Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA. Mostrar todas las entradas

3/5/10

RAMON GONZALEZ ("O REY DE NAZ"), FALA EN SOBER O DIA 8 DE MAIO


O soberino afincado en Lugo RAMON GONZALEZ RODRIGUEZ, coñecido en Sober por "O Rey de Naz" e en Lugo por "O Ganchos", falara o sábado 8 de Maio as 7,30 da tarde na Casa da Cultura de Sober sobre a sua experiencia vital e do seu libro publicado recentmente "Historias dun Home mecanico".
Ramon Gonzalez perdeu aos 16 anos os dous brazos nun accidente ferroviario, e ao ler nun xornal que a un rapaz madrileño lle puxeran uns brazos artificiais, escribiu coa boca a Franco pedindolle uns brazos para el. Non sin traballo conqueriu eses ganchos que dende os 22 anos son os seus brazos.
Ramon Gonzalez foi durante mais de 20 anos concelleiro independente no Concello de Lugo e Teniente de Alcalde en moitas ocasións. Desempeñou asemade diversos cargos como directivo de Frigsa e na Conselleria de Traballo da Xunta.
As suas relacions personais fixeron que moitos veciños de Sober poidesen atopar traballo en Lugo e noutras localidades.
Ramon Gonzalez naceu en Portizó e criouse en Naz, e apesares de levar caseuqe toda a vida na capital nunca deixou de ser un soberino de pro, sempre presumiu das suas raices e visita con frecuencia os pobos da sua nenez e xuventude.
RAMON GONZALEZ e o mais claro exemplo de que FAI MAIS QUEN QUERE QUE QUEN PODE.
Nota.- A foto é de Angel Arnaiz de El Correo Gallego en Monforte.

16/6/09

ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS VISITAN SOBER


Un nutrido grupo de escritoras e escritores galegos xunto con ilustradores fixeron unha visita ao Concello de Sober a pasada fin de semana.
O grupo visitou entre outros lugares: Proendos (Igrexa, petroglifos, pobo, etc), Lobios (Igrexa, Tetramorfos, Capela, Cruceiro e Souto do Tellada), Cadeiras, Portizó, O Palacio de Sober, Gundivos (centro Oleiro con demostracion a cargo de Elias Gonzalez); fixeron unha viaxe polo cañon do Sil en Catamaran dende Doade a Os Chancís, etc. Unha moi extensa visita da que seguro os participantes poderan escribir ou debuxar interesantes historias.
Os participantes foron os seguintes:
Escritores:
Marilar Aleixandre e seu marido Ramón. Paco Martín e a sua dona Ánxela, Antonio García Teijeiro e a sua dona Susi, Xabier Puente Docampo e a sua dona María Xesús, Xavier Senín e a sua dona Mari Carme e Fina Casalderrey.
Ilustradores:
Manuel Uhía e a sua dona Beatriz, Xosé Cobas e a sua dona Ánxeles e Xan López Domínguez.

Todos pernoctaron na Casa Grande de Rosende, que é o lugar onde aparecen na fotografia.

20/4/09

IMPORTANTES ACTIVIDADES DO CLUBE DE LECTURA "PINTOR DE CASTINANDI"


Como se pode apreciar nos anteriores carteis, o clube de lectura de Sober "Pintor de Castinandi", ten organizadas duas interesantes actividades para os días 22 e 25 de Abril.
A estas actividades pode asistir quen desexe, sempre que se comunique con anterioridade na Biblioteca Publica Municipal de Sober, sede do clube.
O día 22 de Abril, mércores as 18 horas o escritor LOIS DIEGUEZ falará sobre a sua obra "Viaxe as Terras encantadas de Lemos", onde o concello de Sober ten un protagonismo especial.
O día 25 de Abril, sábado en xornada de mañá habera un encontro con outros clubes de lectura da comarca de Lemos con visitas a Gundivós, Lobios e Cadeiras.

3/12/08

DE CEA CON MARCOS VALCARCEL





O pasado sábado, varios centos de persoas poidemos disfrutar dunha tarde inesquecible; primeiro no Liceo de Ourense a presentación do ultimo libro de Marcos Valcarcel e logo no San Miguel dunha cea na compaña do propio Marcos e a sua famila; mais ben a s suas familas: a carnal e a de amigos.

Foi unha tarde fantastica, mais ainda cando a ultima hora me enterei da derrota do Madrid e da victoria do Barcelona. E ainda máis cando a cea estivo musicalmente amenizada por un grupo de clarinetes: os vigueses CARAMUXO, gañadores da ultima edicion do concurso convocado pola Fundación Barrié de la Maza.
Dende este moi sinxeliño blog, non me atrevin ata hoxe a dicir nada; sabia que moitos e moi bos blogs galegos darian cumprida e ben feita información do acto. O certo que non podia tampouco deixar ainda que fose unha simple reseña e un enlace co blog supremo:






Quero tamen en primeiro lugar felicitar a Marcos pola sua xenerosa amizade e polo incansable labor; eu son un Soberino de Ourense que ama dempois de Sober a cidade das burgas; moita culpa delo tena Marcos Valcarcel. Quero tamen felicitar e agradecer a os organizadores, todos eles amigos: Trebi, Xoan Fonseca, Benito Losada, Alfonso Vázquez-Monxardin ,Cesar Ansias, Martinez-Pedrayo, Eustaquio Puga e Xosé Ramón Quintana, a organizacion fantastica do acto.

19/2/08

A EXPOSICIÓN "ROSALIA E CABANILLAS A TRAVES DO VIÑO" ESTARÁ EN SOBER




A moi interesante exposición titulada "Rosalia e Cabanillas a traves do viño", presentarase en Sober coincidindo coa xornada inaugural da "XXVIII Feira do Viño de Amandi" o día 15 de Marzo e poderá visitarse no Centro Sociocultural ata mediados de Abril.
A exposición e patrocinada pola Fundación Caixa Galicia.
A exposición realiza unha retrospectiva da vida dos dous escritores, unha referencia ás súas respectivas casas-museo e a reflexión sobre os seus traballos en torno ao mundo do viño.
Esta mostra nace como unha iniciativa da Casa cambadesa de Ramón Cabanillas e da Casa da Matanza rosaliana, para ofrecer ao público unha perspectiva anovadora da poesía destes dous persoeiros, que inclúe referencias ao viño, presentándoo como elemento social e cultural, ou como símbolo caracterizador dalgunhas das nosas paisaxes.
Rosalía, ben a traveso dunha visión popular relacionada coa súa nenez en Ortoño, ou ben como referencia agre, denunciando a decadencia de sectores da sociedade, deixa pequenos pousos da temática vinícola na súa literatura. Pola súa banda, Cabanillas tamén lle dedica ao menos catro pezas; cunha visión menos algareira que a rosaliana, amosa as parras deitadas ao sol, como protagonistas da paisaxe e tamén as engade no poema Sono Dourado, dedicado á súa muller, e nos poemas Vendima no Salnés e Diante dunha cunca de viño espadeiro.
Coa presente mostra terán oportunidade de afondar nos poetas, estudados dende unha perspectiva diferente, que non menos interesante, e descubrir novos valores culturais para un dos bens máis prezados na nosa tradición, o viño.



No seguinte enlace poden baixarse unhas fichas didacticas da exposición.


3/12/07

HOMENAXE A GERMAN LOPEZ QUIROGA


O ex-ferroviario e escritor Germán López Quiroga, vinculado familiarmente a parroquia soberina de Vilaescura, será homenaxeado o próximo día 8 de Decembro polo colectivo "Poetas da Riberia Sacra". Éste colectivo, do que forma parte moi activa o propio Xermán está presidido polo Poeta de Montefurado Pepe Pol e ten como secretaria e principal impulsora deste evento a María Jesus González (Alba Lara).


Os actos previstos son os seguintes:

Ás 12 da mañá : recital no Salón de actos da Casa da Cultura de Monforte; de seguido actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.
Ás 14:00 : actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos no restaurante Don Manuel.
Ás 14:30 : Xantar, entrega de agasallos e actuación do grupo Folk de Sober "O Trícole".

Interveñen no recital: Pepe Pol, Margarita Rodriguez Otero, Ana Arias Saavedra, Ana Mª Gamallo, Isabel de Santiorxo, Francisco J.R. Aldeguería, Pilar Cambón, Mar Sabater, Rosa García Machado, Alfonso Campos, Luis Guitian, Marcedes Moreno, Cristina Mejías, Alba Lara (Mª Jesús), Enma Fernández e Ramón R. Porto.
Colaboran co acto os Concellos de Monforte, Sober e O Saviñao e Consello Regulador da Ribeira Sacra.
As invitacións poden collerse ata o día 5 de Decembro en Caixa Galicia (Cardenal) , La Fraternal, Centro Recreativo do Saviñao e Restaurante Don Manuel.

7/9/07

TERCEIRO CABODANO DE MANUEL MARIA


Este sábado, 8 de Setembro conmemórase o terceiro cabodano do poeta Manuel María. A Fundación que leva o seu nome, presidida por Alfonso Blanco organiza diversos actos en honra ao escritor da Terra Chá.
Nuhas declaracións recentes o Presidente da Fundación dixo "a palabra do poeta chairego é inmorrente". Blanco afirmou que "o Manuel sempre quixo que o lembrasen como a un penedo, un carballo de fortes raíces dos que hai na terra chá e en toda Galiza. A súa memoria segue viva e queremos seguir disfrutando da súa poesía, do seu teatro, da súa narrativa e de a súa estela de ben, porque, ante todo, Manuel María era un home comprometido co seu país".

O sábado terá lugar ás doce da mañá unha táboa redonda en Vilalba no muiño do Rañego sobre o libro " Os soños na gaiola " do que se celebran 30 anos da súa traducción ao portugués. Despois levantarase un monolito en memoria de Manuel Maria, ao carón do muíño do Rañego.

A xornada de actos en honra ao bardo chairego , continúa pola tarde cun recital que percorrerá diversos lugares de Outeiro de Rei para rematar no cemiterio cunha pregaria.

Posteriormente no Campo de Santa Isabel, rematarase a xornada co rito "A navalla do Manuel", no que se mesturaran os poemas do autor coa musica de A Quenlla ou Miro Casavella entre outros.
Lonxe de perderse no eco do pasado, a voz de Manuel María consolídase como unha das máis persoais dos anos sesenta e setenta en Galiza, cunha traxectoria que abrangueu todos os rexistros da lírica des que a primeiros dos anos cincuenta publicou Muiñeiro de brétemas, o primeiro libro en galego que saíu publicado despois da guerra civil.
Varias paxinas interesantes para escoitar e ler parte da sua obra:

14/5/07

MARIA MARIÑO CAROU. Letras Galegas 2007


María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega pola obra, pola biografía, pola recepción. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.
Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude nesta localidade están marcadas polas dificultades económicas da familia, uns anos -poucos- de escola e logo traballa como costureira polas casas. As amigas lémbrana como unha persoa estraña e solitaria. O traslado a Escarabote (Boiro), onde unha tía súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goián, que tiña unha boa biblioteca, permítelle o acceso a algunhas lecturas. Ese descoñecemento da cultura libresca é un dos aspectos subliñados por Uxío Novoneyra, ao insistir na orixinalidade da súa escrita.
Casa en Boiro co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período tempo no País Vasco, onde morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresan a Galicia. Instálanse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada, a onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida, fai algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña.
No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Creación singular no contexto da literatura galega, a escrita de María Mariño non obedece ás normas, a súa é unha poética crebada que tensa e racha a lingua á procura da voz que exprese ese "raro e valiosísimo mundo escuro" que, en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, constitúe a súa obra.
Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos e publicada polo Concello de Noia. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.
Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.
Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Autora da biobibliografia: Ana Romaní

POEMA DE MARIA MARIÑO CAROU

SON A SUMA TOTAL


Son a suma total
daquel que foi medindo
a pegada aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.
Son resta da esperanza -diferencia quedou-
Multiplicada xa nacín,
pra qué dividirme agora?

San, enteira voume indo,
san, enteira vou quedando,
o paso xa me cederon,
inda que o camiño se vira,
vaise virando en duro,
as pegadas ben se ven
vense volcar nas penas,
liman os picos dos montes,
raxan a cume i o mar,
raxan as alturas todas,
raxan a neboa,
raxan o sol,
ráxanse todas nunha,
ésta cingese
vaise cinguindo.

¡Terra, alma dona¡
Pegada que soia
se puxo o seu nome.


MARIA MARIÑO, "Verba que comenza" 1963
Concello de Noia, libro de homenaxe, Noia 1990
Nota.-
Na foto aparecen en O Caurel xunto a Maria Mariño, Novoneira, Manuel Maria e Saleta.