28/2/08

"OS LACTOUROS", DE SENDEIRISMO POR SOBER

A Xuntanza de Micologos "Os Lactouros" de Monforte que preside o soberino Ramon Díaz de Vilela, visitará este domingo día 2 de marzo a nosa tribu.
Dentro do programa de excursións e rutas de sendeirismo que preparou para o presente ano a agrupación monfortina e que son coordinadas por Lois Dapena, fixouse unha das rutas por terras de Sober e con visitas a lugares das parroquias de Pinol, Santiorxo, Bulso e Brosmos.
A saida esta prevista para ás 9,30 da mañá dende a praza do cruceiro de Pinol, e ali pode personarse quen queira participar na mesma.
Entre outros lugares visitarase Santiorxo, Veliños, A Lama, Pipin ou Pereiratorta. Os excursionistas poderan disfrutar de petroglifos, cruceiros, capelas, fontes, nucleos singulares, elementos románicos, etc.
Nota.- Nas fotografías podemos ver o Cruceiro de Bulso e a fachada principal de San Vicente de Pinol.

19/2/08

A EXPOSICIÓN "ROSALIA E CABANILLAS A TRAVES DO VIÑO" ESTARÁ EN SOBER




A moi interesante exposición titulada "Rosalia e Cabanillas a traves do viño", presentarase en Sober coincidindo coa xornada inaugural da "XXVIII Feira do Viño de Amandi" o día 15 de Marzo e poderá visitarse no Centro Sociocultural ata mediados de Abril.
A exposición e patrocinada pola Fundación Caixa Galicia.
A exposición realiza unha retrospectiva da vida dos dous escritores, unha referencia ás súas respectivas casas-museo e a reflexión sobre os seus traballos en torno ao mundo do viño.
Esta mostra nace como unha iniciativa da Casa cambadesa de Ramón Cabanillas e da Casa da Matanza rosaliana, para ofrecer ao público unha perspectiva anovadora da poesía destes dous persoeiros, que inclúe referencias ao viño, presentándoo como elemento social e cultural, ou como símbolo caracterizador dalgunhas das nosas paisaxes.
Rosalía, ben a traveso dunha visión popular relacionada coa súa nenez en Ortoño, ou ben como referencia agre, denunciando a decadencia de sectores da sociedade, deixa pequenos pousos da temática vinícola na súa literatura. Pola súa banda, Cabanillas tamén lle dedica ao menos catro pezas; cunha visión menos algareira que a rosaliana, amosa as parras deitadas ao sol, como protagonistas da paisaxe e tamén as engade no poema Sono Dourado, dedicado á súa muller, e nos poemas Vendima no Salnés e Diante dunha cunca de viño espadeiro.
Coa presente mostra terán oportunidade de afondar nos poetas, estudados dende unha perspectiva diferente, que non menos interesante, e descubrir novos valores culturais para un dos bens máis prezados na nosa tradición, o viño.



No seguinte enlace poden baixarse unhas fichas didacticas da exposición.


16/2/08

PAXINAS WEB CON INFORMACION DO TEMPO PARA SOBER




Varias páxinas de internet nos poden adiantar con máis ou menos acerto o tempo que vai facer en proximas xornadas. A continuación facilitamos datos da paxina de METEOGALICIA, da do INSTITUNO NACIONAL DE METEROROLOXIA, de TU TIEMPO, de METEORED e dunha americana que consideramos moi boa: ACCUWEATHER.

Os enderezos web directos para observar o tempo na nosa tribu con antelacion sufuciente:


Nesta páxina podemos ver o tempo do día e de xornadas próximas por Comarcas en Galicia.


http://www.inm.es/web/infmet/predi/locali/GAL.html

Neste enlace do Instituto Nacional de Meteoroloxía podemos ver concello a concello todos os de España. O enlace anterior corresponde a Lugo. Debe buscarse Sober na lista xeral de localidades.

http://www.accuweather.com/world-index-forecast.asp?partner=accuweather&traveler=0&locCode=EURESSP011SOBER

Nesta páxina atopamos datos meteoroloxicos de todas as localidades do mundo con quince días de antelación. O enlace anterior é directo a SOBER. (pinchar onde aparece Sober,Spain(Galicia).


Outra páxina interesante con datos de cada concello. O enlace anterior é directo a SOBER.


Outra páxina meteoroloxica con información concello a concello; tamen o enlace anterior corresponde a Sober.

15/2/08

PREPARATIVOS PARA A XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




O Concello de Sober, resposable directo da organización da FEIRA DO VIÑO DE AMANDI, comenzou a organización dos actos da XXVIII edición que se celebrará como é habitual coincidindo co fin de semana do Domingo de Ramos, e que neste 2008 será os días 15 e 16 de Marzo.

O certo é que as actividades previstas seran moi similares as de anos anteriores e non se presenta ningunha novidade. Cremos que se deberia formar unha comisión con colleiteiros e outros sectores implicados ao estilo de Chantada e comenzar a organización con moita máis antelación, pero quen manda, manda.

Unha vintena de viticultores mantiveron a semana pasada a primeira das xuntanzas coa alcaldesa de Sober, Raquel Arias, e outros responsables municipais no centro sociocultural da vila para tratar varios aspectos organizativos referentes a XXVIII edición da Feira do Viño de Amandi.
Entre os temas tratados abordouse a ubicación do recinto feiral que ó igual que en anos anteriores, será na Praza do Concello. Instalarase unha carpa que funcionará como medida preventiva ante as posibles inclemencias do tempo, ao igual que nas ultimas edicions. Tamén se falou da colleita que se deu este ano nesta subzona que foi de 1 millón de kg. de uva.

En canto os adegueiros participantes nesta edición, estímase que será un número similar a certames anteriores (en torno a 20) e deberán aportar unha cuota 120 € amais de dúas caixas de viño como único requisito para participar no evento. A celebración de actividades paralelas á feira foi outro dos temas que se perfilaron na reunión e que se tratarán nos vindeiros días.
Nota.- Nas fotos de Jose Ramon Caasanova, vemos imaxes dunha edición anterior da feira. Na sua paxina web: www.jrcasan.com atopamos imaxes e videos de varias edicións anteriores.


7/2/08

IMPORTANTES INVERSIONS DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL PARA A RIBEIRA DE SOBER




Medio Rural investira no próximo trienio na Ribeira Sacra máis de 10 millóns de euros. Ao concello de Sober correspóndenlle máis de 1,6 millóns.


O Plan de Actuación Global de Infraestruturas Agrarias Vitícolas na Ribeira Sacra Lucense, que beneficiará a 13 concellos, dispón dun orzamento global superior aos 10 millóns de euros e contempla amais das inversións propias na ribeira as seguintes:


- Nova sede para o Consello Regulador e Museo do Viño en Monforte: 110.000 €.


- Edificio multifuncional na Escola de Capacitación Agraria de Monforte: 550.000 €.

Na mellora dos accesos e instalación de elevadores Medio Rural atenderá ó interese xeral, buscando que se beneficien a maior cantidade de fincas posible con cada infraestructura.


A ribeira de Sober é unha das máis beneficiadas por este Plan, con 1.655.496 €.

En resume no Concello de Sober a inversión prevista é a seguinte:




Nos nos queda máis que dar a noraboa os veciños de Sober e ás gracias a Consellería do Medio Rural.

OUTORGADO O PERMISO DEFINITIVO PARA AS OBRAS DE RESTAURACION NO PALACIO DE SOBER



A Comisión de Goberno do Concello de Sober, celebrada a semana pasada, acordou outorgar a licencia de obras necesaria para a reconversión do Palacio de Sober en establecemneto hoteleiro a empresa Alvaher 98, tras recibir o permiso pertinente da Dirección Xeral de Urbanismo o pasado mes de decembro. Este permiso era o último trámite necesario para a licencia agora definitiva.
Os traballos de restauración comenzarán unha vez sexa presentado o proxecto de execución. A inversión será de oito millóns e medio de euros e o prazo pervisto para o remate das actuacións é de un ano e medio.

Recordamos a páxina da empresa onde podemos ver unha memoria técnica e un folleto promocional do futuro Hotel de cinco estrelas gran luxo que se pretende construir.