de Sober, viaxaron as comarcas coruñesas de Ortegal, Eume e Ferrolterra.

A viaxe organizada pola Agrupación Micoloxica "Pingadouro" foi a segunda da tempada de Outono e xa ten perfilados novos viaxes para a primavera o Macizo Central Ourensano, Taramundi e Ribadeo, Portugal ou Provincia de León.

O certo e que as viaxes teñen resposta de publico e a xente regresa contenta.

O pasado domingo os soberinos poideron ver de preto a chimenea da térmica de As Pontes, que con 350 metros é a edificación máis alta do estado español. Logo desplazaronse ata a capitalidade de Cariño (un dos concellos máis recentes de Galicia), tras visitar o cabo Ortegal (o km. 0 dos mares de Galicia - aqui se xuntan o Cantabrico e o Atlantico-, chegouse a meca dos galegos, Santo André de Teixido; este pequeno traxecto a traves da fesmosa Serra da Capelada, onde se atopan os cantís máis elevados de Europa.

A viaxe seguiu por Cedeira ata Narón (o oitavo concello máis poboado de Galicia). Aqui se xentou e pola tarde visitouse o que queda do antigo Mosteiro de San Martiño do Couto ou San Martiño de Xubia. Proseguise viaxe ata Pontedeume e fixose aúltima parada no fermoso Mosteiro de Monfero, xa nas orelas das Fragas do Eume.

Sen dubida, fermosa viaxe.
A pesar de todo:

¡¡QUE VIVA SOBER!!
Nota.- Nas fotos parte do grupo ante o cabo Ortegal e diante o Mosteiro de Monfero.