Mostrando entradas con la etiqueta POEMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMA. Mostrar todas las entradas

25/12/10

BO NADAL E VENTUREIRO ANINOVO 2011




De Todo corazón os mellores desexos para o Nadal e aninovo.



SONETO Ó NACEMENTO

Tamén nós debemos ir ata Belén,

ofrecer ó neno o mellor que temos;

podemos ir xuntos maiores e nenos,

cantando cantigas pra pasalo ben.



María e Xosé agárdannos ledos,

co pequerrechiño que é o noso ben.

Tres Magos de Oriente, van aló tamén;

ouro, incenso e mirra, carrexan sen medos.



Este nacemento é moi ventureiro:

chega o aninovo e florece o amor;

notase na noite un vento mareiro.



É Festa moi grande, nace o Salvador;

hai que celebralo polo mundo enteiro,

o recén nacido é Noso Señor.



Luís F. Guitián.

11/12/07

BO NADAL DENDE O BALCON DO SIL



Fai xa uns anos que acostumo felicitar o Nadal cun poemiña de "colleita propia", tal e como facian en tempos grandes poetas e escritores; o último deles o benquerido e sempre recordado Manuel Maria.

Sabendo das miñas limitacións poéticas -creo que como moito son un escribidor de versos-, fixen para éste ano o seguinte:




DOCE BADALADAS


Ó ALUMEAMENTO DA VIRXE




O frío e a neve non nos fan tremar.


Os días agora xa están a medrar.


Unha boa nova veñen de anunciar.


No ceo unha estrela anda a escintilar.


Tres Magos cabalgan con firme trotar.


Xosé, o carpinteiro, parou de serrar.


María, súa dona, a luz vai a dar.


Éste alumeamento dará que falar.


O neno que naza, ven pra nos salvar.


Cantigas galegas debemos cantar.


Con viño de Amandi temos que brindar.


É festa no mundo. ¡Hai que a celebrar!.


Luis F. Guitian.