Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS. Mostrar todas las entradas

20/4/09

IMPORTANTES ACTIVIDADES DO CLUBE DE LECTURA "PINTOR DE CASTINANDI"


Como se pode apreciar nos anteriores carteis, o clube de lectura de Sober "Pintor de Castinandi", ten organizadas duas interesantes actividades para os días 22 e 25 de Abril.
A estas actividades pode asistir quen desexe, sempre que se comunique con anterioridade na Biblioteca Publica Municipal de Sober, sede do clube.
O día 22 de Abril, mércores as 18 horas o escritor LOIS DIEGUEZ falará sobre a sua obra "Viaxe as Terras encantadas de Lemos", onde o concello de Sober ten un protagonismo especial.
O día 25 de Abril, sábado en xornada de mañá habera un encontro con outros clubes de lectura da comarca de Lemos con visitas a Gundivós, Lobios e Cadeiras.

18/2/09

PRESENTACION DOS "ITINERAIOS HISTORICO-MUSICAIS DE MONFORTE"


O Parador de Monforte acolle este mercores, 18 de Febreiro as 6 da tarde a presentación do libro-disco "ITINERAIOS HISTORICO-MUSICAIS DE MONFORTE DE LEMOS", o volume fai o número 8 dunha moi interesante colección que saca a luz a editorial Ouvirmos de Sarria.
A presentación contará coa presenza do cuarteto Ars Combinatoria, que interpretará pezas de catro grandes compositores barrocos. Entre eles, Giovanni Maria Trabaci, autor de numerosas obras dedicadas a Pedro Fernández de Castro, sétimo conde de Lemos.
O acto é posible grazas á colaboración, ademais do Concello de Monforte de Lemos,da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Turgalicia, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Deputación de Lugo (Área de Turismo) e Ouvirmos.
Asistirá o Alcalde de Monforte Severino Rodriguez, o Director Xeral de
Turismo da Xunta Ruben Lois e a Vicepresidenta da Deputacion e responsable da area de Turismo Maria Xosé Vega.
A todos os asistentes ao acto se lle obsequiará cun volume do libro-disco que se presenta.
O concello de Sober ten un protagonismo especial no volume; como non poderia ser menos na parte que se refire as bandas de musica, aqui destaca a BANDA DE MUSICA DE SOBER.

A colección ten xa na rua os volumes correspondentes a Pontevedra, Celanova, Rianxo, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Vigo e Monforte e nos proximos meses completarase cos adicados a Compostela, A Coruña, Ribadavia, Tui e Ferrol.

9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace: