Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA RIBEIRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA RIBEIRA. Mostrar todas las entradas

26/5/10

VOLVESE VER A VELLA PONTE DO SIL











Coa baixada das augas do Sil, como consecuencia das obras que acomete a electrica IBERDROLA, pode verse novamente o que queda daquela fermosa ponte que comunicaba as terras de Lemos coas de Caldelas (o verdadeiro límite de Sober con Castro Caldelas).

Desa Ponte falaron no seu tempo o Licenciado Molina ou o Padre Sarmiento, neste caso, nuhna das suas viaxes a Galicia en 1745 e 1754 xa fala da ponte en ruinas.

A Ponte sen dubidas foi de orixe romano e sufriu unha importante reforma no medievo, tiña que ser espectacular, asi a describe o malagueño BARTOLOMÉ SAGRARIO DE MOLINA, coñecido por El Licenciado Molina, na sua obra editada en Mondoñedo en 1550, titulada: "Descripción del Reino de Galicia".

“E así vai o Sil ata a Ponte de Paradela, a cal podería ser ela soa unha cousa notable, pois é unha ponte de madeira que non debe haber outra semellante en toda España. Está alí tamén o río fundido entre dúas serras moi altas, e este pasa polo medio de dúas penas, onde en riba de cada unha delas hai unha torre, e de torre en torre vai polo aire un edificio de madeira que ten cento vinte pés de largo, e para pasar a cada unha destas torres hai outra ponte de madeira co seu capitel en cada unha; é cousa de admirar…”
Traducción textual da edición de Toxosoutos do ano 2003.
É unha boa ocasión para contemplar esta magna obra que somentes se pode ver en ocasións esporadicas como esta; a anterior vez foi a finais dos 70.

19/7/08

II ROTEIRO MUSICO POETICO A LUZ DA LUA


Este sabado 19 unha vez rematen os magos na praza do Toural, as 11 e cuarto da noite aproximadamente, sairase para facer o II Roteiro Poetico Musical a luz da lua que organiza a asociacion O COLADO DO VENTO

Visitaranse tres lugares máxicos das terras de Sober que adquiren, se cabe, un maior encanto coa luz da lúa chea.
En cada lugar habera Música e poemas ou relatos cos que queiran agasallar os participantes.
O ano pasado foi algo extraordinario, animarse todos.
* Podes ver as fotos do I Roteiro Músico-Poético á luz da lúa aquí.

28/5/08

FERREIRA PREPARADA PARA A MOSTRA DO VIÑO DE PANTON E A ROTA DO ROMANICO


A veciña localidade de Ferreira, capitalidade de PANTON, está preparada para unha nova edición da MOSTRA do viño da Ribeira Sacra de PANTON e a Rota do Románico.

Os actos da Feira do viño iniciase o sábado 31 as 10,30 e inclue unha carreira popular, actuacions musicais e pregon a cargo de MINI E MERO.

o programa detallado xunto co das XXI Xornadas do Románico aparecen na páxina web do concello en axenda.




4/4/08

CURSOS DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS EN AMANDI E ARXEMIL


Coa coordinación da Consellería do Medio Rural a traves do Centro de Formación e experimentación agraria de Monforte (Escola de Capacitación Agraria) e da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Monforte, celebraranse dous cursos para a obtención do carné de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios; un en Amandi (na bodega Rectoral de Amandi) e outro en Arxemil (local parroquial). A información dos cursos pode obterse no Concello de Sober ou en Monforte na oficina Agraria Comarcal ou na Escola Agraria.

A obtención deste carné é moi importante e pronto será obrigatorio para poder aplicar sulfatos, herbicidas e todo tipo de productos fitosanitarios. Ata o de agora xa de organizaron arredor de media ducia de cursos en Sober é estes dous son os primeiros que se fan fora da capitalidade municipal.

O de Amandi comenza o 7 de Abril e finaliza o 18; o de Arxemil iniciase o 18 de Abril e remata o 5 de Maio, en ambos casos o horario é de tarde noite (de 8,30 a 10,30 da noite). Os cursos teñen unha duración de 25 horas e atodos os asistentes que superen un pequeno exame final facilitaraselle o carné e un diploma acreditativo.


26/3/08

FOTOS E VIDEO DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




Xa fai días que se celebrou a Feira do Viño de Amandi, e as vacacións de Semana Santa Fixeron que non actualizasemos este blog ata hoxe.

A continuación facilitamos un enlace da web do profesor e bó amigo José Ramon Casanova con un video e un albun interesante de fotografías da última edición da Feira do viño de Amandi.

Lembramos que na presente edición as adegas que resultaron ganadoras do concurso de cata foron:

Adega LOBEIRAS de Barantes co viño Priscilus, Adega GUIMARO de Santa Cruz de Brosmos e Adega ESTRELA de Vilachá de Doade.


O enlace o que remitimos é o seguinte:


14/3/08

PROGRAMACION OFICIAL DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


A continuación trasladamos o programa oficial que presenta o Concello de Sober para a XXVIII Feira do Viño de Amandi que se celebrará como sompre o Sábado e Domingo de Ramos, neste caso 15 e 16 de Marzo.


SABADO 15

11:30.- Lanzamento de 28 bombas de palenque anunciando o comezo da XXVIII Feira do Viño de Amandi.
12:00.- Apertura de stands. Comezo da actuación de grupos rexionais e a Charanga Os Chispas de Ourense, que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
12.30.- Concurso exhibición dos alumnos da Escola Municipal de fútbol.
13:45 .- Inauguración da feira polo Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal.
16.30.- Xornada de Tenis de mesa e Gymkana deportiva .
18:00.-CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER
18:30.-Inicio da precata oficial. O panel de cata será o seguinte:
Dona Gloria Marino: Directiva da Asociación Galega de Sumilleres.
D. Daniel Romay Piñeiro: Vocal por Lugo da Asociación de sumilleres Gallaecia.
D. Ruben Moure Fernández: Comité de Cata do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
D. José Manuel Fernández Anguiano: Directivo da “ Irmandade dos Viños Galegos”.
D. Xose Lois Sebio: Directivo da asociación galega de Catadores.
21:00. BAILE Amenizado pola orquestra "OS PLAYERS" na Praza do Toural.


DOMINGO 16

10:30.- 23 Bombas de palenque, unha na honra de cada un dos adegueiros participantes.
10:45.- Actuación de grupos rexionais e charanga que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
11:00.-Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
11:30.-Comezo da Cata Final no salon de actos do Centro Sociocultural co panel de cata do día anterior.
12:00.-Misa Solemne e bendición de Ramos na Igrexa de Sober.
12:30.-RecepcióndeAutoridades.
13:00.-Pregón- Espectáculo.
- Entrega de premios ós participantes no certame literario.
17:30.-Entrega de premios ós adegueiros gañadores da cata na Casa Grande de Rosende. (os tres ganadores quedarán reflexados nun panel habilitado no recinto feiral).
20:00.-Baile Verbena ca Orquestra FIN DE SEMANA no Toural.
EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA: "ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO"
SALA EXPOSICIÓN Nº 2.- (CENTRO SOCIOCULTURAL)

15/2/08

PREPARATIVOS PARA A XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




O Concello de Sober, resposable directo da organización da FEIRA DO VIÑO DE AMANDI, comenzou a organización dos actos da XXVIII edición que se celebrará como é habitual coincidindo co fin de semana do Domingo de Ramos, e que neste 2008 será os días 15 e 16 de Marzo.

O certo é que as actividades previstas seran moi similares as de anos anteriores e non se presenta ningunha novidade. Cremos que se deberia formar unha comisión con colleiteiros e outros sectores implicados ao estilo de Chantada e comenzar a organización con moita máis antelación, pero quen manda, manda.

Unha vintena de viticultores mantiveron a semana pasada a primeira das xuntanzas coa alcaldesa de Sober, Raquel Arias, e outros responsables municipais no centro sociocultural da vila para tratar varios aspectos organizativos referentes a XXVIII edición da Feira do Viño de Amandi.
Entre os temas tratados abordouse a ubicación do recinto feiral que ó igual que en anos anteriores, será na Praza do Concello. Instalarase unha carpa que funcionará como medida preventiva ante as posibles inclemencias do tempo, ao igual que nas ultimas edicions. Tamén se falou da colleita que se deu este ano nesta subzona que foi de 1 millón de kg. de uva.

En canto os adegueiros participantes nesta edición, estímase que será un número similar a certames anteriores (en torno a 20) e deberán aportar unha cuota 120 € amais de dúas caixas de viño como único requisito para participar no evento. A celebración de actividades paralelas á feira foi outro dos temas que se perfilaron na reunión e que se tratarán nos vindeiros días.
Nota.- Nas fotos de Jose Ramon Caasanova, vemos imaxes dunha edición anterior da feira. Na sua paxina web: www.jrcasan.com atopamos imaxes e videos de varias edicións anteriores.


7/2/08

IMPORTANTES INVERSIONS DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL PARA A RIBEIRA DE SOBER




Medio Rural investira no próximo trienio na Ribeira Sacra máis de 10 millóns de euros. Ao concello de Sober correspóndenlle máis de 1,6 millóns.


O Plan de Actuación Global de Infraestruturas Agrarias Vitícolas na Ribeira Sacra Lucense, que beneficiará a 13 concellos, dispón dun orzamento global superior aos 10 millóns de euros e contempla amais das inversións propias na ribeira as seguintes:


- Nova sede para o Consello Regulador e Museo do Viño en Monforte: 110.000 €.


- Edificio multifuncional na Escola de Capacitación Agraria de Monforte: 550.000 €.

Na mellora dos accesos e instalación de elevadores Medio Rural atenderá ó interese xeral, buscando que se beneficien a maior cantidade de fincas posible con cada infraestructura.


A ribeira de Sober é unha das máis beneficiadas por este Plan, con 1.655.496 €.

En resume no Concello de Sober a inversión prevista é a seguinte:




Nos nos queda máis que dar a noraboa os veciños de Sober e ás gracias a Consellería do Medio Rural.

15/6/07

A ADEGA "ALGUEIRA" PREMIADA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA



A adega de Doade "Algueira" recibiu o primeiro premio na modalidade de iniciativas de producción, transformación e comercialización de porductos con indicativo de calidade concedido no concurso internacional Día do Agricultor 2007, organizado pola Fundación Semana Verde de Galicia.
O acto de entrega do premio celebrouse no auditorio do recinto feiral.

Sober destacou tamén no segundo premio desta modalidade xa que foi para “Doces da Puri” unha explotación ubicada en Parambos, concello de Carrazeda de Ansiães distrito de Bragança-Portugal, que produce compotas artesanais; dase a circunstancia de que os pais da propietaria son de Canaval.




Nota.- Na fotografia Fernando Gonzalez Rivero, propietario de "Algueira", agradece o galardon recibido en Silleda.

21/5/07

CURSOS DE FORMACION




No próximo mes de Xuño no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte (antiga Escola de Capacitación Agraria), situado na estrada de Castro Caldelas, celebraranse tres interesantes cursos de formación.


Moitos soberinos poden estar interesados nestes cursos de formación que detallamos:


APICULTURA ECOLOXICA


Do 4 ao 9 de Xuño (luns a venres) en horario de tarde e cunha duración de 20 horas (duas horas por día).




VITICULTURA


Do 18 ao 26 de Xuño (luns a venres) en horario de tarde e cunha duración de 20 horas (tamen duas horas por día)


ENOLOXIA-CATA





Do 25 ao 30 de Xuño (luns a venres), igual que os anteriores duas horas por dia en horario de tarde.




Todos os cursos son moi interesantes e poden facerse os tres ao non coincidir en datas.


Poden @s interesad@s anotarse



Na Oficina Agraria Comarcal de Monforte (antiga Oficina de Extensión Agraria) ou no propio Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte (antigua Escola de Capacitación Agraria) pode a xente informarse ou anotarse. Telefono de información 982400665.



Os cursos son gratuitos e entregarase diploma acreditativo de asistencia avalado pola Conselleria do Medio Rural.

14/5/07

ESTACIONS DE AVISOS NA RIBEIRA




Cremos de vital importancia a instalacion de estacions meteoroloxicas nas nosas ribeiras; estaria ben con catro estacions (Doade, Amandi, Chanteiro e Rosende). Non son equipos caros e poderian ser sufragados pola Asociacion de viticultores a traves da Conselleria do Medio Rural , o concello ou o Consello Regulador da D.O. "Ribeira Sacra".


Seguro que haberia voluntarios para atendelas -e moi doado- .


Cremos que hoxendia son fundamentais, aforrarian traballo e cartos xa que unicamente se daria tratamento cando de verdade fose necesario.


Fai moitos anos que en Pontevedra e gracias a Estacion Fitopatoloxica do Areeiro fan un traballo importantisimo na D.O. "Rias Baixas". Teñen varias estacions de avisos, publican un boletin fitosanitario semanal, teñen paxina web, etc.


A continuacion poño un enlace coa paxina para que vexamos como funcionan.